20/06/23

ROTEIRO LITERARIO POR BETANZOS BUSCANDO A VIRTUDES (E MISTERIOS)

Virtudes (e Misterios), novela escrita por Xesús Fraga e un das lecturas seleccionadas polo Club de Lecturas Larpacontos neste curso académico 2022-2023, foi o punto de partida para iniciar un roteiro literario por Betanzos da man e explicacións do propio autor e que finalizou cunha amena charla-coloquio na Libraría Biblos. Un pequeno pero selecto grupo de alumnado (integrantes do Club de Lectura da ESO e varios alumnos/as de 3º da ESO), acompañados pola coordinadora do Club de Lectura e a profesora de Lingua Castelá, participaron nesta interesantísima actividade que se levou a cabo o pasado luns 19 de xuño de 2023.






07/06/23

Formacións do equipo de Biblioteca Escolar

 Este curso o equipo da Biblioteca tiña moitas inquedanzas sobre diferentes temas que nos permitisen mellorar na dinamización da mesma. 

Por unha banda, quixemos especializarnos no uso do KOHA (o programa de xestión dos fondos da Biblioteca escolar), aprendendo non só a catalogar libros ou revistas, senón outros recursos coma os diferentes xogos de mesa que forman parte de Ferraganchos.


Por outra banda, quixemos afondar no xeito de contar contos, polo que da man de Sabela Gago descubrimos como contar, dramatizar e enganchar ao alumnado no momento de contar. Ademais ensinounos outras ferramentas que lles permitirán ser creadores das súas propias historias.


Para rematar, da man de Aurora (experta en gamificación e dinamización de xogos) aprendemos a empregar e descfutar os nosos xogos: distinguimos que existe a gamificación, a aprendizaxe baseada en xogos e os serius games. Ademais, clasificamos o fondo de xogos co que contamos en Ferraganchos entre xogos narrativos, xogos de lóxica-matemática e xogos para desfrutar.


Estas foron as nosas aprendizaxes para o presente curso, que sen dúbida foron a semente para a creación de diferentes dinámicas que enriqueceron a dinamización da biblioteca como, por exemplo, foi o Clube de Xogos de mesa.



Conto traballado con Sabela Gago


Mural colaborativo no que se promove a creatividade narrativa

05/06/23

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   Este ano retomouse a actividade do clube de lectura de primaria, que se enmarcaba dentro do “voluntariado de biblioteca”. Participan ao completo as dúas aulas do terceiro ciclo de primaria, 5º con 15 alumnos, e 6º con doce. 

     A actividade principal que estes estudiantes desenvolveron foi o “apadriñamento lector” cos seus compañeiros de Educación Infantil. Realizouse en principio unha especie de sorteo do alumnado de infantil entre os nenos e nenas de quinto e sexto evitanto que nos equipos resultantes estiveran irmáns co fin de evitar que os máis pequenos “manipularan” aos seus irmáns.

     Cada estudiante de 5º/6º acudía ao patio de infantil co fin de acompañar ao seu afillado/a á biblioteca para ler un co nto ou ben para xogar coa tablet. Hai que dicir que se algún neno/a de infantil determinado día non quería asistir, non se lle insistía. Todo o alumnado de infantil participou na actividade excepto unha nena que se incorporou ao centro a finais do segundo trimestre e as veces que se lle propuxo a actividade sempre a rexeitou (lóxico ao estarse aínda aclimatando á nova escola)

     As quendas de lectura tiñan uha periocidade aproximada de semana e media.








04/06/23

ESTABLECENDO COLABORACIÓNS CON OUTROS CLUBES DE LECTURA

 O sábado 3 de xuño de 2023 a coordinadora do Club de Lectura Larpacontos participou nunha xornada literaria celebrada en Betanzos e organizada por varios clubs de lectura da zona. Consistiu nunha ruta literaria guiada polo escritor Xesús Fraga visitando os lugares da súa novela Virtudes (e Misterios), comezando no Lavadoiro Municipal, e rematando cunha charla-coloquio nun espazo con moito encanto, o cine Alfonsetti de Betanzos. Tamén participou e enriqueceu a ruta o bibliotecario e archivero municipal de Betanzos, Ángel Arcay Barral, aportando curiosa información histórica dos espazos visitados, así como da vida e obra dos Irmáns García Naveira, benefactores de Betanzos e responsables da construción de diferentes edificios visitados. 











30/05/23

LIBROS PARA A XESTIÓN EMOCIONAL

 A psicóloga Helena García Álvarez, que estivo no noso centro durante o 2º e 3º trimestre deste curso 2022-2023 impartindo obradoiros sobre a xestión emocional ao alumnado de educación infantil, quere compartir os títulos dos libros traballados. Esta actividade forma parte do convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción.

Vaya rabieta (Mirielle d'Allancé) 


El buhito bu (Paul Friester)


Félix, el coleccionista de miedos (Fina Casalderrey) 


El pez arcoiris (Marcus Pfister) 


Siembra un beso (Amy Krouse)

24/05/23

PRENSA ESCUELA NA BIBLIOTECA CASTELAO

 Todos os mércores chega a prensa ao CPI Virxe da Cela, xa que algúns docentes están inscritos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia. Alumnado de 2º da ESO nas materias de Valores Éticos e Relixión utilizan a prensa na biblioteca escolar.  A través do xornal os mozos e mozas desenvolven un sentido crítico que lles axudará a formarse nunha sociedade plural e democrática. Esta actividade tamén contribúe a acadar os obxectivos establecidos para o Plan Lector do Centro. O departamento de Lingua Castelá está tamén inscrito no programa, e organiza os mércores o reparto de períodicos entre todo o alumnado da ESO, para que en todas as clases podan ter suficientes exemplares para poder traballar con este elemento na materia. 










22/05/23

EXPOSICIÓN DE RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS NA BIBLIOTECA CASTELAO

 Na xornada do luns 22 de maio de 2023 a Biblioteca Castelao alberga unha exposición de recursos bibliográficos e outros materiais  de interese para os diferentes niveis dentro dos recursos da Biblioteca do centro.