07/03/17

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. HOMENAXE ÁS MULLERES NO CPI VIRXE DA CELA

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos avances realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo enteiro. Non hai un só país no planeta onde as mulleres consigan a plena igualdade e o pleno goce dos seus dereitos. É por iso que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen desa igualdade en todos os ámbitos da vida. 
Desde o noso cole quixemos facer unha homenaxe a todas as mulleres e darlles as grazas por.... Mellor que o vexades no vídeo, as palabras escritas quédanse curtas.


          

03/03/17

Seminario Internacional sobre materiais didácticos no CPI Virxe da Cela.

Dous días intensos de obradoiros, debates e reflexións sobre os materiais didácticos das ONGD e o curriculum e materiais das escolas indíxenas do Brasil, son os que se viviron os días 17 e 18 de febreiro no CPI Virxe da Cela. Xornadas moi proveitosas nas que ademais de afondar sobre os recursos educativos  para o desenvolvemento e a cidadanía global, presentouse o número 58 da Revista Galega de Educación sobre cooperación e desenvolvemento e a revista Monferosolidario: O Espirito dunha Comunidade.


Se premedes nos seguintes enlaces poderedes acceder ao resumo das conclusións dos talleres e obradoiros impartidos nas xornadas.

Obradoiro Imaxes e textos sobre os indíxenas en materiais didácticos do Brasil: unha avaliación, de Giovani José da Silva.
                           https://evaluationre.wordpress.com/resumo-obradoiro-5/

Obradoiro sobre os materiais das ONGs, de Marta Esplugues.



Obradoiro de videoxogos para promover cambios sociais  impartido por Silvia López e Sandra Dorado. 






Obradoiro sobre os materiais didácticos para a escola e a comunidade elaborados dende o contexto local, de Denévola Álvarez.


     Obradoiro O espello roto que fire a un pobo, de Santiago Quiroga e Fernando Martínez

                            https://evaluationre.wordpress.com/resumo-do-obradoiro-5/

Agradecer a Nova Escola Galega e o grupo Cavila ter contado co CPI Virxe da Cela para o desenvolvemento destas xornadas e á dirección do centro pola magnífica organización das mesmas.


            

23/02/17

DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA

No  noso centro quixémonos unir, un ano máis á celebración do nacemento de Rosalía, protagonista activa do Rexurdimento da nosa literatura. Entre as actividades que realizamos está a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) a través da cal alumnos/as e profes quixemos conmemorar o Día de Rosalía de Castro realizando un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe.


Tamén os nenos e nenas de infantil puxéronlle cor a Rosalía compartindo locuras e soños. E como dicía Rosalia… “vaia se os paxaros falan...”tanto que ata casaron aos nosos paxariños e lles construiron uns niños no Virxe da Cela de Monfero. Maneiras e maneiras de celebrar a #Candelaria e #RosalíaTe.



27/01/17

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL



Informámosvos de que xa queda pouco tempo para que se celebre o VIII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS. Recursos educativos para o desenvolvemento e a cidadanía global, que este ano será en Monfero. Lugar: Monfero, 17 e 18 de febreiro de 2017 (CPI Plurilingüe Virxe da Cela) 

DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE 
O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa VIII edición. Procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual. Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (regrado ou non). Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas. 

OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN 
-Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos. 
-Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación. 
-Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto. 
-Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas. 
-Coñecer e analizar materiais didácticos elaborados por ONGs e comunidades indíxenas. 

 Toda a información da actividade premendo esta imaxe:




30/11/16

EDUARDO MENDOZA GAÑA O PREMIO CERVANTES 2016

Eduardo Mendoza é o gañador do Premio Cervantes 2016, o máximo galardón das letras españolas. O Nobel das letras en castelán seguiu, un ano máis, a tradición non escrita de alternar entre un escritor español e un latinoamericano. En 2015 recaeu no escritor mexicano Fernando do Paso. O Cervantes, creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, recoñece a traxectoria dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.

Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación de "A verdade sobre o caso Savolta", que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado outorgoulle o premio "porque, coa publicación en 1975 da verdade sobre o caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista". Eduardo Mendoza, "no ronsel da mellor tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía, algo que o gran público e a crítica sempre souberon recoñecer, ademais da súa extraordinaria proxección internacional".

XOGAR A PENSAR NO VIRXE DA CELA


 Durante estes días (luns 28 e martes 29 de novembro)  o alumnado de 6 a 12 anos do CPI Plurilingüe Virxe dá Cela de Monfero preparouse para “Xogar a pensar”participando en diversos talleres de Filosofía para nenos e nenas, impartidos por un profesorado moi especial: os estudantes de primeiro curso do Grao en Educación Primaria da Universidade dá Coruña. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro dun Proxecto de Aprendizaxe-Servizo impulsado polo CPI Plurilingüe Virxe dá Cela e a Facultade de Ciencias da Educación da UDC, institucións que veñen colaborando xa en distintas experiencias nos últimos anos.
Este proxecto permite aos estudantes universitarios reforzar dun modo práctico as aprendizaxes e competencias desenvolvidas na súa titulación, á vez que realizan un servizo á comunidade educativa de Monfero e Irixoa. Desde o CPI Plurilingüe Virxe dá Cela colabórase activamente na realización dos múltiples talleres, co fin de iniciarse nunha metodoloxía, a filosofía para nenas e nenos, que en palabras de Helena Zapico, docente do departamento de Pedagoxía e Didáctica da UDC e coordinadora da actividade,  permite mellorar as habilidades de pensamento crítico, creativo e coidadoso dos nenos e nenas, a través da utilización de xogos, arte e narrativa.  


             

PRESENTACIÓN AO ALUMNADO DO PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

O martes 29 de novembro tiveron lugar dous actos dentro do proxecto de Educación para o desenvolvemento e cidadanía global,que leva a cabo o noso centro xunto a UDC. 
  •   De 15:30 a 15:45 no salón de usos múltiples presentouse ao alumnado de secundaria e 4º,5º e 6º de primaria dito proxecto por parte de membros da UDC 
  •  De 15:45 a 16:30 Reunión co profesorado participante no proxecto para facer a proposta definitiva de actividades e calendario.