16/10/18

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiándonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.


Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

ANTÓN FRAGUAS

Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.

DOMINGO FONTÁN E A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia. 

05/10/18

IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: A CULTURA CIENTÍFICA E A CULTURA GALEGA

O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.

IRIMONL@AB

       O vindeiro 15 de outubro de 2018 comezará no CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) unha nova actividade para 15 alumnos e alumnas de educación secundaria. Trátase do IriMonl@ab, un laboratorio de ideas no que os rapaces/zas poderán experimentar con novas tecnoloxías, descubrir as súas fortalezas e conducir as súas aspiracións ao deseño dun plan de vida formativo e profesional.
      IriMonl@ab ponse en marcha grazas á Fundación Axuda en Acción, en colaboración co centro educativo e cos concellos de Irixoa e de Monfero. Con este proxecto queremos compensar as desigualdades contextuais facilitando ao noso alumnado a posibilidade de facer reais as súas aprendizaxes en contornos virtuais adaptados ás necesidades sociais actuais. 
        O xoves 4 de outubro de 2018 fixemos a presentación oficial do proxecto ao noso alumnado e ás familias, contando coa presencia dos alcalde de Irixoa, o presidente da AMPA, a delegada da Fundación Ayuda en Acción na Coruña e as profesionais que estarán traballando día a día co alumnado participante. Mentres a dirección do CPI Virxe da Cela explicaba ás familias o proxecto, todo o alumnado de secundaria participou dunha divertida actividade, un “scape room” personalizado, e todos os asistentes remataron a xornada visitando a aula específica onde se desenvolverá este proxecto, totalmente equipada con tecnoloxía e mobiliario adaptado ás necesidades do mesmo.




 

28/09/18

EFEMÉRIDES

As efemérides constitúen un conxunto de acontecementos importantes ocorridos nunha mesma data, aínda que non coinciden no mesmo ano.
Do grego ephemerís, ephemerídos, significa "diario ou memorial diario".

Queres saber que ocorreu tal día como hoxe, 29 de setembro, no pasado?.

 480 A.C.-Tivo lugar a famosa Batalla de Salamina
1792.- Proclamación da República francesa, nas Tullerías
1864.-España e Portugal asinan o Tratado de Lisboa 
1928.- Federico García Lorca publica " Romancero gitano”
1954.- Creación da Organización Europea para a Investigación Nuclear ( CERN).


Tamén un 29 de setembro naceron:
1511.- Miguel Servet, médico español, descubridor da circulación menor do sangue.
1547.- Miguel de Cervantes, escritor español.
1864.- Miguel de Unamuno, escritor español.
1916.- Antonio Buero Vallejo, dramaturgo español
1965.- Boris Izaguirre, escritor e guionista.Venezolano nacionalizado español.
 1985.- Dani Pedrosa, motociclista español.


E un 29 de setembro deixáronnos para sempre:

1833.- Fernando VII, rei español.
1898.- Anxo Ganivet, escritor español.
1902: Émile Zola, escritor francés
1913.- Rudolf Diesel, enxeñeiro e inventor alemán.
1981.- Rómulo Betancourt, expresidente de Venezuela.
1987.- Henry Ford II, industrial estadounidense.
1993.- Gordon Douglas, cineasta estadounidense.

E que se celebra o 29 de setembro?

 O Día Mundial do Corazón


07/09/18

BENVIDOS !!!!!!!!. CURSO 2018-2019

Xa estamos de volta!. A biblioteca de novo abre as súas portas.
O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que de seguro moitos de vós non deixastes de ler nestas vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa biblioteca escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao longo do curso e, para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa colaboración.
Ah!!, e lembrade que unha finalidade da nosa Biblioteca é que sexa un recurso aberto a toda a Comunidade Educativa, co fin de dar oportunidades a todos os que non dispoñen de recursos documentais e de lecer nas súa contorna.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar proxectos, de documentarte, de ler e escribir,de apuntarte ao club de lectura, de coñecer escritores, de tomar prestados libros, de fomentar valores, de gozar e aprender co noso concurso “O Preguntón”... Alegría e diversión non che faltarán.

Achégate á nosa bibliotec@, nela atoparás un mundo de información e diversión.