O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou uns debuxos para crear un logotipo para a nosa radio. Presentámosvos os 7 finalistas e agora todo o alumnado de primaria pode votar para axudarnos a escoller o gañador:
16/04/21
GAÑADORES DO I CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021
O Concello de Irixoa fallou os premios do I Concurso a Prol da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero 2021. Os gañadores son alumnos/as que cursan os seus estudos no CPIP Virxe da Cela: Elisa Fernández Vázquez (5º de educación infantil) e Hugo Lucía Romero (4º da ESO). O premio deste concurso consiste en visibilizar e difundir as obras gañadoras e así sensibilizar á poboación da importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. No caso do debuxo gañador de eduación infantil será unha mochila serigrafiada e co debuxo gañador da ESO unha libreta-axenda co debuxo gañador na portada.
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
16/03/21
O NOSO COLE GAÑADOR PROVINCIAL DO 37 CONCURSO ESCOLAR ONCE
O noso centro foi seleccionado como gañador provincial na 37 Edición do Concurso Escolar ONCE que nesta ocasión e baixo o Lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", invitou aos alumnos/as a traballar e reflexionar sobre o uso responsable das tecnoloxías.
Mentres facíamos o noso MUPI publicitario, os rapaces/zas de 4º da ESO pensabamos o que queríamos transmitir, e cal sería a mellor forma de contalo con pouco texto e máis fotografías. O primeiro que vemos no centro do cartel en grande é unha fotografía dun teléfono móbil onde se esta “afundindo” unha persoa. Con iso queremos transmitir que os aparatos tecnolóxicos están moi ben, pero dentro duns límites. Temos que saber reaccionar a tempo e facer outras actividades que non impliquen estar diante dunha pantalla demasiado tempo. Na esquina inferior esquerda puxemos as iconas das redes sociais mais populares para reflexionar sobre a cantidade de aplicacións que inundan as nosas vidas, e que se nos deixamos atrapar por elas podemos caer na adicción ata o punto de ter que chegar a pedir auxilio. Arriba a esquerda puxemos dúas sinais de precaución e alerta, porque como ven indica o titulo do cartel, isto non é un xogo!
12/03/21
AS BIBLIOTECAS NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Tedes na biblioteca unha exposición de libros, comics, contos...relacionados co Día Internacional da Muller.
Non deixedes de consultalos!

O Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a busca e tratamento da información ...
09/03/21
MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021
Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da Cela de Monfero, vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada nas nosas vidas.
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021
O Departamento de Orientación deseñou unha serie de actividades para realizar colectivamente todas as clases do CPI Virxe da Cela e así conmemorar o 8 de Marzo, "Día Internacional da Muller Traballadora". Para introducir a temática nas aulas, propoñemos a realización dunha actividade para levar a cabo de xeito oral en gran grupo. Reflexionamos sobre as tarefas propias do fogar e quen as realiza. Elaboramos un mural con gomets que representa dun xeito visual este aspecto. (Facer a compra, lavar a roupa, cociñar, coidar das/os fillas/os, poñer a mesa, limpar, pasar o ferro, recoller). No patio cuberto, sobre un papel continuo colocarase de forma plastificada as tarefas a realizar. Así cada docente preguntará orlamente ao grupo quen desenvolve esas tarefas, colocando o gomet dunha cor ou doutra según lenda.
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Amosamos algunhas das iniciativas que se realizaron no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía (24 febreiro 2021). O alumnado de 5º de EI traballaron o Día de Rosalía a través dun recurso Genially, para dar a coñecer a esta autora potenciando o uso das novas tecnoloxías. Nas materias de Arts and Crafts, o alumnado de EP, axudados polo auxiliar de conversa Johan Palma, indagaron na vida e obra de Rosalía a través da creatividade e da realidade aumentada utilizando dispositivos móbiles (tabletas).

















