08/03/20
03/03/20
EXPOSICIÓN #ErrantesPoloMundo_rdc_20
Unha
das actividades realizadas polo alumnado no Día de Rosalía foi a proposta pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Para
expandir o poder da palabra e obra de Rosalía, o alumnado traballou con
fotos da súa propia familia, con debuxos ou imaxes, poñendo nelas versos
de Rosalía que tratan sobre as migracións en todos os seus aspectos (a soidade
de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a
explotación, os conflitos...).
Con todos os traballos realizamos a
exposición #ErrantesPoloMundo_rdc_20.
Aquí deixamos algúns dos traballos.
11/02/20
11 DE FEBRERO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
"Para facer fronte aos inmensos desafíos do século XXI –desde o cambio climático ata os trastornos tecnolóxicos– fainos falta a ciencia e toda a enerxía necesaria e, por iso, o mundo non pode privarse do potencial, a intelixencia e a creatividade dos miles de mulleres que son vítimas de desigualdades ou prexuízos tan arraigados. Neste Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a UNESCO fai un chamamento á comunidade internacional, aos Estados e a cada persoa para que se mobilicen a fin de facer realidade a igualdade, tanto no ámbito das ciencias como noutros campos. A humanidade só pode saír gañando, igual que a ciencia. "
Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,
no Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia 2020
08/02/20
ERRANTES POLO MUNDO. DÍA DE ROSALÍA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
- Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados... que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos...).
- Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”). Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
- Todas as fotos, deseños, gravados... cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter..., tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
- Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram... Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web: https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2020/2/23/dia-de-rosalia-de-castro-2020
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
A VOZ DO XESTAL
Este ano decidiuse crear unha revista escolar encadrada nun proxecto da Biblioteca Castelao en colaboración co Equipo de dinamización da lingua galega do CPI Virxe da Cela.
Un grupo de alumnos e de alumnas convertéronse en pequenos xornalistas preparados para cubrir as novas do centro. Entre as publicacións atoparanse crónicas de excursións, entrevistas, artigos de opinión ou mesmo traballos dos propios rapaces e rapazas.
Este proxecto ten o obxectivo de promover a escritura e a colaboración entre o alumnado facéndoo partícipe dun proxecto global no que por suposto poden participar todas as etapas escolares do colexio.
Para coordinarse e poñerse de acordo nalgúns aspectos como a portada da revista ou o propio nome -A voz do Xestal- o alumnado reúnese cunha das coordinadoras do proxecto unha vez ó mes na biblioteca.
Laura Ferro. Coordinadora da Revista Escolar.
Debuxo gañador no concurso para deseñar o xornal escolar.
Autora: Uxía Boado Porto (1º ESO)
22/12/19
21/12/19
CPI VIRXE DA CELA. FESTIVAL DE NADAL 2019
Hoxe , como tódolos anos celebramos o festival de Nadal. E como as veces é mellor unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos as estupendas actuacións dos alumnos/as do noso cole.
Desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices vacacións.
13/12/19
XA ESTÁ AQUÍ O NADAL
Xa chegou o Nadal e con el a
revolución ao noso centro!!!.
Pouco a pouco irémosvos contando
todas as cosuiñas que estamos a realizar neste mes pero mentres... queremos desexarvos, con todo o agarimo da nosa
pequena gran familia, unhas moi
Felices Festas!!!
E como adianto deixámosvos esta imaxe da fermosa árbore que decoraron Marta ( a coordinadora da Bilio ) e os seus alumn@s.
RECURSOS DE NADAL
Se premedes nas imaxes podedes atopar un montón de recursos para traballar neste mes de Nadal
POSTAIS PARA PERSONALIZAR E ENVIAR
PANXOLIÑAS
LIM CELEBRAMOS O NADAL
O APALPADOR
http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.phphttp://coordinadoraendl.org/nadal/index.php?pax=pax5.php
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























