12/02/19
GALICIA, AGUA, LITERATURA E RAP
Nova edición do concurso "Galicia,auga, literatura e rap", organizado por Viaqua e La Voz de Galicia. Descubre como participar en www.prensaescuela.es, dentro do apartado Concursos.
ESPAZO FERRAGANCHOS. NOVIDADES
Temos un novo artello no espazo Ferraganchos. Trátase dunha mesa dixital para que o alumnado, especialmente o máis novo, experimente e xogue aprendendo.
TEATRO E VISITA AO CIFP DE SOMESO
A mencionada peza de teatro tivo
unha duración aproximada dunha hora na que o alumnado tivo o pracer de ver in
situ as evolucións interpretativas e poder sentirse franco-escoitantes, gozando
da presencia dun elenco de actores franco-belga.
Ao remate da sesión seguiu unha
pequena charla-coloquio entre @s participant@s e o trío de intérpretes,
configurado por dúas persoas de orixe belga e unha francesa que intercambiaron
inquedanzas, preocupacións e respostaron
ás cuestións lanzadas dende o patio de butacas.
Os nos@s alumn@s foron quen de
seguir globalmente a obra, feito que lles vai axudar a avanzar e reportar máis
curiosidade se cabe na súa evolución e aprendizaxe da lingua obxecto de estudo.
O alumnado que non cursa francés
visitou o CIFP Someso para coñecer as
familias profesionais que alí se imparten. Puidemos ver talleres de fabricación
e montaxe, as cabinas de soldar, talleres de carpintería, de transporte e
mantemento de vehículos e de peiteado e estética, entre outros.
Moitas grazas ás persoas que nos acompañaron nas visitas!!
01/02/19
PARTICIPAMOS NO 35 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Baixo o lema “Por min e por tódolos meus compañeiros” os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o 35 Concurso Escolar Once. Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as sobre a importancia de crear unha escola inclusiva e, nesta edición, ponse o punto de mira nos recreos.
De feito, o patio de recreo convértese nunha micro sociedade dentro do espazo escolar, onde alumnos/as de distintas idades, etapas educativas, perfis... poñen en xogo a súa capacidade de interactuar cos iguais nun espazo onde poñer en práctica as súas habilidades de empatía, negociación, interacción, solidariedade...
29/01/19
RADIO FEROUTA
O 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio e preparamos para esta data tan especial unha coprodución radiofónica entre o CEIP Barouta e o CPI Virxe da Cela. En "Radio Ferouta", nome que inclue as dúas emisoras escolares haberá entrevistas a xornalistas como Gorka Zumeta ou Nazaret López de Radio Ames, reportaxes a proxectos como "Radio Los Gatos" e reflexións sobre a importancia da radio na escola. Un programa feito entre os dous cursos de 5º de primaria de ambos centros que gravaremos o 5 de febreiro en Ames. O programa será emitido por Radio Ames.
16/11/18
CONVIVIR DEPORTIVO: A RADIO GALEGA NO CPI VIRXE DA CELA
O pasado martes 13 de novembro de 2018 ás 12:00 horas retransmitiuse desde co CPI Plurilingüe Virxe da Cela o programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”, presentado por Alfonso Pardo. Todo o alumnado e profesorado do centro asistiu a este acontecemento tan importante que tiña como obxectivo principal a difusión do Plan Deportivo que se está a levar a cabo na nosa escola. Por iso formaban parte da mesa de entrevistados as profesoras de educación física Teresa e Ruth, o profesor de bioloxía David, O técnico de deportes do Concello de Monfero e a directora do centro. Varios alumnos a alumnas participaron activamente no programa radiofónico respondendo as preguntas formuladas polo presentador en torno a diversas actividades deportivas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








