Un ano máis a Biblioteca Castelao quere contribuír á celebración do Samaín. A vindeira semana poderedes visitar a nosa biblioteca cunha arrepiante selección de contos e historias terroríficas e unha decoración acorde á temática abordada!
20/10/23
06/10/23
UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
03/10/23
A LECTURA É A FÁBRICA DA IMAXINACIÓN
O Biblioteca Castelao do CPI Virxe da Cela da a benvida a este novo curso académico 2023-2024, lanzando este lema evocador: "A lectura é a fábrica da imaxinación". Esperamos que a través da lectura podades mergullarvos en mil aventuras e adquirir numerosos aprendizaxes.
19/09/23
20/06/23
ROTEIRO LITERARIO POR BETANZOS BUSCANDO A VIRTUDES (E MISTERIOS)
Virtudes (e Misterios), novela escrita por Xesús Fraga e un das lecturas seleccionadas polo Club de Lecturas Larpacontos neste curso académico 2022-2023, foi o punto de partida para iniciar un roteiro literario por Betanzos da man e explicacións do propio autor e que finalizou cunha amena charla-coloquio na Libraría Biblos. Un pequeno pero selecto grupo de alumnado (integrantes do Club de Lectura da ESO e varios alumnos/as de 3º da ESO), acompañados pola coordinadora do Club de Lectura e a profesora de Lingua Castelá, participaron nesta interesantísima actividade que se levou a cabo o pasado luns 19 de xuño de 2023.
07/06/23
Formacións do equipo de Biblioteca Escolar
Este curso o equipo da Biblioteca tiña moitas inquedanzas sobre diferentes temas que nos permitisen mellorar na dinamización da mesma.
Por unha banda, quixemos especializarnos no uso do KOHA (o programa de xestión dos fondos da Biblioteca escolar), aprendendo non só a catalogar libros ou revistas, senón outros recursos coma os diferentes xogos de mesa que forman parte de Ferraganchos.
Por outra banda, quixemos afondar no xeito de contar contos, polo que da man de Sabela Gago descubrimos como contar, dramatizar e enganchar ao alumnado no momento de contar. Ademais ensinounos outras ferramentas que lles permitirán ser creadores das súas propias historias.
Para rematar, da man de Aurora (experta en gamificación e dinamización de xogos) aprendemos a empregar e descfutar os nosos xogos: distinguimos que existe a gamificación, a aprendizaxe baseada en xogos e os serius games. Ademais, clasificamos o fondo de xogos co que contamos en Ferraganchos entre xogos narrativos, xogos de lóxica-matemática e xogos para desfrutar.
Estas foron as nosas aprendizaxes para o presente curso, que sen dúbida foron a semente para a creación de diferentes dinámicas que enriqueceron a dinamización da biblioteca como, por exemplo, foi o Clube de Xogos de mesa.
05/06/23
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Este ano retomouse a actividade do clube de lectura de primaria, que se enmarcaba dentro do “voluntariado de biblioteca”. Participan ao completo as dúas aulas do terceiro ciclo de primaria, 5º con 15 alumnos, e 6º con doce.
A actividade principal que estes estudiantes desenvolveron foi o “apadriñamento lector” cos seus compañeiros de Educación Infantil. Realizouse en principio unha especie de sorteo do alumnado de infantil entre os nenos e nenas de quinto e sexto evitanto que nos equipos resultantes estiveran irmáns co fin de evitar que os máis pequenos “manipularan” aos seus irmáns.
Cada estudiante de 5º/6º acudía ao patio de infantil co fin de acompañar ao seu afillado/a á biblioteca para ler un co nto ou ben para xogar coa tablet. Hai que dicir que se algún neno/a de infantil determinado día non quería asistir, non se lle insistía. Todo o alumnado de infantil participou na actividade excepto unha nena que se incorporou ao centro a finais do segundo trimestre e as veces que se lle propuxo a actividade sempre a rexeitou (lóxico ao estarse aínda aclimatando á nova escola)
As quendas de lectura tiñan uha periocidade aproximada de semana e media.
04/06/23
ESTABLECENDO COLABORACIÓNS CON OUTROS CLUBES DE LECTURA
O sábado 3 de xuño de 2023 a coordinadora do Club de Lectura Larpacontos participou nunha xornada literaria celebrada en Betanzos e organizada por varios clubs de lectura da zona. Consistiu nunha ruta literaria guiada polo escritor Xesús Fraga visitando os lugares da súa novela Virtudes (e Misterios), comezando no Lavadoiro Municipal, e rematando cunha charla-coloquio nun espazo con moito encanto, o cine Alfonsetti de Betanzos. Tamén participou e enriqueceu a ruta o bibliotecario e archivero municipal de Betanzos, Ángel Arcay Barral, aportando curiosa información histórica dos espazos visitados, así como da vida e obra dos Irmáns García Naveira, benefactores de Betanzos e responsables da construción de diferentes edificios visitados.



