Temos un novo espazo na biblioteca dedicado ás novas tecnoloxías, chámase: FERRRAGANCHOS
Neste espazo atoparedes unha mesa de luz con moitas cousas para experimentar e tamén están os robots Escornabots "Brivoi".
Aquí podedes empezar a coñecelos vendo este vídeo da súa montaxe:
26/09/17
22/09/17
NOVOS ESPAZOS DA BIBLIOTECA
Como xa sabedes, o curso pasado comezou a
remodelación e ampliación da nosa biblioteca. Tiramos tabiques e aumentamos
espazo que redistribuímos creando novas zonas, ampliando o número de
ordenadores e postos informáticos, creando novas seccións como o espazo de ferreganchos onde están os escornabots e
a mesa de luz, aumentamos o espazo dedicado ao cómic, puxemos unha mesa redonda
para reunións e usos múltiples…
Estamos moi
ilusionad@s con todo isto xa que supuxo un gran esforzo e moito tempo por parte
de todos conseguir este novo espazo para
toda a comunidade educativa.
A
continuación tedes un plano coa nova distribución de espazos e unhas imaxes da nosa biblio.
18/09/17
BENVIDOS AO CURSO 2017-2018
O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que de seguro moitos de vós non deixastes de ler
nestas vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa
biblioteca escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao longo
do curso e, para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa colaboración.
Ah!!, e lembrade que unha finalidade da nosa Biblioteca é que
sexa un recurso aberto a toda a Comunidade Educativa, co fin de dar
oportunidades a todos os que non dispoñen de recursos documentais e de lecer
nas súa contorna.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos
atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar
proxectos, de documentarte, de ler e escribir,de apuntarte ao club de lectura, de
coñecer escritores, de tomar prestados libros, de fomentar valores, de gozar e
aprender co noso concurso “O Preguntón”... Alegría e diversión non che
faltarán.
22/07/17
"A Vaquiña polo que vale": na Red Española de Desarrollo Rural (REDR)
A Red Española de Desarrollo Rural (REDR) recolle o artigo da periodista Antares Perez do xornal La Opinion sobre o CPI Plurilingüe Virxe da Cela Monfero.
17/07/17
13/06/17
VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS
O pasado martes 6 de xuño os compoñentes do Club de lectura Larpacontos, visitamos esta biblioteca, unha das máis grandes de Galicia e tivemos a oportunidade de coñecela por dentro tanto as salas de acceso público como os arquivos de acceso restrinxido. Así mesmo explicáronnos o seu funcionamento e todos os servizos dos que dispón, presenciais e tamén a través de internet: BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS
Percorrimos todas as salas
Neste espazo teñen a banda deseñada, unha enorme colección de cómics
Rematamos na sala infantil e xuvenil
Foi un día especial para rematar o segundo ano do Club Larpacontos
08/06/17
Celebración do Día das Letras Galegas e Os Maios
O Venres 19 de Maio, no patio interior do CPI , se levou a cabo as actividades de celebración conxunta do Día das Letras Galegas e os Maios.
As actividades foron realizadas por alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conxuntamente, consistindo na lectura de textos de Carlos Casares, elaboración dunha alfombra floral e dun maio, ea representación dunha coreografía de baile tradicional galego con unha interpretación músical, enmarcada dentro do programa Xogade , modalidade Movete+ do Plan Proxecta.
A continuación fixemos entrega dos premios de O PREGUNTÓN 2017.
A continuación fixemos entrega dos premios de O PREGUNTÓN 2017.
Finalmente o alumnado de 3º de EP representou unha obra de teatro partindo do Principiño, tradución de C. Casares para o alumnado de Infantil e Primaria.
O traballo da preparación da actividade foi conxunto e interdepartamental de Infantil, Primaria e Secundaria, foi a través diversos Departamentos tales como Música, Plástica, Relixión, E.Física, Lingua, Bioloxía, etc e as Dirección e Xefaturas de primaria e secundaria, conxuntamente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










