04/02/21
MONFEROSOLIDARIO EN RADIO VOZ: PREMIO GALEGO DE EPDCG
02/02/21
O NOSO CENTRO GAÑADOR DO I PREMIO GALEGO EPDCG ( Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global)
Comunican desde o equipo organizador do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global a resolución definitiva. As as candidaturas gañadoras desta primeira edición do Premio son: Categoría A: ‘Aprendendo a convivir’ do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) Categoría B: ‘Monferosolidario: abrindo a escola cara á transformación social desde a EPCGD’ do CPI Virxe da Cela (Monfero) Moitos parabéns! Por outra banda, realizarase a entrega do Premio aos dous centros gañadores, asistindo unha representación do equipo organizador do a ambos colexios. Este acto está previsto para o día 19 de febreiro de 2021 pola mañá. Consistirá na entrega do elemento distintivo e os diplomas, como se establece nas bases.
Resolucion DEFINIITVA Premio Galego ED 2020 by veracruces on Scribd
28/01/21
DÍA ESCOLAR DA DAZ E A NON VIOLENCIA 2021
O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPIP Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.
No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!
26/01/21
DÍA DA ILUSTRACIÓN: LOLITA DÍAZ BALIÑO
Este sábado 3º de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Este ano, dedicado á artista multidisciplinar Lolita Díaz Baliño. Unha muller que abriu camiños enfrontando os desafíos da época que lle tocou vivir. A primeira en ingresar na RAG.
18/01/21
CPIP VIRXE DA CELA: GAÑADOR DO I PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL
"Monferosolidario: abrindo a escola cara a transformación social desde a EPDCG", do CPIP Virxe da Cela (Monfero), é a experiencia gañadora na categoría B do I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global.
A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución provisional da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transfromadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Nesta primeira edición presentáronse 19 candidaturas (7 correspondentes á Categoría A: Educación Infantil e Primaria; e 12 correspondentes á Categoría B: ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas). Un xurado composto por seis persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución provisional do Premio.
30/11/20
COIDÉMONOS
A formación sobre a protección fronte ao Covid ten que ser permanente, por iso desde a biblioteca queremos iniciar unha campaña de concienciación e sensibilización titulada coidémonos.
O alumnado de plástica de 4º da ESO xa realizou uns carteis sobre os tres emes, para lembrarnos a protección básica: máscara, mans e metros. Está exposta no corredor da biblioteca.
Agora queremos convidar a toda a comunidade educativa a facer un cartel coa palabra “coidémonos”. Trátase de que cada curso faga unha letra formada por fotos do alumnado, profesorado e demais membros da comunidade educativa coa máscara posta. Tamén se poden utilizar outras imaxes relacionadas coa protección fronte ao Covid. Sería un gran mural para colocar no patio cuberto e deixalo todo o curso.
CaDa letra farémola nunha cartolina grande (50x60). Cada letra levará unha cor de cartolina e unha tipografía distinta. A letra formarase a base de fotografías e/ou debuxos, primando que haxa variedade de formas e cores.
Unha vez terminada a letra hai que forrala con plástico adhesivo, non só por cuestión de limpeza, senón pola humidade do patio cuberto, convén forrar a cartolina por ambas as caras.
28/11/20
O contacontos Caxoto visitounos no día internacional da eliminación da violencia contra a muller
O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende a Biblioteca Castelao invitamos a visitarnos ao contacontos Caxoto que nos ofreceu dúas actuacións con esta temática. Primeiramente actuou para a ESO cunha proposta titulada: "Machista eu?", despois actuou para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ca proposta: "Contos vellos, novos finais".
Caxoto fai unha recuperación de contos tradicionais e relatos da nosa historia que lle serviron para falarnos do machismo que está intrincado nos nosos costumes de tal maneira que moitas veces nin tan sequera somos conscientes. Falounos dos micromachismos, que como nos dixo, de "micro", non teñen nada, pasan máis desapercibidos pero son tan daniños como a propia violencia contra a muller.
20/11/20
2O NOVEMBRO. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS
O próximo 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde Monferosolidario queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!
Por iso o 20 de novembro todos imos ser azuis, para reivindicar e pedir aos estados que garantan os dereitos da infancia máis vulnerable. E preguntarédesvos porque azuis?, pois no seguinte vídeo podedes ver a proposta que fan os alumnos e alumnas de 3º de ESO. Animamos a todas as clases a que se unan á nosa reivindicación e nos envíen unha foto da clase coa proposta. Con todas as instantáneas faremos un vídeo super chulo POLOS DEREITOS DOS NENXS!!!!










