25/11/22
25N NA BIBLIOTECA ESCOLAR
21/11/22
CICLO DE ÓPERA NA BIBLIOTECA
Coincidindo coa celebración da patroa da música, Santa Cecilia (22 novembro), a Biblioteca Castelao inaugura un ciclo de ópera. Esta actividade ten o obxectivo de iniciar ao alumnado na escoita deste xénero musical. Durante catro semanas o alumnado que visite a biblioteca escolar no tempo de lecer terá a oportunidade de escoitar fragmentos de famosas óperas. Utilizaranse para a súa reprodución os Cds que conteñen os libros da colección de ópera da editorial Hipotesi (publicada por Kalandraka en galego). Esperamos que moitos e moitas vos animedes a levar estes interesantes libros con ilustracións para casa para afondar máis en óperas tan afamadas como A Frauta Máxica de Mozart ou O Berbeiro de Sevilla de Rossini!!
09/11/22
A MALETA NATURALISTA NA BIBLIOTECA!
Onte á tarde chegou á nosa Biblio a maleta NATURALISTA do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Como xa comentabamos noutra ocasión, esta maleta estará á vosa disposición na Biblioteca até o próximo 7 de decembro e durante todo este mes poderemos consultar, tanto alumnado como profesorado, as máis de vinte referencias que compoñen a maleta.
A maleta Naturalista inclúe guías de flora, fauna e fungos, cadernos de campo, e outros recursos didácticos que sirven de apoio ao traballo docente nas aulas. Son unha boa ferramenta para achegarse á natureza e poden empregarse como fontes de información de referencia á hora de realizar saídas de campo ou excursións co alumnado, tanto de Primaria como de Secundaria.
Vinde decrubri-la !
08/11/22
PRIMARIA NA BIBLIOTECA !
Boas e chuviosas tardes! Nestas últimas semanas tivemos uns visitantes moi especiais ! O alumnado de primaria veu á Biblioteca Castelao para desfrutar e aprender, de xeito guiado, os servizos de empréstito e devolución dos libros, cd's e demais recursos que temos na nosa querida Biblioteca.
A que xa sabedes como atopar o libro que buscades sen preguntar á profe? Ademais, estas sesións estiveron acompañadas de lecturas compartidas polos grupos que tamén a visitaron xunto co profesorado. Non hai máis que ver as fotos para intuir que o pasastes de medo !
Seguro que agora estaredes aínda máis animad@s a seguir buscando nos libros esas historias que vos farán imaxinar, sentir, aprender, rir, en definitiva, vivir!
Até a próxima !
EXPOSICIÓN SOBRE EXIPTO NA BIBLIOTECA CASTELAO
24/10/22
14/10/22
SAMAÍN 2022
Estade preparados e preparadas porque falta pouco para que chegue o Samaín 2022 ao noso Centro !
Sacade a relucir o voso lado máis arrepiante e vosa creatividade máis noxenta para prepararvos para o Concurso de decoración de Portas e para o Concurso-Exposición de Cabazas que terán lugar as vindeiras semanas!
Poderedes consultar as bases do Concurso de Portas nas vosas aulas.
Celebraremos tamén unha exposición de
cabazas coma en anos anteriores. Para participar, o alumnado pode
achegar a súa cabaza o luns 24 ou o martes 25 de outubro. Coa finalidade
de que se conserven o maior tempo posible, é importante non baleiralas
nin tallalas. Aquelas cabazas que, polo tamaño ou outras
características, non se poidan traer no autobús polos propios alumnos,
poderán deixalas as familias no soportal da entrada da ESO, os mesmos
días 24 e 25 de outubro. A exposición estará na entrada da ESO e tamén
se poderá ver no blog da biblioteca e páxina web do Centro.
Os que queiran recuperar a súa cabaza poderán recollela o venres 28.
Cando a recolla o propio alumnado farao segundo as instrucións do seu
titor ou titora. No caso de recollela os pais, farano o mesmo venres
unicamente a partires das 16:35, colléndoa directamente da exposición na
entrada da biblioteca. As que non se recollan tiraranse ao lixo.
A MALETA NATURALISTA CHEGA O 2 DE NOVEMBRO
O CPIP Virxe da Cela contará cun novo recurso bibliográfico durante o mes de novembro. Por iniciativa do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a Maleta Naturalista chegará aos nosos andeis o vindeiro 2 de novembro. Será por un mes, ao longo do cal poderemos consultar, tanto alumnado como profesporado, as máis de vinte referencias que compoñen a maleta.
A maleta Naturalista inclúe guías de flora, fauna e fungos, cadernos de campo, e outros recursos didácticos que sirven de apoio ao traballo docente nas aulas. Son unha boa ferramenta para achegarse á natureza e poden empregarse como fontes de información de referencia á hora de realizar saídas de campo ou excursións co alumnado, tanto de Primaria como de Secundaria.
Dentro dos volumes incluidos poderemos atopar: Guía micolóxica dos ecosistemas galegos (Baía Verde), Guía dos mamíferos de Galicia (Baía Verde), Guía das plantas de Galicia (Xerais), Mi primera guía de árboles (Editorial La Galera) e un longo etcétera.
No ano 2023 poderemos contar con algunha das outras maletas: a maleta do cambio climático, a mariñeira, a literaria...
Recordade: a partir do día 2 de novembro na Biblioteca Castelao !









