24/05/23

PRENSA ESCUELA NA BIBLIOTECA CASTELAO

 Todos os mércores chega a prensa ao CPI Virxe da Cela, xa que algúns docentes están inscritos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia. Alumnado de 2º da ESO nas materias de Valores Éticos e Relixión utilizan a prensa na biblioteca escolar.  A través do xornal os mozos e mozas desenvolven un sentido crítico que lles axudará a formarse nunha sociedade plural e democrática. Esta actividade tamén contribúe a acadar os obxectivos establecidos para o Plan Lector do Centro. O departamento de Lingua Castelá está tamén inscrito no programa, e organiza os mércores o reparto de períodicos entre todo o alumnado da ESO, para que en todas as clases podan ter suficientes exemplares para poder traballar con este elemento na materia. 










22/05/23

EXPOSICIÓN DE RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS NA BIBLIOTECA CASTELAO

 Na xornada do luns 22 de maio de 2023 a Biblioteca Castelao alberga unha exposición de recursos bibliográficos e outros materiais  de interese para os diferentes niveis dentro dos recursos da Biblioteca do centro.

19/05/23

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Grandes discursos cambiaron o mundo. As palabras son a mellor arma para gañar certas batallas. Neste caso a meta a acadar é unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. O lema "TransformAcción en Igualdade" articula a Campaña Mundial pola Educación neste ano 2023. Nun ambiente tan inspirador como é unha biblioteca, rodeados de libros e ideas, tres alumnos de 1º da ESO, acompañados e guiados por Laura Álvarez, redactan o discurso que lanzarán aos representates do Parlamento de Galicia o vindeiro martes 6 de xuño de 2023. Esta actividade está enmarcada dentro da CME (Campaña Mundial pola Educación).



16/05/23

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: LETRAS GALEGAS 2023

    Exposición de Francisco Fernández del Riego, autor homeaxeado nas Letras Galegas 2023, na Biblioteca Castelao. 

    O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos despois do seu falecemento. A data da celebración, o 17 de maio, débese a que tal día como este pero en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra “Cantares gallegos”, da escritora Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento, o renacemento cultural en Galicia. O ano 2023 está adicado á ilustre figura de Francisco Fernández del Riego (1913-2010). Naceu en Vilanova de Lourenzá pero pasou a maior parte da súa vida en Vigo. Escritor, político e intelectual xurdido arredor do grupo Nós sempre a favor da cultura galega era fundamentalmente nas súas propias palabras “un vigués máis”.









11/05/23

OBRADOIROS DE TÉXTIL NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O alumnado de 6º EP experimentou o Kit de E-Téxtil, que mestura algo tan tradicional como a costura co conmponente innovador da electrónica, utilizando circuitos eléctricos para programar unha máquina de coser. Con este tipo de actividades podemos convertir a nosa biblioteca nun laboratorio para a creatividade.





05/05/23

CAMPAÑA DE FOMENTO DA LECTURA E A ESCRITURA


CAMPAÑA DE FOMENTO DE LA LECTURA Y LA ESCRITURA

Mi libro preferido 2023 Galicia

Os animamos a participar en la primera edición de ‘Mi libro preferido’ Galicia, nuestro concurso de relatos para el alumnado de 1º y 2º de Educación Secundaria Obligatoria matriculado en Centros Educativos de la Xunta de Galicia, ya sean de enseñanza pública, concertada o privada. Este certamen fomenta la lectura entre la juventud a través de una pequeña reflexión escrita en lengua española o gallega, en la que el alumnado explica cuál es su libro preferido. 

Cada centro participante deberá enviar los cinco mejores trabajos realizados por los alumnos de los diferentes grupos correspondientes a los cursos de 1ª y 2ªde ESO. Esta primera selección debe ser realizada previamente por los profesores. Las obras seleccionadas se enviarán mediante el formulario de participación habilitado por la web milibropreferido.es. El/a docente de cada curso se encargará de remitir los textos participantes a través de dicho formulario. Esta es la forma preferente de participación, aunque permanecerá abierta la opción de envío por correo electrónico a la dirección fomentolectura@fundacionjmlara.es. Este es el enlace al formulario de participación. 

El plazo de admisión de originales comienza el 2 de marzo y finaliza el 15 de mayo de 2023.


Bases I Edición Mi Libro Preferido Galicia Ok by veracruces on Scribd

OS BOLECHAS VAN COÑECER A UNIÓN EUROPEA

Con razón dos actos conmemorativos con motivo da celebración do Día de Europa, o vindeiro día 9 de maio, a A Dirección Xeral de Relacións Exteriores fainos chegar a publicación Os Bolechas van coñecer a Unión Europea, facéndonos partícipes ás bibliotecas e ós centros educativos de Galicia da súa actividade en prol da cooperación ó desenvolvemento e a acción exterior en Galicia.



03/05/23

BOLETÍN "EDUCAR EN VERDE" ABRIL 2023

Difundimos entre a comunidade educativa o boletín periódico elaborado pola biblioteca e centro de documentación ambiental que recolle libros, recursos didácticos, e outros materiais sobre diferentes temáticas relacionadas coa Educación Ambiental e o coidado do medio natural. Dirixido ao profesorado dos centros educativos, profesionais da educación e divulgación ambiental, así como todas as persoas interesadas. O boletín 'Educar en Verde' forma parte do programa 'Para unha Transición Ecolóxica' que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña. 

Boletin Centros Educativos-Abril 2023 by veracruces on Scribd