Do 8 ao 12 de marzo os centros educativos galegos celebramos a Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída oficialmente dentro do calendario escolar en 1989 e impulsada pola Voz de Galicia.
No noso centro, un ano máis, realizamos unha exposición con xornais e revistas de distintos lugares de España e do mundo e de diversa temática: prensa xeral, prensa deportiva, prensa económica… Poderemos así complementar as nosas clases convertindo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico dos nosos nenos/as e mozos e mozas
Ningún comentario:
Publicar un comentario