Mujeres Científicas 2022 Alegría Educativa GALEGO by veracruces on Scribd
10/02/22
06/02/22
ESPECIAL RADIOFÓNICO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira".
Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento, saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.
02/02/22
DIPLOMA DA REAL ACADEMIA GALEGA "PRIMAVERA DAS LETRAS"
A Real Academia Galega, a través da súa iniciativa "Primavera das Letras" entrégalle o presente diploma ao CPI Virxe da Cela (Monfero) en recoñecemento do seu destacado traballo en prol do recordo e divulgación da vida e obra de Xelia Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2022
19/01/22
CURTAMETRAXES PARA CAMBIAR O MUNDO
Somos o alumnado de 5º e 6º da educación primaria e presentamos algo moi especial: a creación audiovisual para desenvolver as nosas competencias e para cuestionar problemáticas da nosa sociedade. O facemos coa intención de promover a convivencia e a igualdade. Así, que aquí están: “O colexio imposible” e “O que o fútbol uniu”, dúas curtas feitas con moitísima ilusión e que non serian posibles sen o “superdire: Omar Rabuñal”; grazas por acompañarnos nesta fermosa aventura. Con elas, amosamos dúas situacións escolares que non queremos que se dean nas nosas vidas, pero que por desgraza, acontecen. O facemos co convencemento que a amizade parte da comprensión, da valoración e da empatía cara as demais persoas e cara a propia individualidade. Sigamos o seu exemplo e teñamos tolerancia "0" ante este tipo de condutas.
29/11/21
EXPOSICIÓN SOBRE A INDIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Desde mediados de decembro 2021 ata finais de xaneiro 2022 na biblioteca escolar do CPI Virxe da Cela poderedes visitar a colorida exposición "Proxecto School to School", en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer. Desde hai máis dunha década a nosa escola leva realizando un intercambio cultural coa Konampalli School, unha escola da India. Ano tras ano recibimos un paquete con materiais elaborados polos rapaces e rapazas da India, onde nos amosan a súa realidade e nos explican diversos aspectos do seu día a día: a educación, a familia, a comida, o clima, a relixión, etc. O alumnado de 5º de Educación Primaria, acompañados pola súa mestra de inglés Cristina Cillero, axudaron na montaxe desta exposición.
26/11/21
O CPIP VIRXE DA CELA E O CPI AS MIRANDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo do Día Internacional
contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI As
Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un
vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos
pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación
da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e
as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido
social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores
para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a
convivencia que todas e todos queremos.
25/11/21
EXPOSICIÓN 25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis a Biblioteca Castelao súmase a esta data tan importante, o 25 de Novembro, para sensibilizar á comunidade educativa de importancia de erradicar a violencia de xénero. No corredor de secundaria podedes visitar esta exposición.