Unha docente do CPI Virxe da Cela e membro da Biblioteca Castelao asiste aos Encontros dos Centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2022-2023 que se celebran o xoves 30 e o venres 31 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
31/03/23
22/03/23
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO: RETRATO CON LIBRO
Dirixida a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.
Modalidade individual:
A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a autor/a xunto cun libro, un disco ou un CD. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada: continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro... En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.
Modalidade de grupo:
Ca mesma temática ca individual, pero feita por cada grupo de titoría.
Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42
Data: A data límite de entrega é ata o martes 12 de abril de 2023.
Exposición: Farase unha exposición cas fotos impresas na biblioteca.
Neste enlace podedes ver as que se fixeron o ano 2020:
https://obiblioblog.blogspot.com/2020/04/autorretratos-con-libro.html
10/03/23
SEMANA DA PRENSA
Entre os días 6 e 10 de marzo de 2023 o CPI Virxe da Cela está a celebrar a Semana da Prensa. Desde a Biblioteca Castelao queremos apoiar esta proposta tan interesante e educativa, xa que a prensa escrita está vinculada á lectura. Por iso, ao igual que en anos anteriores, contaremos cunha visual e colorida exposición de prensa internacional.
Outras propostas que se levarán a cabo a nivel de centro é a elaboración dun Xornal de Boas Novas de Xeito colectivo.
A Voz Das Restrebas by veracruces on Scribd
23/02/23
CONCURSO DE COMIC "LEO PORQUE QUERO"
El Ministerio de Cultura y Deporte -a través de la Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura- convoca, con motivo de la conmemoración del I Día del Cómic y del Tebeo, un concurso amateur de creación de viñetas, con el doble objetivo de contribuir al fomento de la lectura y poner de relieve el potencial que para ello tiene el cómic como creación artística y literaria.
Se trata de un concurso abierto a todo el público, sin límite de edad y titulado “Leo porque quiero”. La temática será libre, pero deberá girar en torno al cómic y al papel que desempeña en el fomento de la lectura.
El plazo de entrega de los trabajos acaba el 12 de marzo. La entrega de premios se realizará en un acto público, que se celebrará el 17 de marzo de 2023, Día del Cómic y del Tebeo.
Esperamos que esta iniciativa sea de su interés. Disponen de toda la información sobre el concurso en el folleto adjunto a este correo y en el enlace:
https://www.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:f7f8f027-198c-479d-a456-ddefc14d5604/bases-dc-2023-v-3.pdf
Confiamos en que los participantes puedan disfrutar de esta experiencia de creación gráfica y fomento de la lectura. Es por ello que agradecemos su colaboración para difundir el concurso, colgando el folleto adjunto en sus tablones, redes sociales y páginas web.
Estamos además a su disposición para cualquier consulta a través del correo:
concursos.lectura@cultura.gob.es.
Un afectuoso saludo.
Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura
Folleto_concurso de Cómic Leo Porque Quiero by veracruces on Scribd
14/02/23
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DO ENTROIDO
07/02/23
EXPOSICIÓN BIBLIOGRAFÍA PARA A IGUALDADE: 8M
25/11/22
25N NA BIBLIOTECA ESCOLAR
21/11/22
CICLO DE ÓPERA NA BIBLIOTECA
Coincidindo coa celebración da patroa da música, Santa Cecilia (22 novembro), a Biblioteca Castelao inaugura un ciclo de ópera. Esta actividade ten o obxectivo de iniciar ao alumnado na escoita deste xénero musical. Durante catro semanas o alumnado que visite a biblioteca escolar no tempo de lecer terá a oportunidade de escoitar fragmentos de famosas óperas. Utilizaranse para a súa reprodución os Cds que conteñen os libros da colección de ópera da editorial Hipotesi (publicada por Kalandraka en galego). Esperamos que moitos e moitas vos animedes a levar estes interesantes libros con ilustracións para casa para afondar máis en óperas tan afamadas como A Frauta Máxica de Mozart ou O Berbeiro de Sevilla de Rossini!!





