Para celebrar o cuarto aniversario da adhesión de España á Axenda 2030 de Desarrollo Sostible das Nacións Unidas o Alto Comisionado para a Axenda 2030 acaba de lanzar a campaña dixital #ODSéate.
Esta campaña colaborativa desenvolverase do 16 ao 27 de setembro e pretende ser unha chamada de atención para que, tanto organizacións como a cidadanía, se movilicen difundindo e impulsando o cumprimento da Axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Estos obxectivos perseguen a igualdade de oportunidades entre persoas, a protección do planeta e a xeración de prosperidade nun mundo en paz que traballa en alianza para superar os retos aos que nos enfrontamos.
Desde o ámbito bibliotecario recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030. Tamén as bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha Educación de Calidade (Obxectivo 4), mais tamén para protexer y salvagardar o patrimonio cultural (Obxectivo 11.4). Ademais, a biblioteca, como espazo de compensación de desigualdades, proporciona un acceso igualitario á tecnoloxía da información e das comunicacións (Obxectivos 9c e 17.8)
21/10/19
15/10/19
24 OUTUBRO - 31 OUTUBRO: SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN (AMI) A PROPOSTA DA UNESCO
A UNESCO propón a celebración da Semana Mundial AMI 2019
baixo o lema CIDADANÍA AMI: INFORMADA, COMPROMETIDA, EMPODERADA como un medio
para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos
diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e
coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como
produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa,
radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia,
internet...
Toda a cidadanía europea ten dereito á alfabetización. Os
estados membros da UE deben asegurar que os cidadáns de todas as idades,
independentemente da súa clase social, relixión, etnia ou sexo, conten cos
recursos e oportunidades necesarios para desenvolver un nivel de alfabetización
suficiente e sostible a fin de comprender e utilizar con eficacia a
comunicación escrita, tanto en medios impresos como dixitais. (Declaración
ELINET sobre Dereito á Alfabetización).
COMO CELEBRAR A SEMANA?
Recollemos da UNESCO algunhas propostas que poden resultar
interesantes:
- Celebrar un día da AMI no centro
- Organizar eventos relevantes ou actividades no centro educativo arredor dos medios de
- información e comunicación
- Usar as redes sociais para crear conciencia sobre AMI na comunidade educativa
- Tomar a palabra (crear contidos para os medios)
- Dar a coñecer publicacións e iniciativas sobre AMI
08/10/19
BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA
O lema das bibliotecas para o presente curso 2019/2020 é "Biblioteca
escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán
quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas
situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.
Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus
tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e
para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa
intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer.
Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos
tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das
actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a
lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a
investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de
competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento
académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta
e igualitaria.
Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre
sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os
mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos
naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros,
adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos
Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica
e enriquecedora para todos e todas.
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de
cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar
esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.
26/09/19
26 DE SETEMBRO: DÍA DAS LINGUAS EUROPEAS
Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, lembranos a
importancia e máis a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade
cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de
entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de
linguas.
Neste día, desde o noso centro, queremos compartir o conto Mahán e a
cadeira vermella. Un conto creado e ilustrado polo alumnado do no noso centro
para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s e que presentamos en
galego, castelán e inglés.Unha oportunidade
para destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a
variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o
plurilingüismo e a comunicación intercultural.
17/09/19
11/09/19
XA ESTAMOS DE VOLTA
Comezamos un novo curso no que contaremos con moitas actividades, con moitas sorpresas, con moita ilusión e, coma sempre, con vós.
10/06/19
Visita do club de lectura á Expotaku
O pasado venres 24 de maio visitamos a feira Expotacu na Coruña. Nela puidemos coñecer todo o máis recente desta cultura. O alumado puido xogar, comprar e ver en directo como algúns debuxantes facían as súas creacións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









