27/09/24

Que lecturas perduran no tempo?

A primeira actividade deste curso escolar foi crear o noso horario con espazo para notas, avisos ou reseñas de lecturas. Un traballo no que deixar voar a imaxinación e as nosas habilidades creativas para dar vida a espazos e personaxes das nosas lecturas favoritas.

 De 1º a 6º os creamos con moita ilusión para o espazo de estudo das nosas casas. 


                                             Imaxes autoeditadas con creacións do alumnado.

13/09/24

Cantando con Pinocho

Contacontos con música en directo de acordeón e piano en colaboración co concello de Monfero. 

O Fada de Cabelos Turquesa e Cogombro, amigos de Pinocho, contaron o conto de Pinocho ao alumnado da Ed. Infantil e do 1º ciclo da Ed. Primaria. Nel  se intercalaron  , efectos sonoros e música en directo con cancións orixinais compostas para a ocasión que falan sobre o amor, alimentos, a liberdade, a dignidade, nanas…..


Cristian Leggiero-Cogombro: piano, acordeón, efectos sonoros e compositor da música das cancións

Paty Lesta- Fada de Cabelos Turquesa : cantante , narradora e compositora das letras das cancións.


06/06/24

OBRADOIRO COMO LER O XORNAL?

Aula Ferraganchos. Mércores 5 de xuño de 2024. Campaña de animación á lectura. Alumnado de 2º da ESO da materia Proxecto Competencial imparten un interesante obradoiro de como ler a o xornal ao alumnado de 2º de EP. Unha actividade de animación á lectura e de carácter interxeneracional, onde os alumnos máis maiores exercen o seu papel de transmisores de saberes. Despois da exposición e análise das diferentes seccións do xornal, abriuse un interesante faladoiro sobre hábitos de lectura de prensa da súa familia nos seus fogares, usos didácticos da prensa nas aulas, incluso saíron moitísimas ideas de uso lúdico do xornal para facer xogos manipulativos e manualidades.  Os maiores destacaron a importancia do uso da prensa en algunhas das materias que cursan este ano, e recalcaron que grazas á lectura da prensa e á re-elaboración de novas, apreciaron unha mellora na súa escrita e na súa ortografía.

Destacamos o enorme éxito da sección La Voz de la Escuela entre os nenos e nenas de EP, con tanto colorido, xogos e pasatempos.  Cada un dos alumnos/as de 2º EP levou para a súa casa un xornal de A Voz de Galicia, e tras o éxito da iniciativa, contemplamos a idea de realizar novamente estes obradoiros con certa periodicidade para o vindeiro curso académico.









CONSELLO DA INFANCIA

Mércores 5 xuño 2024