Nesta segunda reunión do club de lectura do 3º ciclo de EP imos falar sobre o libro de teatro "As terapias da doutora Ledicia". Todo o traballo arredor desta obra recopilarémolo na seguinte presentación así que visitádea cando queirades porque vai ter actualizacións.
13/01/25
Abellas na biblio: o valor do medio natural
|
Na biblio contamos cunha chea de referencias para coñecer mellor o noso medio natural. Entre elas hoxe propoñemos as seguintes recomendacións: Pero tamén, realizamos un par de obradoiros para o alumnado da etapa de infantil e do 1º ciclo da educación primaria. Os mesmo contaron cunha metodoloxía activa-participativa de aprendizaxe por descubrimento que permrá ao alumnado ser axentes directos da súa aprendizaxe e non, simplemente, meros receptores de contidos. Neles, foi o momento de tocar, degustar, ulir e participar activamente das actividades. Introdución. Con dúas actuacións; na primeira escenifícando un conto interactivo, e na segunda cunha pequena introdución á vida das abellas obreiras. A vida das abellas. Aquí o obxectivo foi coñecer a vida das abellas e dos recursos relacionados con elas: a colmea, a raíña, os abázcaros, as obreiras, o apiario, a reprodución e o enxameamento. Vimos como é unha colmea e o emprego que lle dan as abellas. Aprendemos cales son os seus habitantes, visitamos o apiario mediante unha proxección. Ademais, identificamos os distintos apeiros de apicultura. Ao tempo, vimos traballar á abella raíña nunha colmea de observación, e repasamos o proceso de enxameado. Produtos que nos dan as abellas. Aprendemos sobre como recollen o pole as abellas e para que o utilizan. Repasamos todo o procesado do mel, dende que as abellas extraen o néctar das flores ata que o envasamos; utilizando unha proxección e un extractor de mel real realizamos en vivo unha extracción simulada de mel. Ao tempo, revisamos o procesado da cera e, para rematar, crearemos unha candea. Degustación do pole e o mel. A importancia das abellas. Co obxectivo específico de amosar o importantes que son as abellas para nós e utilizando os recursos dos que dipoñiamos, fixemos unha gráfica e sinxela exposición sobre a reprodución das plantas con flor, vendo logo a súa relevancia no medio e na nosa alimentación. Toda unha interesante experiencia!!!! |
18/12/24
O noso alumnado colaborador moito traballa...
Os nosos colaboradores e colaboradoras traballan a reo na biblioteca: colocan libros, dan préstamos, len contos, fan obradoiros, elaboran carteis, engalan a biblio, amañan libros... Hainas que ata están cosendo os chalecos que imos ter para identificarnos! Que sorte temos con este alumnado tan motivado!
17/12/24
Naceu o novo club de lectura para 5º e 6º de EP: Mundo de letras!
Hoxe tivemos a primeira reunión do novo club de lectura do noso centro para EP. Somos 20 alumnos/as de 5º e 6º de EP divididos en dous grupos de 10 que nos reuniremos os martes unha vez ao mes no recreo do comedor. Para comezar estivemos falando do que era un club de lectura e que actividades podería haber, despois puxémoslle nome: mundo de letras. Esta decisión foinos difícil de tomar porque a outra opción: unha nova dimensión, so perdeu por un voto!
Nesta sesión tamén entregamos as nosas lecturas que este curso se van a basear no teatro xa que é o tema das Bibliotecas Escolares: a escea!
- As terapias da doutora Ledicia de Raquel Castro. Editorial Galaxia.
- Wombo Combo de Paula Carballeira editado en Xerais (prestados polo club de lectura "Faragullas de papel" do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral).
Para rematar, fixemos as nosas chapas identificativas, a verdade foi que nos marchou o tempo sen darnos conta!
15/12/24
Radio na biblio co alumnado de 2º de EP
O alumnado de 2º e EP, coa colaboración das familias que axudaron a recoller as adiviñas; Álvaro, o mestre de práctcas; Verónica profe de música da ESO e o alumnado de 2º da ESO, gravaron estes programas de radio. Afinade os oídos e a ver se sodes quen de dar coas solucións!
12/12/24
OBRADOIROS DE FLOCOS DE NEVE PARA EP
O noso alumnado de 5º e 6º de EP ofreceuse a colaborar para levar a cabo uns obradoiros de flocos de neve con papiroflexia nos recreos da semana que vén baseándose no libro "Un copo de nieve en el bolsillo". Ademais fixeron este cartel para publicitalo así que xa sabedes, animádevos a participar!
11/12/24
OBRADOIRO DE ADORNOS DE NADAL (ESO)
Achégase o Nadal e desde a biblioteca organizamos un obradoiro de adornos co obxectivo de desenvolver a creatividade do noso alumnado, crear espazos inclusivos e ofrecer alternativas ao tempo de lecer. Asemade, facemos visíbeis os fondos da biblioteca para a consulta de toda a comunidade educativa.
.jpeg)















.jpg)
_page-0001.jpg)


