21/04/25

Animalario Imaxinario

 O alumnado de 2º de EP estivo aprendendo sobre os animais e, baseándose no libro "El animalario universal del profesor Revillod" que temos na biblioteca,  imaxinaron as súas propias criaturas. Mesturaron e debuxaron troncos, cabezas e extremidades de diferentes texturas que foron recollendo usando a técnica do frottage dende a sola dos zapatos ata as cortizas das árbores. Velaí o resultado de anfibios acuáticos omnívoros e mamíferos terrestres ovovivíparos (entre outros!). Para animar as ilustracións usamos a páxina Animated Drawing.


17/04/25

Non podo debuxar



Editorial: BLUME NATURART, S.A.

Ano de edición: 2021

Materia: Arte. otras formas

ISBN: 978-84-18725-02-9

Páxinas: 160

Encadernación: Rústica

Colección: BLUME



No Museo do Prado atopamos esta publicación que nos achegou á ilustración de forma sinxela e sobre todo moi divertida. 

Con ela adquirimos confianza nas nosas capacidades e estimulamos a nosa creatividade.

Empezamos cos trazos máis sinxelos para irnos introducindo no debuxo das figuras humanas, expresións e movementos. 

Aquí tedes os resultados.

 Te animas? está no catálogo da nosa biblioteca?







Imaxes autoeditadas do proceso creativo.


04/04/25

FULIADA NA BIBLIOTECA CON RICHI CASÁS

 Xoves 3 de abril 2025, de 15:10 a 16:35. Biblioteca Castelao. O alumnado de 3º da ESO leva todo o curso 2024-2025 traballando nun proxecto centrado no asociacionismo e a música tradicional, establecendo comunicacións con diferentes asociacións e artistas. Unha das metas era traer a o centro a Richi Casás, mestre e músico moi comprometido coa recuperación e a transmisión do noso patrimonio inmaterial: a música e o legado das cantareiras. Non é casual que Richi sexa neto de Rosa e de Adolfina Casás, unhas das pandereiteiras/cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas 2025. Tendo como referencia o título do libro-disco de Richi, Fuliada na Vila (que mercamos este curso na biblioteca para promover as Letras Galegas e tamén como lectura no Club Lectura Larpacontos ESO), convertimos a biblioteca nun espazo musical e montamos a nosa propia "fuliada", sendo o alumnado de 2º e 3º da ESO protagonista coa interpretación de temas tan coñecidos como "O Caneco" ou agasallando ao propio Richi coa nosa propia versión da "Muiñeira Floreada".  Achegáronse pola biblioteca profesorado e alumnado de 1º e 4º da ESO para gozar desta sesión musical tan viva e convertíndonos nun eslabón máis da cadea que recolle a voz e a memoria dos nosos ancestros, axudando a conservar o noso patrimonio inmaterial. 






01/04/25

Pioneiras

Con motivo do Día da Muller, o 8 de marzo, o alumnado de 2º de EP, leu o libro de Pioneiras da Editorial Xerais. A partir dos textos fixeron os seus propios resumos das biografías de mulleres galegas que marcaron a historia e ilustraron bolsas de tea con códigos QR aos seus textos. Así de ben quedaron!




  


18/03/25

Reunión do club de lectura: infografía sobre as tecnoloxías.

 Ola! Os nenos e nenas que lemos "Wombo Combo" fixemos entre todos/as esta infografía sobre as tecnoloxías por se vos pode servir de axuda. Chegamos a unha conclusión: O problemas somos nós, non as máquinas. 


VANTAXES E DESVANTAXES DO USO DA TECNOLOXÍA de bibliotecacpivirxedacela

17/03/25

Creando novas personaxes para "As terapias da Doutora Ledicia".

 Nesta nova sesión do club de lectura "Mundo de letras" creamos novas personaxes para acudir á consulta da Doutora Ledicia: o tardo, a serea Maruxaina ou a Santa Compaña poderían ser facilmente doentes que acudiran a probar os seus remedios baseados na risa e no canto. Para coñecer novos mitos galegos utilizamos o "Dicionario dos seres míticos galegos" que tivemos que localizar nas estanterías para o que aproveitamos a facer unha sinxela formación de usuarias.