12/03/18

REINVENTEMOS XUNT@S UNHA ESCOLA PARA TOD@S. 34 CONCURSO ESCOLAR ONCE


Baixo o lema “Reinventemos xunt@s unha escola para tod@s” os alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e o CPI As Mirandas de Ares , uniron esforzos para elaborar e realizar  unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once.  Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais, profesores e profesoras e a todo o resto da sociedade sobre a importancia de crear unha escola na que todo o mundo teña un oco e un lugar, dunha forma dinámica e en equipo, unindo as nosas forzas e ideas para construila xuntos.

Aquí podedes ver os videos realizados e presentados ao concurso escolar. Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.


                                              1º ESO. CPI Plurilingüe Virxe da Cela

                 

3º ESO CPI Plurilingüe Virxe da Cela
               



1º ESO. CPI AS MIRANDAS
                

ESO. 2º A. CPI AS MIRANDAS
                 

3º ESO. CPI AS MIRANDAS
                  


06/03/18

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


Do 5 ao 9 de marzo os centros educativos galegos celebramos a 30º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída oficialmente dentro do calendario escolar e impulsada pola Voz de Galicia.
No noso centro, un ano máis, realizamos unha exposición con xornais e revistas de distintos lugares de España e do mundo e de diversa temática: prensa xeral, prensa deportiva, prensa económica… Poderemos así complementar as nosas clases con exemplares de xornais convertindo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico dos nosos nenos/as e mozos e mozas.
Ademais, na portada da Voz da Escola deste mércores podense encontrar propostas para preparar esta semana de celebración.





27/02/18

O NOSO CENTRO NAS XORNADAS " CONTRATOS PROGRAMA, UN PLAN PARA CADA CENTRO"

O venres 23 de marzo celebráronse en Santiago as Xornadas “Contratos programa, un plan para cada centro”, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As xornadas, nas que estiveron presentes uns 600 profesores e responsables dos equipos directivos de centros galegos, serviron para divulgar as boas prácticas, identificadas no desenvolvemento dos programas nos diferentes centros, para que poidan servir de modelo de referencia na organización e xestión doutros centros. E alí estivo a nosa directora Camino Pereiro intercambiando a experiencia do noso cole coa de outros centros participantes.


 Nela explicou como implementamos no Virxe da Cela  as distintas modalidades de Contratos Programa coas que contamos e que levamos a termo a través dos distintos proxectos:  
·         Proxectos de coeducación, igualdade, convivencia e voluntariado
·         Proxectos de desenvolvemento endóxeno sustentable
·         Proxectos de mellora da convivencia e das relacións comunitarias
·         Proxectos de compensación das desigualdades
·         Proxectos para unha vida saudable
·         Proxectos de desenvolvemento da competencia STEAM,
·         Proxectos de formación e investigación e mellora da calidade educativa.


 

22/02/18

DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA

A poeta galega máis universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario este sábado, día 24 de febreiro, unha xornada a celebrar festexando a nosa autora. Así, no marco deste evento, quixemos celebrar o Día de Rosalía intentando vencellar lectura e competencia dixital realizando un pequeno vídeo no que destacamos a actualidade reivindicativa que a obra de Rosalía segue a ter nos tempos actuais xa que, dende sempre, ela asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

Coa lectura do manifesto  “Abride a fiestra” escrito por María Reimóndez os alumnos e alumnas de 1º de ESO homenaxean así a Rosalía.

             

Tamén a partir do lema deste ano, #AbrideAFiestra,  penduramos na parte interior dos vidros e en distintos paneis diversos debuxos iconográficos de Rosalía para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 

Ademais realizamos chapas que repartimos entre a comunidade educativa e fixemos unha mostra expositiva da obra rosaliana que podedes consultar na nosa biblioteca.






E como non podía faltar a música, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria continuando co Proxecta Donas de sí, homenaxean a Rosalía no seu día, no seguinte vídeo co poema "Adiós ríos, adiós fontes".


06/02/18

NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

Ábrese o prazo para participar en Olloboi! Desde hoxe e ata o 30 de abril alumnado e profesorado pode inscribir as súas curtas escolares en Olloboi.com. Estreamos páxina web e nela atópase, ademais do formulario e bases desta edición, as curtas gañadoras de cursos pasados e interesantes recursos para elaborar unha peza (actividades e charlas con profesionais en Aprendo con Olloboi, das que avanzamos unha pequena píldora co Olloconsello de Miguel de Lira). Hai recoñecemento á mellor curta de Infantil e Primaria (categoría Peque), e á mellor de Ensino Superior (Plus18). Ademais, o noso Xurado outorgará premios á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte. A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi. Inscríbete xa na nosa web! Enviaremos máis información sobre o Encontro en vindeiras comunicacións. Así que... a divertirse, crear e compartir!


03/02/18

“Monfero en clave feminina”.Proxecto anual de investigación, 2º ESO

Dentro da materia de Igualdade de Xénero e en colaboración co Departamento de Orientación e O Concello de Monfero, o alumnado que cursa a materia de Igualdade de Xénero, vai a realizar ao longo do ano, para concluílo e presentalo no último trimestre ao Concello e á propia comunidade educativa, un proxecto de investigación, que a parte de constituír o 50% da nota global da materia, acerca a realidade e o papel da muller no concello onde residen: Monfero. O proxecto ten como obxectivos os sinalados anteriormente na materia pero ademais, mostrar e visibilizar a realidade das mulleres no entorno real dos alumnos e alumnas: os seus roles, as súas actividades de vida diaria, profesións, educación e formación, aspiracións, papel na familia, a valoración pola súa familia, parella, xefas e xefes, contorna, os estereotipos predominantes, as posibles situacións de trato e violencia, de discriminación ou non, etc. E propoñer ademais o final da investigación como obxectivo e conclusión, melloras ou posibles alternativas, solucións ou reforzos, a aqueles aspectos que se detectaran como discriminativos, inxustos ou nocivos, resaltando tamén os positivos, a través dunha charla- exposición- presentación ao propio concello, no Centro escolar, con asistencia das familias e comunidade educativa, das conclusións acadadas polos propios alumnos e alumnas tras a súa investigación de campo.



O traballo, que se vai estruturar en  3 bloques ou fases que coinciden cos tres trimestres do curso:
- 1º bloque: de investigación de campo (información varia: estatísticas e enquisas, etc. no centro, casa, contorna, concello).
- 2º bloque: volcado de datos e análise da información
- 3º bloque: elaboración de conclusións e propostas de mellora e presentación final.

Reunión no Concello de Monfero

Dentro do traballo do 1º bloque, entra a nosa visita o Concello de Monfero, e a entrevista  a Maica, (traballora social do Concello)que ademais  de atender pacientemente e amablemente as  nosas preguntas e aportarnos moita información, nos facilitou  o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, para poder traballar sobre el, e que nos facilita un amplo coñecemento sobre a realidade da temática que tratamos en relación o noso concello. Tamén pasou a saudar e deixarse entrevistar  o Alcalde do Concello de Monfero,(entrevista feita polos alumnos da materia de Igualdade de Xénero, de 2º de ESO: Daniela, Hector Bouzeta e David Castrillón).
Os nosos alumnos/a exerceron de pequenos repororteiros, con actidude critica e responsable, facendo non só pregreguntas axeitadas, se non tamén aportacións e opinións moi positivas e interesantes., que nos fixeron sentir moi orgullosas, sendo a experiencia moi positiva en canto a o seu comportamento e a opinión que nos transmitiron, sobre todo por coñecer de primeira man a realidade na súa contorna e de primeira man, a situación das mulleres. 

01/02/18

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA


     Comezamos esta xornada conmemorativa da Paz e da Non Violencia (martes 30 de xaneiro de 2018) coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela a todas as aulas do noso cole, repartindo entre profes e nenos/as os tradicionais adhesivos “Paz 18” e os folios vermellos que recollían o Manifesto Pola Paz, así como o símbolo da Paz. 
      Estas follas serían utilizadas pola tarde para recrear este impresionante círculo vermello “O Reto do Botón da Paz”, un pequeno xesto moi visual que pretende frear o conflito entre as grandes potencias EEUU e Corea do Norte. Esta acción foi o broche final a un acto no que todos os alumnos/as e profesores/as do centro reivindicamos o dereito á Paz Mundial a través da lectura dun manifesto e de varias poesías de poetas galegos: 
        Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas 
        Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García 
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro 
      Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro 
   

                    
   
    Dentro desta conmemoración tamén levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado: Choiva de desexos
    Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela:



Outra actividade que tamén se levou a cabo foi un programa de radio, feito polo alumnado de 1º de ESO.  Premendo no seguinte enlace poideredes escoitalo:


      En resumo, esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.

MULLERES GAÑADORAS DO PREMIO NOBEL DA PAZ

O  longo dos anos dende que se crearon os Premios Nobel, este foi outorgado 806 veces a homes, 25 a organizacións e só 46 veces a mulleres; destas, 16 foron merecedoras do premio Nobel da Paz. Este feito ven a demostrar que o coñecemento producido polas mulleres non foi considerado da mesma forma e coa mesma importancia que o producido polos homes. Pero aquí, sen desmerecer os coñecementos e saberes emanados dos homes, imos darlle importancia o recoñecemento que se merecen estas 16 mulleres. No documento de abaixo,  podedes ver os seus nomes e a súa aportación para lograr un mundo onde impere a xustiza social.