22/09/17

NOVOS ESPAZOS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, o curso pasado comezou a remodelación e ampliación da nosa biblioteca. Tiramos tabiques e aumentamos espazo que redistribuímos creando novas zonas, ampliando o número de ordenadores e postos informáticos, creando novas seccións como o espazo de ferreganchos onde están os escornabots e a mesa de luz, aumentamos o espazo dedicado ao cómic, puxemos unha mesa redonda  para reunións e usos múltiples…
Estamos moi ilusionad@s con todo isto xa que supuxo un gran esforzo e moito tempo por parte de todos  conseguir este novo espazo para toda a comunidade educativa.
A continuación tedes un plano coa nova distribución de espazos e unhas imaxes  da nosa biblio.











18/09/17

BENVIDOS AO CURSO 2017-2018

Xa estamos de volta!. A biblioteca de novo abre as súas portas.
O verán rematou e queremos empezar o novo curso con alegría.
Aínda que de seguro moitos de vós non deixastes de ler nestas vacacións, animámosvos a visitar desde primeiros de outubro a nosa biblioteca escolar.
Temos moitos proxectos na cabeza para poder traballar ao longo do curso e, para levalos a termo, contamos coma sempre coa vosa colaboración.
Ah!!, e lembrade que unha finalidade da nosa Biblioteca é que sexa un recurso aberto a toda a Comunidade Educativa, co fin de dar oportunidades a todos os que non dispoñen de recursos documentais e de lecer nas súa contorna.
E sobre todo o noso obxectivo é VOLVER a ofrecerche recursos atractivos, maxia, misterio, animacións... posibilidade de elaborar proxectos, de documentarte, de ler e escribir,de apuntarte ao club de lectura, de coñecer escritores, de tomar prestados libros, de fomentar valores, de gozar e aprender co noso concurso “O Preguntón”... Alegría e diversión non che faltarán.

Achégate á nosa bibliotec@, nela atoparás un mundo de información e diversión.

13/06/17

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS

O pasado martes  6 de xuño os compoñentes do Club de lectura Larpacontos, visitamos esta biblioteca, unha das máis grandes de Galicia e tivemos a oportunidade de coñecela por dentro tanto as salas de acceso público como os arquivos de acceso restrinxido. Así mesmo explicáronnos o seu funcionamento e todos os servizos dos que dispón, presenciais e tamén a través de internet: BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA GONZÁLEZ GARCÉS



 Percorrimos todas as salas
 Neste espazo teñen a banda deseñada, unha enorme colección de cómics
Rematamos na sala infantil e xuvenil
Foi un día especial para rematar o segundo ano do Club Larpacontos



08/06/17

Celebración do Día das Letras Galegas e Os Maios



O Venres 19 de Maio, no patio interior do CPI , se levou a cabo as actividades de celebración conxunta do Día das Letras Galegas e os Maios.
As actividades foron realizadas por alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conxuntamente, consistindo na lectura de textos de Carlos Casares, elaboración dunha alfombra floral e dun maio,  ea representación dunha coreografía de baile tradicional galego con unha interpretación músical, enmarcada dentro do programa  Xogade , modalidade Movete+ do Plan Proxecta.
A continuación fixemos entrega dos premios de O PREGUNTÓN 2017.
Finalmente o alumnado de 3º de EP representou unha obra de teatro partindo do Principiño, tradución de C. Casares para o alumnado de Infantil e Primaria.


O traballo da preparación da actividade foi conxunto e  interdepartamental de Infantil, Primaria e Secundaria, foi a través diversos Departamentos tales como  Música, Plástica, Relixión, E.Física, Lingua, Bioloxía, etc e as Dirección e Xefaturas de primaria e secundaria, conxuntamente.