04/11/25

Radio polo Samaín (6º de EI)

 Os "exploradores de Monfero" de 6º de EI, convertéronse en auténticos locutores de radio! Nesta ocasión gravaron un podcast sobre adiviñas e refráns típicos do Samaín, traballando non só a comprensión e a lectura, senón tamén a ecxpresión oral, a escoita activa e o respecto polas quedas da fala. 

Ademais aprenderon a seguir un pequeno guión, a falar diante dun micrófono e a colaborar en equipo, desenvolvendo así habilidades comunicativas e creativas moi importantes. 

Foi unha experiencia chea de risas, aprendizaxe e moita ilusión. 

Primeira reunión do club de lectura de adultas

 Este venres día 7 de novembro ás 15:30 horas temos unha cita na biblioteca, comezará a andar o club de lectura de adultas. Elexiremos libro, poñeremos data para a seguinte quedada e algunha sorpresiña máis! 







26/10/25

Actividades polo Samaín nos recreos

 Nos recreos de EP e coa axuda dos colaboradores durante esta semana vide á nosa biblio a escoitar o conto de "Unha pantasma con asma" e facer o seguinte experimento de pantasmas voadoras!

Actividade recreos Samaín de bibliotecacpivirxedacela

24/10/25

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas

 Polo Día das Bibliotecas entregamos premios aos máis lectores de EP e ESO e dende o Dto. de Lingua e Literatura Galega, Laura, achéganos este vídeo sobre as bibliotecas máis emblemáticas do mundo. 


Feliz día a todas as persoas usuarias! 

23/10/25

Obradoiro de accesibilidade e produtos de apoio con Euroeume

 A través da Asociación Euroeume o alumnado de 3º e 4º de EP estivo elaborando produtos de apoio para axudar ás persoas con diversidade fncional a que a súa vida sexa máis fácil. O tema sobre o que xirou o obradoiro foi a roupa e velaquí están algúns dos seus deseños e prototipados para axudar a abotoarse de maneira máis sinxela, poñer os zapatos, os calcetíns, a chaqueta... Contribuímos a un mundo máis xusto e con menos barreiras. 










Programa Prensa-Escuela

 Alumnado de 3º Educación Dixital traballando na biblioteca escolar co xornal La Voz de Galicia, utilizando os exemplares en papel que reciben pola nosa participación no programa Prensa-Escuela. O xornal convírtese nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe, axudando ao alumnado a desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa. Desde a biblioteca escolar e a materia Educación Dixital queremos apostar pola Alfabetización Mediática e Informacional(AMI), un conxunto de habilidades que permiten ás persoas acceder, analizar, avaliar, crear e utilizar información de maneira crítica e responsable. A prensa xoga un papel crucial como medio de difusión e como suxeito de análise neste proceso, axudando aos cidadáns a discernir noticias veraces de desinformación e a participar activamente na sociedade. Precisamente o 24 de outubro comemoramos o Día das Bibliotecas Escolares baixo o lema "Contra a Desinformación: Bibliotecas".






14/10/25

Actividade de Samaín desde a biblioteca

 Polo Samaín, e dentro dun programa máis amplo de actividades, a biblioteca encherase de casas encantadas e lecturas! Sabedes que unha das casas encantadas máis coñecidas da literatura está moi cerca do noso Concello? En Doroña (Vilarmaior)  Agustín Fernández Paz atopou a inspiración para escribir unha das súas obras máis lidas: "Cartas de inverno".  Animádevos a participar e encher de edificios misteriosos de cartón a nosa biblio. Pola tarde, coas familias, de 16:30 a 17:30 aproximadamente, poderedes vir a visitar a exposición e ler a escuras. Traede as vosas lanternas por se acaso, nós temos algunhas pero oxalá non nos cheguen! 

Samaín 2025 de bibliotecacpivirxedacela