16/03/22

SEMANA DA PRENSA

 Do 7 ao 11 de3 marzo de 2022 celebramos a Semana da Prensa. O alumnado de educación primaria elaborou un completo e minucioso panel expositivo que ilustra a prensa escrita (reparto por curso das diferentes seccións dun xornal). Estará situado na Biblioteca Castelao. 















09/03/22

EXPOSICIÓN 8M (DÍA INTERNACIONAL DA MULLER) NA BIBLIOTECA CASTELAO

 O 8 de Marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, e a Biblioteca Castelao programou unha exposición de fondos bibliográficos relacionados con esta temática. 




16/02/22

DÍA DE ROSALÍA 2022


 O noso centro prepárase ao longo desta e a seguinte semana para render homenaxe á figura de Rosalía de Castro, poeta central e universal dentro da identidade galega.

Ata o de agora, a efeméride celebrábase o 24 de febreiro, día no que constaba o bautismo da autora de Follas Novas, mais a aparición de nova documentación permitíu certificar a data real de nacemento de Rosalía xusto no día anterior.

A SXPL ( Secretaría Xeral de Política Lingüística) achéganos unha unidade didáctica sobre Rosalía de Castro para traballar co alumnado de educación secundaria. Ademais, podedes atopar outros recursos relacionados con esta celebración no Portal da lingua galega:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_de_Rosalia/


A continuación deixamos varios documentos con recursos audiovisuais que poden servirvos para traballar a figura de Rosalía nas vosas aulas.

Nena Rosalia Videos Rosalia PROxeccion Ruas Centros de Ensino Diversos Publicos by Yolanda Castro López on Scribd

Videos Rosalia PROxeccion R... by Yolanda Castro López

11/02/22

EXPOSICIÓN MULLERES NA CIENCIA

 A Biblioteca Castelao acolle desde hoxe, venres 11 de febreiro, en conmemoración ao "Día da Muller e a Nena na Ciencia" un espacio expositivo onde podedes atopar fondos bibliográficos sobre mulleres vinculadas ao mundo da ciencia. 






06/02/22

ESPECIAL RADIOFÓNICO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

  O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira". 

    Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento,  saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.

      Así, Núñez Feijóo destacou a importancia e a impronta do mundo rural,  destacando que “o rural é unha escola por si mesmo, unha escola de aprendizaxe permanente“ por e para a vida. Ademais destacou que nel se conxugan os valores e a cultura do esforzo e da superación. 

    Tamén deu o seu respaldo á escola rural, ao entender que a mesma esta apegada ao medio, ofrecendo múltiples posibilidades de futuro ao seu alumnado, sendo unha escola pública cercana, emocional e de calidade.

02/02/22

DIPLOMA DA REAL ACADEMIA GALEGA "PRIMAVERA DAS LETRAS"

 A Real Academia Galega, a través da súa iniciativa "Primavera das Letras" entrégalle o presente diploma ao CPI Virxe da Cela (Monfero) en recoñecemento do seu destacado traballo en prol do recordo e divulgación da vida e obra de Xelia Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021



DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2022

Videoclip realizado no CPIP Virxe da Cela para conmemorar o Día Escolar da Paz 2022
Somos una marea de gente, siempre diferente, remando al mismo compás... Esta é a mensaxe que o cantante Macaco lanza na súa canción "Mensajes del agua". Pois ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas do CPIP Virxe da Cela (Monfero) quixeron celebrar o Día da Paz de da Non Violencia 2022, xa que respectando as diferenzas é valorar a súa riqueza é un paso moi importante para eliminar a violencia.