30/05/12

A MOCHILA VIAXEIRA


       Xa remataron por este ano as viaxes das mochilas da biblioteca. Este curso leváronas os alumnos do primeiro curso de infantil e os de 1º, 2º e 3º de E.P.
      Polos comentarios que os nenos e as súas familias deixaron nos cadernos de actividades vemos que a actividade ten unha boa aceptación. Podedes ler aquí algúns dos comentarios:
-“Gustáronnos moito os libros que nos enviástedes, (…). A opinión dos pais é moi boa xa que é necesario empezar cedo coa lectura”.
- “Paréceme moi ben porque así os nenos acostúmanse a ler”.
-“Interesante e divertida”.
-“Libros moi divertidos, fáciles de ler e que poden atraer ós nenos á lectura. Un gran acerto incluir un libro-disco. Ós nenos encántalles a música”.
      Os nenos ademais completaron as actividades e fixeron moitos debuxos. Ao final desta reseña podedes ver algún deles.
      Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a boa resposta que deron a esta actividade, sacando o tempo para ler co seu/súa fillo/a e axudalo/a co caderno de actividades. Gracias a todos e o ano que ben repetiremos a actividade con novos contos e libros.


28/05/12

Rematou O PREGUNTÓN

Despois de 10 semanas de concurso onde tivéchedes que contestar preguntas de todo tipo e consultar diversas informacións o  I concurso O PREGUNTÓN chegou ao seu fin. Os gañadores son Manuel Santamariña Ruíz de León e Rubén Jove López que formaron o grupo "The Answer Hunters".Como finalistas quedaron os grupos "Duasmar"  formado por Mª Santamariña Ruíz de León e Marta Vidal Martínez e xa en terceira posición e coa mesma puntuación os grupos " Os Respostóns" con Óscar Vidal Couceiro e Antonio González López e "Galera" con Alba Gómez Seijo e Lorena Varela Infante.Noraboa a todos os grupos participantes e ata o vindeiro ano na 2ª edición do Concurso O PREGUNTÓN.

15/05/12

VALENTÍN PAZ ANDRADE.LETRAS GALEGAS 2012

Neste ano 2012 o día das letras galegas, o 17 de Maio, adícase a Valentín Paz Andrade. Se queredes coñecer máis sobre o homenaxeado deixovos este Libro Interactivo do CEIP Conde de Fenosa. Graciñas polo voso traballo.

"Paz Andrade: Galicia como tarefa" Programa  en homenaxe a Valentín Paz Andrade, emitido na TVG en 2002 no espazo Galegos de Honra



Aquí tedes a páxina oficial de Valentín Paz Andrade
Actividades on line por ciclos do Seminario Galán

23/04/12

A derradeira semana de O Preguntón


Hoxe 23 de Abril, día do libro, entramos na derradeira semana do concurso O PREGUNTÓN. Despois de 10 semanas chegamos ao final. Son moitas as preguntas e probas resoltas,as consultas realizadas,as dúbidas satisfeitas... Aquí tedes as preguntas da 10º semana e as respostas da semana anterior.

Dia do libro


Hoxe día 23 de Abril celébrase o día do libro.Neste día e no ano 1616 faleceron personalidades literarias como Cervantes,Shakespeare e Garcilaso de la Vega.A celebración deste día foi tomada pola Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995 para rendir unha homenaxe aos libros e aos autores.

"Fiestra aberta á diversidad das culturas e ponte tendida entre as civilizacións, vector de valores, de saberes, do sentido estético e da imaxinación, o libro é ante todo obra da intelixencia, a creatividade e a cultura humanas: por iso enriquece o patrimonio inmaterial da humanidade..." (Koïchiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO).

Na imaxe da dereita tedes un enlace a unha aplicación didáctica sobre a evolución do libro ao longo da historia (materiais utilizados na súa fabricación dende Mesopotamia, Exipto, Grecia, Roma, Alta Idade Media, Baixa Idade Media, a aparición de la imprenta no século XV...)


15/04/12

Dúas semanas máis e esto remata


Entramos nas dúas últimas semanas e os equipos vanse definindo nos primeiros postos.Na primeira posición sitúanse os equipos DUASMAR e THE ANSWER HUNTERS seguidos polos equipos OS RESPOSTÓNS e GALERA. Aquí tedes as novas preguntas da semana e as respostas da anterior.Ánimo e seguide adiante!!!!!

01/04/12

Últimas semanas do PREGUNTÓN


Xa só nos quedan tres semanas para que O PREGUNTÓN remate na súa 1ª edición. Despois de convertiros na semana anterior en grumetes a bordo do barco BEAGLE xa tedes aquí as novas preguntas.Disfrutade destas merecidas vacacións e para entregar as respostas das novas preguntas tedes ata o 13 de Abril.