21/03/24

CONSELLO DA INFANCIA NA BIBLIOTECA CASTELAO

 Mércores 20 marzo 2025. 13:45 horas. Nerea Allegue e Nuria Fernández, educadoras sociais de Euroeme. 2 alumnos/as representantes de cada curso de educación primaria. Turnos rotativos. Elección de presidente/a e secretario/a. Acta. 

O pasado 20 de marzo de 2024 tivo lugar o 5º Consello Escolar da Infancia no que ven participando alumnado, de xeito rotativo, dos distintos cursos de primaria. Neste Consello, puidemos comprobar como parte das propostas que o alumnado foi facendo xa se atopan en marcha, como por exemplo os clubes de lectura e o equipo de voluntariado da biblioteca. Valoramos a marcha dalgunha outra, como a mellora da limpeza dos distintos espazos do cole. E seguimos traballando sobre outras propostas, como ideas para a mellora do catálogo de libros da biblioteca. Ademáis, deixamos colocado un buzón, para que calquera persoa poida deixar ideas, propostas, queixas, que se tratarán e valorarán nos próximos Consellos.






20/03/24

CONTACONTOS INTERXERACIONAIS

Proseguindo coa proposta de apadriñamentos lectores,  Elías Espiñeira e Iván Bermúdez (alumnos da  ESO e membros do Club de Lectura Larpacontos da ESO) realizan a lectura compartida (Inés e a cadela sabia, de Darío Xohan Cabana, editorial Rodeira) co a alumnado de 2º EP.  Aula Ferraganchos, no tempo de lecer de secundaria (de 12:15 a 12:35), mércores 20 de marzo 2024.





LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO CON CHARO PITA

 Mércores 20 de marzo de 2024

10:30-11:15 4º EI

12:00-12:45 5º EI

12:45-13:30 6º EI 




18/03/24

SCHOOL TO SCHOOL: INTERCAMBIO EPISTOLAR CUNHA ESCOLA DA INDIA COA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Luns 18 de marzo de 2024, ás 12:30 horas, na Biblioteca Escolar. Clase de 4º Educación Primaria, coa súa mestra de inglés Cristina Cillero, preparan unhas cartas para enviar aos rapaces e rapazas da Konampalli School, na India, dentro do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer.





11/03/24

RADIO NA BIBLIO: OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL

 O martes 12 de marzo 2024 contamos na Biblioteca Castelao coa visita de Charo Pita,  que impartiu en tres quendas unha formación sobre técnicas de narración oral.  (5º EP de 10:30 a 11:30 3º EP de 12:00 a 13:00; 4º EP: de 13:00 a 14:00). Os rapaces e rapazas estiveron atentos e participativos, aprendendo trucos e claves para sacarlle o mellor partido á nosa voz e potenciar a nosa oralidade, algo clave á hora de traballar no medio radiofónico. Precisamente dentro do programa Radio na Biblio os máis pequenos/as están a aprender como transformar un relato escrito nunha historia para ser narrada. Encantounos ter a oportunidade de coñecer a Charo Pita nesta súa vertente pedagóxica, ogallá non tardemos moito en descubrila como escritora, actriz e contacontos!!











09/03/24

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 


No tempo de lecer de Educación Primaria (de 11:30 a 12:00) os usuarios e visitantes da Biblioteca Castelao poden observar esta interesante estampa: nenos e nenas de educación primaria actúan como "padriños" dos pequerechos/as de educación infantil, ofrecéndolles o seu tempo para facer lecturas de libros, e así ir iniciando ás novas xeracións a adquirir o hábito e o pracer polos libros. Este proxecto de apadriñamentos lectores xa ten tradición no noso centro, e neste curso estará integrado dentro do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar.

06/03/24

CONTACONTOS INTERXERACIONAIS

Dentro as actividades enmarcadas dentro do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar, iniciamos o pasado mércores 6 de marzo de 2024 un ciclo de lecturas interxeneracionais.  Bruna aprende a dejarse ayudar da colección Naturaleza y Emociones (Ana Ferrer y Bárbara Sansó), foi a o libro elixido, unha fermosa historia que axudou aos nenos e nenas de 2º EP a reflexionar sobre o concepto de empatía.  Iván Bermúdez Gabarri, alumno de  4º ESO e membro integrante do Club de Lectura Larpacontos exerceu como un contacontos profesional, narrando a historia e captando a atención dos máis pequenos/as. Agradecemos o apoio e participación dos integrantes do Club de Lectura Larpacontos para poder levar a cabo esta actividade, que terá continuidade nas vindeiras semana. 



04/03/24

Formación do profesorado: Técnicas para mellorar a comprensión no noso alumnado

 A tarde de hoxe, o equipo docente de linguas do noso centro estivo na biblioteca aprendendo da man de Sabela Gago. 

Nesta formación, Sabela achegounos técnicas, ferramentas e recursos para mellorar a comprensión oral e escrita no noso alumnado.

Esta formación enmárcase dentro da liña de Biblioteca do PFPP do noso centro educativo.




Exemplo da relación de libros recomendados por Sabela Gago para o noso profesorado: