Amosamos algunhas das iniciativas que se realizaron no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía (24 febreiro 2021). O alumnado de 5º de EI traballaron o Día de Rosalía a través dun recurso Genially, para dar a coñecer a esta autora potenciando o uso das novas tecnoloxías. Nas materias de Arts and Crafts, o alumnado de EP, axudados polo auxiliar de conversa Johan Palma, indagaron na vida e obra de Rosalía a través da creatividade e da realidade aumentada utilizando dispositivos móbiles (tabletas).
09/03/21
23/02/21
PROPOSTAS DA AELG PARA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
MONFEROSOLIDARIO RECIBE O I PREMIO GALEGO EPDCG (EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL)
Venres 19 febreiro 2021. 13:30 horas. Comisión oficial (cordinadora galega ONGs), representantes políticos dos concellos de Monfero e Irixoa, presidente da ANPA do CPIP Virxe da Cela. Acto ao que asiste o profesorado e alumnado da ESO.
ecoller os parabéns e os premios ao noso esforzo e traballo sempre é grato e motivador. Non é a primeira vez que a nivel institucional se recoñece a labor realizada por todos/as nós nas aulas desta pequena escola do rural. Desde ben pequenos tivemos a oportunidade de recibir diplomas que agora mesmo están pendurados nas paredes do noso centro e que, ao igual que este que hoxe recollemos, van formando parte da nosa historia.
Vir á escola, é aprender, mais non soamente se aprende dos libros, senón das experiencias, das accións e de todos eses momentos que nos aportou, nos aporta e nos aportará este pequeno-gran centro nas nosas vidas e recordos. https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2641481/
04/02/21
MONFEROSOLIDARIO EN RADIO VOZ: PREMIO GALEGO DE EPDCG
02/02/21
O NOSO CENTRO GAÑADOR DO I PREMIO GALEGO EPDCG ( Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global)
Comunican desde o equipo organizador do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global a resolución definitiva. As as candidaturas gañadoras desta primeira edición do Premio son: Categoría A: ‘Aprendendo a convivir’ do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) Categoría B: ‘Monferosolidario: abrindo a escola cara á transformación social desde a EPCGD’ do CPI Virxe da Cela (Monfero) Moitos parabéns! Por outra banda, realizarase a entrega do Premio aos dous centros gañadores, asistindo unha representación do equipo organizador do a ambos colexios. Este acto está previsto para o día 19 de febreiro de 2021 pola mañá. Consistirá na entrega do elemento distintivo e os diplomas, como se establece nas bases.
Resolucion DEFINIITVA Premio Galego ED 2020 by veracruces on Scribd
28/01/21
DÍA ESCOLAR DA DAZ E A NON VIOLENCIA 2021
O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPIP Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.
No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!
26/01/21
DÍA DA ILUSTRACIÓN: LOLITA DÍAZ BALIÑO
Este sábado 3º de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Este ano, dedicado á artista multidisciplinar Lolita Díaz Baliño. Unha muller que abriu camiños enfrontando os desafíos da época que lle tocou vivir. A primeira en ingresar na RAG.
18/01/21
CPIP VIRXE DA CELA: GAÑADOR DO I PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL
"Monferosolidario: abrindo a escola cara a transformación social desde a EPDCG", do CPIP Virxe da Cela (Monfero), é a experiencia gañadora na categoría B do I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global.
A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución provisional da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transfromadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Nesta primeira edición presentáronse 19 candidaturas (7 correspondentes á Categoría A: Educación Infantil e Primaria; e 12 correspondentes á Categoría B: ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas). Un xurado composto por seis persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución provisional do Premio.




















