05/05/17
PRORROGAMOS PREGUNTÓN PRIMEIRA SEMANA
Xa que o alumnado esta semana tivo moitas actividades no cole, prorrogamos a entrega das respostas da primeira semana ata o luns. Se non che dou tempo a entregar as respostas, bule, que aínda estás a tempo!!!
27/04/17
PREGUNTAS DA 1ª SEMANA DO PREGUNTÓN
Ola a todos e todas. Xa estamos de volta co noso xa clásico concurso "O Preguntón". Aquí tedes as preguntas da primeira semana. Como veredes, non son nada difíciles, así que xa sabedes...
A xogar!!!!
Podedes premer na imaxe para velas en grande
25/04/17
DÍA DO LIBRO 2017
O
sábado celebramos o #Día do Libro en Monfero, na biblioteca do colexio do Xestal,
dentro da campaña #LibrosparaSermosLibres da Deputación da Coruña.
O
tenente de alcalde Alberto Cortizas participou no reparto de libros .
24/04/17
O Preguntón
Un ano máis voltamos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de cinco semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos da ESO.
Bases do Preguntón
PARTICIPANTES
Poderá
participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando equipos de 2 persoas de
calquera curso.
Os
participantes deberán inscribirse para concursar na Biblioteca debendo cubrir
unha folla cos datos dos compoñentes do grupo e o nome do grupo.
O XOGO
-O xogo
desenvolverase dende o venres 28 de abril
e durante 3 semanas. Consta de varias preguntas ou probas.
Estarán
expostas no taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no
blog da Biblioteca Castelao.
-Cada venres publicarase no taboleiro e
no blogue as preguntas ou probas, así como a puntuación acadada.
-O prazo para
entregar as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes
empregar calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os
vosos propios recursos.
-As respostas
debedes presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no
prazo previsto nunha furna habilitada para este concurso.
-Cada
pregunta ou proba ten unha puntuación indicada explícitamente. Os equipos que
presentedes a resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
-Cando semana
cando remate o prazo de entrega,
publicaremos as respostas no taboleiro do Concurso.
GAÑADORES
-O equipo
gañador será o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de
empate, o premio será repartido entre os
equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un
só equipo gañador.
-Todos os
participantes levarán un diploma de participación.
XURADO
-O xurado estará
composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado
detecta calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a
descualificación do equipo ou equipos
implicados.
-A participación no concurso supón a aceptación de todas estas bases.
23/04/17
19/04/17
CHARLA DE XURXO MARIÑO
01/04/17
28/03/17
A VAQUIÑA POLO QUE VALE
Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños
Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración ca Universidade da Coruña e as ongs Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:
CONCURSO DE LOGOTIPOS
DESFILE DE VACAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

