24/02/12

Inventario Ilustrado de Animais


Este delicado catálogo, con fermosas láminas naturalistas pintadas a acuarela, achéganos 100 das especies máis comúns do noso planeta clasificadas en diferentes zonas xeográficas: bosques tropicais, zonas desérticas, sabanas, montañas e bosques temperados, rexións polares, océanos, costas e ribeiras e zonas habitadas e granxas. Un delicioso xeito de estudar a fauna máis próxima e tamén a máis exótica.


Reseña:
http://www.faktoriakdelibros.com/pdf/Inventario%20ilustrado%20de%20animais%20G.pdf

17/02/12

A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE AMOR...



O pasado martes 14 de febreiro de 2012 todo o alumnado de educación secundaria e de PCPI reuniuse na biblioteca escolar para conmemorar o día do amor, San Valentín. Houbo premios para os alumnos e alumnas gañadores do concurso de declaracións de amor: Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º ESO), Bibiana Blanco (2º de ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO). Recibiron un diploma e un pequeno regalo de mans de Miriam, a directora, e este pequeno acto estivo regado polos aplausos de todos os compañeiros/as. Pero houbo sorpresas para todos: as cartas de amor e flores personalizadas.

16/02/12

XA ESTÁ AQUI O ENTROIDO


Como pasa o tempo,parece que foi onte cando estabamos a comer turrón e xa vedes...o Entroido xa está aquí. Trocamos os doces de nadal polas filloas, as orellas, o lacón con grelos de Monfero...

Se queredes saber mais sobre o Entroido aqui vos deixamos unha serie de enlaces nos que podedes atopar toda a información que precisedes así coma xogos interactivos cazas do tesouro, léxicos, receitarios,manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.

Podedes premer enriba das imaxes para entrar neles.



14/02/12

XOGANDO E APRENDENDO CO PREGUNTÓN


Pedro García, profe de mates e encargado da biblioteca, revista as respostas dos participantes


Os concursantes consultan as preguntas


Os rapaces e rapazas dos grupos apuntados ao concurso "O Preguntón" reúnense diante do panel situado na entrada da biblioteca... quen sabe as respostas? Ánimo, e mostrade todos os vosos coñecementos e habilidades como investigadores...

13/02/12

Concurso O PREGUNTÓN 2ª SEMANA


Aquí están as preguntas da 2ª semana de O PREGUNTÓN. Xunto con elas tedes as respostas as preguntas formuladas a semana pasada. Lembrade botar as respostas na furna antes de que acabe a semana. Boa sorte!!!
Unha vez rematada a 1ª semana do concurso iremos poñendo no taboleiro da biblioteca as puntuacións dos equipos que participan, en total 16 equipos!!!

06/02/12

Concurso O PREGUNTÓN 1ª SEMANA



Hoxe da comezo o concurso O PREGUNTÓN e semanalmente iremos poñendo no blogue tanto as preguntas de cada semana como as respostas da semana anterior.Aquí vos deixo as preguntas correspondentes a 1ª semana.As respostas tedes que facelas nas follas habilitadas na Biblioteca para concursar e botalas na furna.Tedes de plazo toda esta semana.

Durante esta semana aínda estades a tempo de inscribiros. Animádevos!!!!

05/02/12

Concurso O PREGUNTÓN


Está a piques de comezar O PREGUNTÓN,o novo concurso de preguntas e respostas para o alumnado de E.S.O. que se pon en marcha dende a Biblioteca Castelao. Cada luns dende o día 6 de febreiro e durante 10 semanas iremos expoñendo tanto no taboleiro que temos na entrada da Biblioteca como no blogue da Biblioteca as preguntas e respostas de cada unha das tandas de preguntas.

Animádevos a participar!!!! Durante a primeira semana de xogo aínda podedes inscribiros.

01/02/12

CONTOS MUSICADOS DE KALANDRAKA

O pasado luns 30 de xaneiro os nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria cantaron e bateron palmas ao ritmo do acordeón e a pandeireta, participando das fabulosas historias da editorial Kalandraka, narradas e cantadas por Patricia González e Álex Fende. Un ano mais os pequenos deixaron voar a súa imaxinación...