12/02/19

TEATRO E VISITA AO CIFP DE SOMESO


O día 21 de xaneiro, todo o alumnado da ESO que cursa a materia de francés dirixiuse ao Forum Metropolitano da Coruña, para asistir a unha obra de teatro na lingua referenciada que levaba por título: Prêt-à-porter a través de Transeduca (Programadora de teatro infantil e xuvenil para centros educativos).

A mencionada peza de teatro tivo unha duración aproximada dunha hora na que o alumnado tivo o pracer de ver in situ as evolucións interpretativas e poder sentirse franco-escoitantes, gozando da presencia dun elenco de actores franco-belga.

Ao remate da sesión seguiu unha pequena charla-coloquio entre @s participant@s e o trío de intérpretes, configurado por dúas persoas de orixe belga e unha francesa que intercambiaron inquedanzas, preocupacións  e respostaron ás cuestións lanzadas dende o patio de butacas.

Os nos@s alumn@s foron quen de seguir globalmente a obra, feito que lles vai axudar a avanzar e reportar máis curiosidade se cabe na súa evolución e aprendizaxe da lingua obxecto de estudo.

O alumnado que non cursa francés visitou o CIFP Someso para coñecer as  familias profesionais que alí se imparten. Puidemos ver talleres de fabricación e montaxe, as cabinas de soldar, talleres de carpintería, de transporte e mantemento de vehículos e de peiteado e estética, entre outros.

Moitas grazas ás persoas que nos acompañaron nas visitas!!



01/02/19

PARTICIPAMOS NO 35 CONCURSO ESCOLAR ONCE

Baixo o lema “Por min e por tódolos meus compañeiros” os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO  uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o 35 Concurso Escolar Once. Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as sobre a importancia de crear unha escola inclusiva e, nesta edición, ponse o punto de mira nos recreos.
 De feito, o patio de recreo convértese nunha micro sociedade dentro do espazo escolar, onde alumnos/as de distintas idades, etapas educativas, perfis... poñen en xogo a súa capacidade de interactuar cos iguais nun espazo onde poñer en práctica as súas habilidades de empatía, negociación, interacción, solidariedade...

 

DÍA DA PAZ NO VIRXE DA CELA

Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia   

          

29/01/19

RADIO FEROUTA




O 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio e preparamos para esta data tan especial unha coprodución radiofónica entre o CEIP Barouta e o CPI Virxe da Cela. En "Radio Ferouta", nome que inclue as dúas emisoras escolares haberá entrevistas a xornalistas como Gorka Zumeta ou Nazaret López de Radio Ames, reportaxes a proxectos como "Radio Los Gatos" e reflexións sobre a importancia da radio na escola. Un programa feito entre os dous cursos de 5º de primaria de ambos centros que gravaremos o 5 de febreiro en Ames. O programa será emitido por Radio Ames.

16/11/18

É A HORA DA IGUALDADE. ENCONTRO DE ENTRECULTURAS NO CPI VIRXE DA CELA


CONVIVIR DEPORTIVO: A RADIO GALEGA NO CPI VIRXE DA CELA


      O pasado martes 13 de novembro de 2018 ás 12:00 horas retransmitiuse desde co CPI Plurilingüe Virxe da Cela o programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”, presentado por Alfonso Pardo. Todo o alumnado e profesorado do centro asistiu a este acontecemento tan importante que tiña como obxectivo principal a difusión do Plan Deportivo que se está a levar a cabo na nosa escola. Por iso formaban parte da mesa de entrevistados as profesoras de educación física Teresa e Ruth, o profesor de bioloxía David, O técnico de deportes do Concello de Monfero e a directora do centro. Varios alumnos a alumnas participaron activamente no programa radiofónico respondendo as preguntas formuladas polo presentador en torno a diversas actividades deportivas.


















09/11/18

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa  Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare,da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos:  "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".  
Recomendamos a lectura pausada deste manifesto de Luís Navarro e lembramos algúns dos recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar. 

o    WEB: NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (recompilación de recursos, webs temáticas, materiais diversos arredor da ciencia en galego)

o    CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS-LIBROS INFORMATIVOS (Pinterest cunha recompilación de libros informativos editados en galego susceptibles de formar parte da colección dunha biblioteca escolar)

oMALETASVIAXEIRAS DE CIENCIAShttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/maletas/ ("Ciencias-Primaria, Ciencias-Secundaria, Física e Quimica, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas-Primaria, Matemáticas-Secundaria, do Programa de "maletas viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares)

CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou onte, 30 de outubro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Antón Fraguas Fraguas, o autor escollido pola RAG para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2019. O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019. O profesorado participante neste concurso recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora).