En hora boa a nosa
directora Camino Pereiro por ser unha das 10 finalistas ao
Premio Mellor
Docente de España.
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2017/12/03/hay-visibilizar-colegios-rural-vea/1241648.html

Xa está aquí de novo o Samaín, unha festa
de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través
do cinema.
Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo,
a maior parte das tradicións pagás foron alteradas ou prohibidas. A noite
converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica
de Europa perviviu o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as
meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.