17/12/24

Naceu o novo club de lectura para 5º e 6º de EP: Mundo de letras!

Hoxe tivemos a primeira reunión do novo club de lectura do noso centro para EP. Somos 20 alumnos/as de 5º e 6º de EP divididos en dous grupos de 10 que nos reuniremos os martes unha vez ao mes no recreo do comedor. Para comezar estivemos falando do que era un club de lectura e que actividades podería haber,  despois puxémoslle nome: mundo de letras. Esta decisión foinos difícil de tomar porque a outra opción: unha nova dimensión, so perdeu por un voto! 

Nesta sesión tamén entregamos as nosas lecturas que este curso se van a basear no teatro xa que é o tema das Bibliotecas Escolares: a escea! 

- As terapias da doutora Ledicia de Raquel Castro. Editorial Galaxia. 

- Wombo Combo de Paula Carballeira editado en Xerais (prestados polo club de lectura "Faragullas de papel" do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral).

Para rematar, fixemos as nosas chapas identificativas, a verdade foi que nos marchou o tempo sen darnos conta!






15/12/24

Recomendacións lectoras de Nadal

Radio na biblio co alumnado de 2º de EP

 O alumnado de 2º e EP, coa colaboración das familias que axudaron a recoller as adiviñas; Álvaro, o mestre de práctcas; Verónica profe de música da ESO e o alumnado de 2º da ESO, gravaron estes programas de radio. Afinade os oídos e a ver se sodes quen de dar coas solucións!






12/12/24

OBRADOIROS DE FLOCOS DE NEVE PARA EP

 O noso alumnado de 5º e 6º de EP ofreceuse a colaborar para levar a cabo uns obradoiros de flocos de neve con papiroflexia nos recreos da semana que vén baseándose no libro "Un copo de nieve en el bolsillo". Ademais fixeron este cartel para publicitalo así que xa sabedes, animádevos a participar!


11/12/24

OBRADOIRO DE ADORNOS DE NADAL (ESO)


                                         🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟



Achégase o Nadal e desde a biblioteca organizamos un obradoiro de adornos co obxectivo de desenvolver a creatividade do noso alumnado, crear espazos inclusivos e ofrecer alternativas ao tempo de lecer. Asemade, facemos visíbeis os fondos da biblioteca para a consulta de toda a comunidade educativa.











02/12/24

BECHOPOEMAS

O alumnado de 5º de EI, os "Exploradores de Monfero" utilizaron o libro "Bechopoemas e outras bestas" de Leire Bilbao. Leron o poema "Ollos de peixe" e traballaron a partir del a conciencia fonolóxica facendo un achegamento á escritura procurando palabras que comezan co son /s/. Pasárono moi ben e proximamente poderedes ver as súas escenografías artísticas tamén inspiradas nesta obra: estamos impacientes! 




ACOMPAÑAMENTOS LECTORES 5º EI E 5º EP

 Canto nos gustan estas imaxes que nos pasan dos acompañamentos lectores... Neste caso acompañan na lectura aos nenos de 5º de EI os maiores de 5º de EP. 







27/11/24

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CASTELAO: UN ESPAZO PERFECTO PARA MERGULLARSE NO MUNDO DOS CONTOS


Hoxe queremos compartir con vós unha marabillosa actividade que levamos a cabo os alumnos de 3º de ESO para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia. Foi un día cheo de aprendizaxe, diversión e, sobre todo, moita creatividade.

A cita tivo lugar na biblioteca, un espazo perfecto para mergullarse no mundo dos contos.  Preparámonos con entusiasmo para contar unha historia que resaltaba a importancia dos dereitos dos nenos e as nenas. Os pequenos de primaria mostráronse moi atentos e gozaron cada momento, escoitando con curiosidade e asombro. Ver as súas caras iluminadas foi realmente gratificante!

Para facer a experiencia aínda máis interactiva, ao finalizar a narración, organizamos un divertido xogo de pasapalabra relacionado co conto. Os nenos e nenas participaron con moito entusiasmo, rindo e aprendendo ao mesmo tempo. Foi unha excelente maneira de reforzar o que escoitaran e de fomentar o traballo en equipo.

Como broche de ouro, cada pequeno de primaria recibiu un bonito marcapáxinas, deseñado e elaborado polo alumnado de ESO. Este xesto non só foi un recordo tanxible da actividade, senón tamén un símbolo do compromiso coa promoción dos dereitos dos nenos e as nenas.

En resumo, foi unha xornada inesquecible que non só fomentou a lectura e a creatividade, senón que tamén fortaleceu os lazos entre os diferentes niveis educativos da nosa escola. Esperamos repetir esta experiencia no futuro!

Ata a próxima!



Na Procura Dun Mundo Marabi... by yolick20003194