O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.
05/10/18
IRIMONL@AB
O vindeiro 15 de outubro de 2018 comezará no CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) unha nova actividade para 15 alumnos e alumnas de educación secundaria. Trátase do IriMonl@ab, un laboratorio de ideas no que os rapaces/zas poderán experimentar con novas tecnoloxías, descubrir as súas fortalezas e conducir as súas aspiracións ao deseño dun plan de vida formativo e profesional.
IriMonl@ab ponse en marcha grazas á Fundación Axuda en Acción, en colaboración co centro educativo e cos concellos de Irixoa e de Monfero. Con este proxecto queremos compensar as desigualdades contextuais facilitando ao noso alumnado a posibilidade de facer reais as súas aprendizaxes en contornos virtuais adaptados ás necesidades sociais actuais.
O xoves 4 de outubro de 2018 fixemos a presentación oficial do proxecto ao noso alumnado e ás familias, contando coa presencia dos alcalde de Irixoa, o presidente da AMPA, a delegada da Fundación Ayuda en Acción na Coruña e as profesionais que estarán traballando día a día co alumnado participante. Mentres a dirección do CPI Virxe da Cela explicaba ás familias o proxecto, todo o alumnado de secundaria participou dunha divertida actividade, un “scape room” personalizado, e todos os asistentes remataron a xornada visitando a aula específica onde se desenvolverá este proxecto, totalmente equipada con tecnoloxía e mobiliario adaptado ás necesidades do mesmo.
https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/ayuda-accion-cpi-virxe-da-cela-promueven-taller-extraescolar-monfero/20181004233537238730.html28/09/18
EFEMÉRIDES
As efemérides
constitúen un conxunto de acontecementos importantes ocorridos nunha mesma
data, aínda que non coinciden no mesmo ano.
Tamén un 29 de
setembro naceron:
Do grego ephemerís, ephemerídos,
significa "diario ou memorial diario".
Queres saber que ocorreu tal día como hoxe, 29 de
setembro, no pasado?.
480 A.C.-Tivo lugar a famosa Batalla de
Salamina
1792.- Proclamación
da República francesa, nas Tullerías
1928.- Federico
García Lorca publica " Romancero gitano”
1954.- Creación da
Organización Europea para a Investigación Nuclear ( CERN).
1511.- Miguel Servet,
médico español, descubridor da circulación menor do sangue.
1547.- Miguel de
Cervantes, escritor español.
1864.- Miguel de
Unamuno, escritor español.
1916.- Antonio Buero
Vallejo, dramaturgo español
1965.- Boris
Izaguirre, escritor e guionista.Venezolano nacionalizado español.
E un 29 de
setembro deixáronnos para sempre:
1833.- Fernando VII,
rei español.
1898.- Anxo Ganivet, escritor español.
1902: Émile Zola, escritor francés
1913.- Rudolf Diesel, enxeñeiro e
inventor alemán.
1981.- Rómulo
Betancourt, expresidente de Venezuela.
1987.- Henry Ford II, industrial
estadounidense.
E que se celebra o 29 de setembro?
O Día Mundial do Corazón
27/09/18
07/09/18
BENVIDOS !!!!!!!!. CURSO 2018-2019
O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que de seguro moitos de vós non deixastes de ler
nestas vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa
biblioteca escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao longo
do curso e, para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa colaboración.
Ah!!, e lembrade que unha finalidade da nosa Biblioteca é que
sexa un recurso aberto a toda a Comunidade Educativa, co fin de dar
oportunidades a todos os que non dispoñen de recursos documentais e de lecer
nas súa contorna.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos
atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar
proxectos, de documentarte, de ler e escribir,de apuntarte ao club de lectura, de
coñecer escritores, de tomar prestados libros, de fomentar valores, de gozar e
aprender co noso concurso “O Preguntón”... Alegría e diversión non che
faltarán.
Programando no espazo Ferraganchos
Este
curso escolar volvemos a participar na modalidade do Plan Proxecta: Aprendo
programando.
A
temática dos proxectos presentados xira ao redor Ano Europeo do
Patrimonio Cultural.
Seguimos
a traballar coa plataforma SCRATCH . De esta forma traballamos coa tecnoloxía,
entendida non como un mero recurso, senón como elemento para crear aprendizaxe
e coñecemento autónomo a partir das potencialidades persoais e grupais cun
sentido inclusivo, práctico e funcional.
Queres
divertirte cos nosos proxectos?
Coñecer Europa: viaxar e comprender
Instrucións
Acompaña
a estes amigos na súa viaxe por Europa e aprende con eles.
Notas
e créditos
Agradecemos
a xente da rede poder contar con imaxes libres de dereitos para poder deseñar
este programa. Somos rapazas e rapaces de 5º curso de Ed. Primaria do CPI
Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero.
Xiana,
Pablo, Miguel, Marcos e Andrea queremos que o pasedes ben con esta historia.
Deudores do tempo
Así fomos, así somos
Viaxeiros polo mundo
Instrucións
Contesta ás preguntas
formuladas e coñece as singularidades da cultura europea.
Notas e créditos
Proxecto autoeditado e
ilustrado polo grupo de alumnas e alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria do CPI
Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero formado `por Uxia, Antía, Eva, Adrián,
Damián e Alicia.
Deudores do tempo
Instrucións
Responde a cada pregunta
marcando o número correspondente á resposta axeitada. Tamén debes escoitar con
atención, xa que en moitas das preguntas se che dará unha breve explicación.
Notas e créditos
Brais, Bruno Caínzos,
Antonio, Lucia e Silvia. 4º curso do C.P.I. Virxe da Cela de Monfero.
Para aqueles nenos e
nenas con algunha dificultade na lectura, atendendo á diversidade funcional,
pensamos que poderían facelo coa axuda de algún adulto que lles fose lendo as
preguntas. A revisión das respostas foi gravada polo grupo co fin de que xa no
momento os rapaces e rapazas souberan se atinaran ou non..., dando sempre
ánimos para seguir adiante.
Así fomos, así somos
Instrucións
Le amodiño
as preguntas e escribe o número da resposta axeitada. Se te fixas é moi
fácil...
Notas e créditos
Iria, Eva, Diego,
Yuri Álvaro, Bruno Pereira e Marcos. 4º curso do CPIP Virxe da Cela de Monfero.
PREMIOS APRENDO PROGRAMANDO 2018
Por terceiro ano
consecutivo viaxamos a Santiago de Compostela á resolución dos premios
"Aprendo programando" que organiza o Colexio de Enxeñaría Técnica
Informática de Galicia, Cpetig, coa colaboración da Federación Galega de
Baloncesto e Alvarellos Editora.
A entrega de premios
estivo presidida por Juan Luis Miguéns, secretario Cpetig; e por Henrique
Alvarellos, director de Alvarellos Editora.
En total, concurriron a
esta III edición do certame 72 equipos de Primaria e ESO, que presentaron
proxectos programados con Scratch, centrados na temática “Patrimonio cultural
europeo”, proposta polo Cpetig.
O noso alumnado presentou
varios proxectos, pero concretamente o que leva por título “Viaxando por Europa” do equipo Os Microcraks
(Uxia, Antía, Eva, Adrián, Damián e Alicia)
foi o que acadou o 1º premio.
Pero este recoñecemento é
tamén para todo alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria que traballaron arreo
durante o curso escolar para ter preparados os seus vídeoxogos.
06/06/18
Excursión do Club de Lectura Larpacontos
O pasado luns 28 de maio o alumnado dos Clubs de lectura Larpacontos fixeron unha excusión á Coruña para visitar o cemiterio de San Amaro.
Foi unha actividade exclusiva para os membros do club de lectura. A profesora Carmen Espiñeira, preparou unha pequena “gincana” para resolver por equipos, usando as cámaras dos seus móviles, os retos que previamente tiveron que investigar na biblioteca e internet e por último o plano do cemiterio. Nos retos había distintos obxectivos: autores literarios, artistas, epitafios...
Por todo esto é unha visita que vos recomendamos, incluso tedes a posibilidade de facer unha visita nocturna guiada: http://visitasguiadas.coruna.es/
Foi unha actividade exclusiva para os membros do club de lectura. A profesora Carmen Espiñeira, preparou unha pequena “gincana” para resolver por equipos, usando as cámaras dos seus móviles, os retos que previamente tiveron que investigar na biblioteca e internet e por último o plano do cemiterio. Nos retos había distintos obxectivos: autores literarios, artistas, epitafios...
Imaxes obtidas polo equipo gañador
Os distintos equipos investigando
Membros do club Larpacontos 2018
O Cemiterio Municipal de San Amaro A Coruña é
un Camposanto histórico do ano 1854 e dos máis importantes de Galicia, xa que
nel descansan numerosas personaxes
ilustres e pertence desde o ano 2012 ao ASCE (Asociación Europea de
Cemiterios Significativos).
O cemiterio está dividido en tres zonas:
• A zona Relixiosa.
• A zona Civil.
• A zona Británica.
Este último é privado xa que o comprou o
cónsul británico en Galicia e permanece pechado.
Itinerarios deseñados polo concello.
Existen uns itinerarios que o Concello da
Coruña ten dispoñibles nas oficinas de turismo e no propio cemiterio.
1 - Itinerario dos creadores, historiadores e
científicos:
Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Curros
Enríquez e Wenceslao Fernández Fórez son
algúns dos 70 grandes nomes que se propón visitar nesta ruta.
2 -
Itinerario dos políticos, os militares e os soños da Coruña:
Nesta ruta proponse visitar as sepulturas das
personalidades fusiladas na Guerra Civil e unha considerada heroína que axudou
na epidemia do cólera en 1854.
3 - Itinerario dos segredos de San Amaro:
Neste itinerario proponse visitar as tumbas de
soldados alemáns vítimas do afundimento do submarino Ou966 Gut Holtz o 10 de
novembro de 1943, ademais de xentes do pobo falecidas durante a Guerra Civil.
4 - Itinerario artístico:
A proposta deste itinerario é percorrer os
panteóns máis artísticos cun total de 29 paradas con xoias do neoclasicismo, templos neorománicos ou xónicos,
ou panteóns modernistas.
Por todo esto é unha visita que vos recomendamos, incluso tedes a posibilidade de facer unha visita nocturna guiada: http://visitasguiadas.coruna.es/
27/05/18
Agasallos do Liberespazo
Trátase dun "pasaporte" onde os nenos e nenas de Educación Primaria foron recollendo as súas "viaxes" polos libros e, a través do visado da biblioteca (que dá fe destas viaxes), acadar a categoría de "libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo". Este material edítase en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do programa "Leer para aprender. Leer en la era digital".
Cando as nenas e nenos achégannos os seus "Pases de lectura ao Libereszazo", debidamente cubertos, o primeiro que facemos e poñerlles o cuño da Biblioteca do noso cole, despois teñen dereito a escoller un agasallo da caixa de:
Cando as nenas e nenos achégannos os seus "Pases de lectura ao Libereszazo", debidamente cubertos, o primeiro que facemos e poñerlles o cuño da Biblioteca do noso cole, despois teñen dereito a escoller un agasallo da caixa de:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















