09/02/13

El Quijote Interactivo


“El Quijote  Interactivo” é un proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición de obra cume de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional de España. Grazas a esta iniciativa é posible gozar do Quijote coma se tiveses o libro nas túas mans, á vez que se pode acceder a contidos  multimedia que axudan a contextualizar a obra.
Partiuse da dixitalización a moi  alta calidade dos exemplares que conserva a BNE da primeira edición do Quijote: a de Madrid de 1605 e a de Madrid de 1615; ao redor desta  nova dixitalización construíron un portal interactivo ao que se incorporaron mapas, ilustracións, gravados e outros contidos procedentes de 43 edicións distintas do Quijote e doutras  21 obras máis, todas pertencentes á BNE. 

"BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL"



A Biblioteca Digital Mundial, BDM (en inglés World Digital Library, WDL), é unha biblioteca dixital internacional creada pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO. A Biblioteca Digital Mundial foi inaugurada o 21 de abril de 2009 na sede da UNESCO de París. Permite ao internauta orientar a súa procura por épocas, zonas xeográficas, tipo de documento e institución. O sistema propón as explicacións en sete idiomas (árabe, chinés, inglés, francés, ruso, español e portugués). Os documentos, pola súa banda, foron escaneados na súa lingua orixinal. Cun simple clic, pódense pasar as páxinas dun libro, achegar ou afastar os textos e movelos en todos os sentidos. Entre as xoias que contén polo momento a BDM está a Declaración de Independencia de Estados Unidos, así como as Constitucións de numerosos países; un texto xaponés do século XVI considerado a primeira impresión da historia; a Biblia de Gutemberg e unhas pinturas rupestres africanas que datan de 8000 A .C.. Os seus responsables afirman que a BDM está sobre todo destinada a investigadores, mestres e alumnos. Pero a importancia que reviste este sitio vai moito máis alá da incitación ao estudo ás novas xeracións que viven nun mundo audiovisual. Este proxecto tampouco é un simple compendio de historia en liña : é a posibilidade de acceder, íntimamente e sen límite de tempo , ao exemplar invalorable, inabordable, único, que cada cal algunha vez soñou coñecer.

01/02/13

Xa está aquí O PREGUNTÓN!!!

Comeza o mes de Febreiro e unha nova edición do noso concurso  O Preguntón. Nesta 2ª edición poderá participar tamén o alumnado de 5º e 6º de Primaria .Desenvolverase ao longo de 7 semanas.Non esquenzades botar as vosas respostas na furna que teremos na Biblioteca.Nesta 1ª semana o prazo vai ata o día 8 de Febreiro.Aquí están as preguntas:


10/12/12

MICRORRELATOS MARQUESIÑA

Dende o departamento de Galego achégannos estes microrrelatos:
Un comezo, cen palabras e a túa imaxinación. Estes son os ingredientes dun microrrelato. Con eles poderás cociñar unha historia doce, amarga ou ácida: ti elixes o sabor. Ánimo e bo proveito!


26/11/12

KAMSIHIBAI EN CLAVE DE SOL

O día 26 de novembro ás 3:30 horas da tarde tivemos na Biblioteca Castelao a actividade de teatro xaponés "kamsihibai en clave de sol". Kamishibai quere decir“teatro de papel” e dende hai séculos é unha forma moi popular de contar contos en Xapón.
Unhas láminas e un teatriño de madeira, plegable e portable, foi o marco esencial e indispensable que contribuiu a crear unha atmósfera máxica que fascinou a audiencia, alumnado de Infantil e de 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria, conseguindo un efecto máxico e de concentración arredor da narración do conto.


25/11/12

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO



        Neste ano 2.012  cumpriuse o centenario do  nacemento de Celso Emilio Ferreiro, un dos nosos grandes poetas, persoa comprometida coa súa terra e co seu tempo e máximo expoñente da poesía social.


Monólogo do vello traballador. Celso Emilio Ferreiro

Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero.

Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra en Obra completa, I (Madrid: Akal editor)

Para ver, saber e utilizar máis:

01/11/12




O Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao, organiza un concurso de portadas para libros.

BASES:

1.          Dirixido a : Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual con un máximo de 3 exemplares

2.         Tema:  O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.
Nesta portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e ademais a decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías, distintas tipos de letra, etc.
O libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio, tratado, … . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo sexa o idioma no que se leu o libro.

3.           Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas sinaladas.

4.         Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc.  Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.

5.          Soporte: En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina, cartón, táboa, lenzo ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador. 
                                                          
6.         Data e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o venres 3 de maio de 2.013. Os traballos entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.

7.         Premios: Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 9 ao 17 de maio). Outorgaranse varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os traballos participantes serán expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.

8.        Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.