Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.
02/10/24
Consello Escolar da Infancia: Educación social na escola
Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.
30/09/24
Empréstitos quincenais Educación Infantil
Hoxe, o alumnado colaborador de 5º e 6º de Educación Primaria comezou coa iniciativa quincenal de empréstitos para a etapa de Infantil.
Mochilas viaxeiras
Hoxe, o alumnado colaborardor da biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria, repartiu as mochilas viaxeiras que con tanto cariño elaboraron.
A partir do día de mañá, todo o alumnado de EI e EP vai comezar a levar unha "mochila viaxeira" con diferente material educativo para promocionar a lectura.
A mochila viaxeira é unha actividade programada dende a Biblioteca Castelao do CPIP Virxe da Cela que tenta promover a lectura e ocio en familia.
A lectura prodúcenos sensacións e momentos de goce. Ábrenos vías de comunicación e nos conduce ao coñecemento. Proporciónanos experiencias novas para compartir cos demais. A familia é un bó lugar para experimentalo e dende a biblioteca ofrécemosvos a posibilidade de coñecer propostas e libros para ler e xogar.
A mochila permanecerá nas vosas casas unha semana, de martes a luns, días nos que podedes disfrutar dunha pequena selección de materiais.
Pedimos a vosa colaboración para que a actividade teña éxito. Desfrutade con ela dun tempo de ocio en familia, ao remate deixade debuxadas ou escritas as vosas impresións sobre a actividade e os materiais no Caderno de viaxe.
Cada semana será un alumno/a o encargado de levala para casa (irá os martes e terá que vir de volta os luns). No seu interior, vai un xogo de mesa, dous libros e un caderno de viaxe (onde o alumnado terá que debuxar o que máis lle gustou e as familias poderán escribir comentarios ou suxerencias). A mochila non se enviará nas vacacións (nadal, entroido e semana santa).
Velaquí tedes o momento das entregas:
27/09/24
Que lecturas perduran no tempo?
A
primeira actividade deste curso escolar foi crear o noso horario con espazo
para notas, avisos ou reseñas de lecturas. Un traballo no que deixar voar a
imaxinación e as nosas habilidades creativas para dar vida a espazos e personaxes
das nosas lecturas favoritas.
De
1º a 6º os creamos con moita ilusión para o espazo de estudo das nosas
casas.
Imaxes autoeditadas con creacións do alumnado.
13/09/24
Cantando con Pinocho
Contacontos con música en directo de acordeón e piano en colaboración co concello de Monfero.
O Fada de Cabelos Turquesa e Cogombro, amigos de Pinocho, contaron o conto de Pinocho ao alumnado da Ed. Infantil e do 1º ciclo da Ed. Primaria. Nel se intercalaron , efectos sonoros e música en directo con cancións orixinais compostas para a ocasión que falan sobre o amor, alimentos, a liberdade, a dignidade, nanas…..
Cristian Leggiero-Cogombro: piano, acordeón, efectos sonoros e compositor da música das cancións
Paty Lesta- Fada de Cabelos Turquesa : cantante , narradora e compositora das letras das cancións.21/06/24
ACTO ENTREGA DE DIPLOMAS BIBLIOTECA CASTELAO
Venres 21 xuño 2024, ás 10:00 horas.
Entregas diplomas Voluntariado na Biblio, Club de Lectura Larpacontos
Lanzamento da revista Teen Side nº 2







