14/10/25

Actividade de Samaín desde a biblioteca

 Polo Samaín, e dentro dun programa máis amplo de actividades, a biblioteca encherase de casas encantadas e lecturas! Sabedes que unha das casas encantadas máis coñecidas da literatura está moi cerca do noso Concello? En Doroña (Vilarmaior)  Agustín Fernández Paz atopou a inspiración para escribir unha das súas obras máis lidas: "Cartas de inverno".  Animádevos a participar e encher de edificios misteriosos de cartón a nosa biblio. Pola tarde, coas familias, de 16:30 a 17:30 aproximadamente, poderedes vir a visitar a exposición e ler a escuras. Traede as vosas lanternas por se acaso, nós temos algunhas pero oxalá non nos cheguen! 

Samaín 2025 de bibliotecacpivirxedacela

22/09/25

Saen as mochilas viaxeiras!

 Durante estes días iredes recibindo nas casas as primeiras viaxes das nosas mochilas viaxeiras cheas de libros, de xogos e de moitas aventuras para pasar tempo en familia. 


18/09/25

Chispa tivo un bebé!

Sabedes unha cousa? A nosa mascota Chispa... tivo un bebé! Chámase Lobi (de Lobiña). De noite durme coa mamá pero durante o día está na aula de 3 anos de Educación Infantil cos Aventureiros/as.

20/06/25

Recomendacións lectoras: que vas ler este verán?


EU COLABORO NA BIBLIO!!!

 Esta mañá o alumnado colaborador da biblioteca, de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO, recibiron os diplomas que acreditan as horas que lle dedicaron á nosa biblioteca no seu tempo de lecer.

Os colaboradores e as colaboradoras son persoas que, de forma voluntaria, veñen á biblio no recreo para axudar en diferentes tarefas como:

  • Colocar os libros.
  • Poñer os tellos.
  • Facer empréstitos.
  • Organizar actividades.
  • Facer exposicións documentais.
  • Axudar aos usuarios a atopar os fondos bibliográficos.




Moitísimas grazas pola vosa colaboración e agardamos que para o próximo curso queirades seguir formando parte do equipo da biblioteca. Animádevos, que xa sodes expertas e expertos na materia!!!