14/04/23

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA CASTELAO

 A poucos días da celebración do Día do Libro (23 Abril 2023), a Biblioteca Castelao está a realizar actividades de dinamización nos tempos de lecer. Son moitos os rapaces e rapazas que se achegan á biblioteca para potenciar a súa creatividade coloreando unha variada colección de siluetas de flores. Hai unha mesa de traballo no centro de biblioteca onde ademais de estar expostos unha morea de libros relacionados con autores/as galegas, os nenos e nenas teñen lapis de cores e rotuladores para decorar as plantillas de flores. 












12/04/23

1 ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS, ADICADO A MARTÍN CODAX

 A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) celebrou este sábado, 1 de abril, o Día das Artes Galegas cun acto institucional no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo en lembranza do trobador Martín Codax, persoeiro homenaxeado neste 2023. 

Desde a Bibioteca Castelao, en colaboración cos departamentos de Música e CCSS, queremos visibilizar a figura de Martin Codax e resaltar a súa contribución nas artes, lingua, música e cultura galega en xeral. 

Alumnado de 3º da ESO realizará un traballo de indagación sobre o Pergamino Vindel, e as súas pesquisas serán amosadas á comunidade educativa a través dunha exposición albergada na Biblioteca Castelao e un proxecto de podcast radiofónico. 





11/04/23

XOGOS DE MESA: MEMORY CAMIÑO DE SANTIAGO

E xa de volta ás clases despois das vacacións de Semana Santa, o alumnado de relixión de 4º EP estivo na Biblioteca Castelao coa súa mestra Cristina Rabuñal elaborando as tarxetas que conformarán un xogo de mesa estilo "memory" relacionado co Camiño de Santiago. 







31/03/23

ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022-2023

 Unha docente do CPI Virxe da Cela e membro da Biblioteca Castelao asiste aos Encontros dos Centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2022-2023 que se celebran o xoves 30 e o venres 31 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. 







22/03/23

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO: RETRATO CON LIBRO



Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos participar na actividade: "Retrato con libro", pensada para conmemorar o día do libro, 23 de abril.

Dirixida a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.

Modalidade individual:
 A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a  autor/a xunto cun libro, un disco ou un CD. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro... En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.

Modalidade de grupo:
Ca mesma temática ca individual, pero feita por cada grupo de titoría.

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42

Data: A data límite de entrega é ata o martes 12 de abril de 2023.

Exposición: Farase unha exposición cas fotos impresas na biblioteca.

Neste enlace podedes ver as que se fixeron o ano 2020:
https://obiblioblog.blogspot.com/2020/04/autorretratos-con-libro.html

Esta mesma mensaxe vaise enviar ás familias para que o alumnado participe facendo a foto en colaboración ca familia. Aínda así pregamos a vosa colaboración para animar ao alumnado a que participe ou se o preferides propoñelo como unha actividade para facer nas vosas áreas. No caso do alumnado de plástica da ESO, fará a foto como unha actividade obrigatoria da materia.
 

10/03/23

SEMANA DA PRENSA

Entre os días 6 e 10 de marzo de 2023 o CPI Virxe da Cela está a celebrar a Semana da Prensa. Desde a Biblioteca Castelao queremos apoiar esta proposta tan interesante e educativa, xa que a prensa escrita está vinculada á lectura. Por iso, ao igual que en anos anteriores, contaremos cunha visual e colorida exposición de prensa internacional. 

Outras propostas que se levarán a cabo a nivel de centro é a elaboración dun Xornal de Boas Novas de Xeito colectivo. 














A Voz Das Restrebas by veracruces on Scribd

23/02/23

CONCURSO DE COMIC "LEO PORQUE QUERO"

 El Ministerio de Cultura y Deporte -a través de la Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura- convoca, con motivo de la conmemoración del I Día del Cómic y del Tebeo, un concurso amateur de creación de viñetas, con el doble objetivo de contribuir al fomento de la lectura y poner de relieve el potencial que para ello tiene el cómic como creación artística y literaria.

Se trata de un concurso abierto a todo el público, sin límite de edad y titulado “Leo porque quiero”. La temática será libre, pero deberá girar en torno al cómic y al papel que desempeña en el fomento de la lectura.

El plazo de entrega de los trabajos acaba el 12 de marzo. La entrega de premios se realizará en un acto público, que se celebrará el 17 de marzo de 2023, Día del Cómic y del Tebeo.

Esperamos que esta iniciativa sea de su interés. Disponen de toda la información sobre el concurso en el folleto adjunto a este correo y en el enlace:

https://www.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:f7f8f027-198c-479d-a456-ddefc14d5604/bases-dc-2023-v-3.pdf

Confiamos en que los participantes puedan disfrutar de esta experiencia de creación gráfica y fomento de la lectura. Es por ello que agradecemos su colaboración para difundir el concurso, colgando el folleto adjunto en sus tablones, redes sociales y páginas web.

Estamos además a su disposición para cualquier consulta a través del correo:

concursos.lectura@cultura.gob.es.

Un afectuoso saludo.

 Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura

Folleto_concurso de Cómic Leo Porque Quiero by veracruces on Scribd

14/02/23

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DO ENTROIDO

Se visitades a Biblioteca Castelao poderedes descubrir a creatividade e imaxinación do alumnado da ESO ollando para exposición de Máscaras de Entroido organizada polo Departamento de Plástica.