A Asociación Lectura Fácil organiza esta xuntanza, o "10º Encuentro de Lectura Fácil", a celebrar os días 10 e 11 de maio 2024 en Santiago de Compostela.
A Asociación Lectura Fácil organiza esta xuntanza, o "10º Encuentro de Lectura Fácil", a celebrar os días 10 e 11 de maio 2024 en Santiago de Compostela.
Olaia González Díaz, Espazo das Familias Concello de Monfero. Empréstito libros a crianzas acompañadas polas familias. Luns 15 abril 2024.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e as participantes no programa Donas de si, queremos convidarvos a desfrutar da exposición itinerante "Nós somos elas" que cedeunos temporalmente a Deputación da Coruña.
A mostra consta dunha serie de fotografias nas que se recolle a esencia do mundo rural e mariñeiro e póñese en valor a importancia da presencia feminina tantas veces silenciada. As instantáneas, pertencentes ao Arquivo Vidal, acompáñanse das verbas de poetisas contemporáneas para dar máis forza ás imaxes.
Esta mostra estará no centro ata o próximo día 22 de abril e podedes atopala na biblioteca e no corredor da planta baixa do edificio de secundaria.
Xoves 11 abril 2024, coincidindo coa visita dun grupo de docentes do CEIP Pintor Rosales de Madrid para realizar observacións no noso centro dentro do programa Observa-Acción (o noso centro está na III Fase) o alumnado de 2º EP realiza na Aula Ferraganchos unha lectura compartida co alumnado da ESO membro do Club de Lectura, dando continuidade a un proxecto de apadriñamentos lectores iniciado no mes de marzo e que está a ter moito éxito entre os máis pequenos/as.
O xoves 18 de abril de 2024 alumnado de 3º ciclo de EP visitou a Biblioteca Castelao para recibir unha charla sobre a importancia de preservar a riqueza e patrimonio natural da nosa contorna, impartida por unha persoa do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta charla constitúe a primeira das sesións do programa "Para unha transición ecolóxica", desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, e pretende por en valor a importancia dos espazos naturais protexidos, establecendo vínculos afectivos co medio para acadar que os escolares reforcen a visión respectuosa coa contorna e adquiran actitudes e comportamentos cara a súa conservación. Para a vindeira semana temos prevista a segunda sesión, que consistirá nun roteiro guiado polo espazo natural protexido Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Cara a celebración do día do libro o equipo da Biblioteca e o EDLG lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.
A través
del podedes deixar voar a vosa
imaxinación e trasladarnos a vosa
creatividade.
Poderán
participar o alumnado dende 5º de EP ata 4º de ESO.
Aquí podedes consultar as BASES. ANIMÁDEVOS A CREAR!!!