24/04/16

DÍA DO LIBRO NO VIRXE DA CELA: IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

O 23 de abril, é unha data simbólica para a literatura universal  e este ano cúmprense 400 anos da morte do gran dramaturgo español Miguel de Cervantes Saavedra (1547-1616), autor da que se considera a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Para os que non tivésedes a sorte de lela ou para os que simplemente queirades volver a gozala, aquí deixámosvos un link: Don Quijote de la Mancha.

Desde a Biblioteca Castelao unímonos a esta conmemoración e, aproveitando que estamos a celebrar o Día do Libro, alumnos/as e profes  realizaron unha lectura continuada dun dos capítulos. Podedes vela no seguinte vídeo.

         






05/04/16

Volove o concurso do PREGUNTÓN


Un ano máis voltamos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de cinco semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos da ESO.

Bases do Preguntón

PARTICIPANTES

Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando equipos de 2 persoas de calquera curso.
Os participantes deberán inscribirse para concursar na Biblioteca debendo cubrir unha folla cos datos dos compoñentes do grupo e o nome do grupo.

O XOGO

-O xogo desenvolverase dende o venres 8 de abril e durante 5 semanas. Consta de varias preguntas ou probas.
Estarán expostas no taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no blog da Biblioteca Castelao.
-Cada venres publicarase no taboleiro e no blogue as preguntas ou probas, así como a puntuación acadada.
-O prazo para entregar as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes empregar calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os vosos propios recursos.
-As respostas debedes presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no prazo previsto nunha furna habilitada para este concurso. 
-Cada pregunta ou proba ten unha puntuación indicada explícitamente. Os equipos que presentedes a resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
-Cando semana cando remate  o prazo de entrega, publicaremos as respostas no taboleiro do Concurso.

GAÑADORES

-O equipo gañador será o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de empate, o premio será repartido  entre os equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un equipo gañador e dous equipos finalistas.
-Todos os participantes levarán un diploma de participación.

XURADO

-O xurado estará composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado detecta calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a descualificación do  equipo ou equipos implicados.

-A participación no concurso supón a aceptación de todas estas bases.

ANIMÁDEVOS A CONCURSAR !!!

29/03/16

DESDE AS BIBLIOTECA, ESPECIAL RADIOFÓNICO VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016

O alumnado de 4º e 5º de primaria do CPI Virxe da Cela gravaron desde a nosa biblioteca,un especial radiofónico para retransmitir a VIII edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2016. Entrevistaron a alumnado e profesorado que traballou na organización deste evento solidario (como a alumna Diana Caruncho de 4º da ESO ou ás profesoras Verónica Dopico e Yolanda Castro), así como a outros profesionais que visitaron o noso centro, como a Elisangela Silfa, moza da República Dominicana voluntaria na ONG Solidariedade Internacional Galicia que impartiu un obradoiro de Comercio Xusto e Consumo Responsable. Agradecemos a Sergio Pascual e Lucía Abarrategui a súa implicación nas actividades no noso centro e o magnífico traballo que están a facer a través do Laboratorio Radiofónico "Radio Itinerante Creativa".