Fermoso acto oficial de apadriñamento lectores dos nenos e nenas de educación infanti, que, acompañados polas súas mestras, acudiron á biblioteca escolar o pasado venres 26 de xaneiro 2024 ás 12:00. O alumnado de 4º EP realizaron un acto simbólico, cantando e recitando unha cantiga baseada en onomatopeias, e representando os animais a través de caretas. Despois desta canción os nenos e nenas de 4º EI comezaron a coñecer aos seus padriños e padriñas, un paso que seguirá levándose a cabo durante toda a vindeira semana. Esperamos poder velos próximamente a todos e todas gozando de lecturas compartidas, unha das accións claves do voluntariado de primaria na biblioteca.
26/01/24
ENTROIDO 2024
Co gallo da celebración do Entroido o departamento de artes plásticas en colaboración ca biblioteca realizou unha exposición de carautas na entrada á mesma.
23/01/24
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA
Outro xeito de dárlle vida á nosa Biblioteca é a través do voluntariado do noso alumnado. Estes estánse a converter nos futuros bibliotecarios!
Na primeira sesión de voluntariado, traballamos a revisión do etiquedado da sección infantil. Aprenderon que todos os libros deben de ter un código de barras para que facilite á súa identificación e estiveron revisando que todos aqueles libros que pasaran polas nosas mans os tiveran. Ademais, aprenderon a devolver e a emprestar libros.
22/01/24
A LIX FRONTE AOS NOVOS FORMATOS DE LECTURA
A asociación GÁLIX organiza as xornadas "Desfacendo a raia XII", A LIX fronte aos novos formatos de lectura. Contarase coa presenza de profesionais do mundo do libro, da ilustración, da crítica literaria e da edición, como Manuel Bragado, Cristina Rubal, Luz Beloso, Víctor Rivas, Tensi Gesteira ou Isabel Mociño.
Biblioteca dixital da RAE
A RAE acaba de estrear a súa biblioteca dixital. O premio a moitas horas de traballo de dixitalización dos seus exemplares.
Nesta biblioteca teremos acceso a preto de 5000 obras que poderemos consultar a través de Internet: dende literatura, pasando por ciencias, filosofía, relixión, artes, etc.
Dentro da literatura, ademais da primeira parte de El Quijote ou un bo número das obras de Lope de Vega, tamén podemos atopar "A las orillas del Sar", (1884) poemario en castelán da nosa universal Rosalía.
Vídeo explicativo do traballo de dixitalización previo para sacar
adiante o proxecto de biblioteca dixital da RAE.
20/12/23
Radio escolar: Mergulla desde a clase
Este curso o alumnado do 3º curso da Ed. Primaria
dentro do programa de Radio escolar está a investigar sobre o mar, centrando
a súa atención sobre as especies mariñas de Galicia e sobre os efectos
que nelas teñen a degradación medioambiental. Dentro deste proceso de
investigación contaron cun obradoiro da Cooperativa 13 grados (Sara Carrasco e Silvia Iglesias) cuxa
finalidade e divulgar e sensibilizar sobre a importancia de coidar o medio mariño,
centrándose en Galicia.
Así, mergullámonos desde o cole no mundo mariño a través
dunha experiencia inmersiva empregando a realidade virtual. Toda unha
experiencia sensitiva de aprendizaxe.
Imaxes recollidas durante a actividade.
19/12/23
TEEN SIDE: FOMENTANDO A LECTURA ENTRE A MOCIDADE
A Biblioteca Casteao e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Virxe da Cela apoian esta nova iniciativa de fomento da lectura para os adolescentes/as: a nova revista Teen Side, elaborada polo alumnado que cursa a optativa Proxecto Competencial en 3º da ESO, dirixida a un público mozo. Xa que todos/as temos os nosos gustos e preferencias, nesta revista o alumnado da ESO poderá descubrir interesantes contidos sobre música, moda, festas, e tamén recomendacións de lectura.
TEEN SIDE 1 by veracruces on Scribd
18/12/23
XA É NADAL NA BIBLIOTECA DO XESTAL!!
Un ano máis chega o Nadal ao Xestal. Na Biblioteca Castelao quixemos tamén decorar un pequeno recuncho para convidarvos a este ambiente tan entrañable. Se mirades ben nas polas da árbore poderedes descubrir uns pequenos libros en miniatura. Non deixedes de visitar a nosa biblioteca e levar unha pila de libros en empréstito para gozar da lectura nas vacacións.

