18/01/18
50 ANIVERSARIO "OS SOÑOS NA GAIOLA"
A Fundación Manuel María vén de tirar un calendario dixital, con ilustracións de Leandro Lamas, para conmemorar os 50 anos da aparición do poemario Os soños na gaiola, obra emblemática de Manuel María que inaugurou a poesía en galego para a xente nova.
MARUJA MALLO.
Durante o primeiro trimestre na aula de 2º de Primaria estivemos aprendendo moitas cousas da vida e da obra da pintora galega Maruja Mallo, traballo incluido dentro do Proxecto DONAS DE SI.
Algúns nenos trouxeron fotos da pintora e amosaronas ao resto da clase.
Debuxaron autorretratos e puxéronse nomes artísticos.
E, finalmente, convertíronse en pintores e pintoras de verdade pintando a Estrela Mariña.
O seguinte mural resume os seus traballos.
O seguinte mural resume os seus traballos.
ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL E JARA
O luns 18 de decembro tivemos a visita de Xoan Curiel
e Jara que nos fixeron un percorrido por diferentes estilos musicais. Xoan co
ukelele e a guitarra aprendeunos a diferenciar o blues, reggae, rock ou a bossa
nova e Jara iniciounos nas distintas formas de tocar a pandeireta, con ela
escoitamos a muiñeira, a jota ou a rumba. Despois tocaron xuntos unhas pezas e
algúns compañeiros axudáronlles no escenario a preparar a coreografía. Pasámolo
fenomenal!!!
15/12/17
DECORACIÓN DE NADAL
Xa
temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e
familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final
así como cada un dos traballos:
O CARBALLO CON BOTAS
Como actividade vinculada ao outono o alumnado de educación infantil estivo a traballar durante estas últimas semanas co conto "O carballo con botas" de Anxo Moure, e como experimento plantaron unhas landras/bellotas nunhas botas. Todos os días regaron a semente e esperamos con ansia a que de os seus froitos. A través desta actividade tamén abordaron a problemática dos incendios en Galicia.
ARCHIMBOLDO E O OUTONO
Os nenos e nenas de educación infantil coñeceron os distintos elementos do outono (cores, froitos, etc), a través do pintor italiano Arcimboldo. Utilizando distintas técnicas plásticas, como pintura e collage, conseguiron resultados espectaculares, dignos de estar nun museo!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






