23/11/16

ACTUACIÓN DE XOÁN CURIEL

O martes 8 de novembro veu ao noso centro Xoán Curiel co seu espectáculo “Estamos no verán”. 
Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos.





29/10/16

SAMAÍN 2016

Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan:  O Samaín!!! 

E outro ano máis convocamos o Concurso de Portas do Samaín, un concurso no que como podemos ver deixastes voar de novo o voso maxín.



 Pero tamén sabemos que sodes uns artistas á hora de decorar as cabazas, e se o facedes en compañía da vosa familia, aínda ten un valor máis especial. Mirade que chulas!!!


 E mentras tanto, lembrade que tedes a vosa disposición todos os libros relacionados co medo na exposición da biblioteca, para que, aínda que pasedes algo de medo, leades moito!!!

    Ah!!!, e que non vos asustede o terrorífico espantallo entre o millo. 
Atreveste a entrar????







28/10/16

COMEZAMOS O APADRIÑAMENTO

Un curso máis os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria comezaron co apadriñamento na biblioteca que, como no curso pasado, está a ter moito éxito. De novo os rapaces de primaria converteronse en "padriños lectores" dos máis pequerrechos do cole. A coordinadora da Biblioteca, carmen Espiñeira, deu o pistoletazo de saída das sesións deste curso.  
Aquí vos deixamos unhas imaxes do comezo da actividade, e seguiremos informando dende o noso blog.

26/10/16

VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Este ano, a bioloxía fala galego


Este curso no Campus de Lugo imos conmemorar o Día da Ciencia en Galego con este acto:

 

11/10/16

CINCO MINUTOS DE PAZ

Mamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbulleante. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto balbordo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.


Coincidindo co 30º aniversario da súa publicación, KALANDRAKA recupera este álbum de Jill Murphy, co que moitos adultos poderán identificarse porque "Cinco minutos de paz" invoca un desexo practicamente  inalcanzable para quen ten nenos pequenos ao seu cargo: tratar de illarse do mundo por un instante sen que eles interrompan ese breve lapso de tempo coas súas inquedanzas, as súas imprevisibles ocorrencias e a súa espontaneidade. Destaca a elección de animais tan robustos como os elefantes para protagonizar un relato divertido e entrañable. Mamá Grande e os seus fillos son hábilmente humanizados con vestimentas cotiás e nunha contorna doméstica ao comezo da xornada. A expresividade dos personaxes reflicte un amplo abanico de sentimentos: desde a resignación, o malestar ou a paciencia da nai, ata o arrepentimento ou o inocente entusiasmo dos mozos paquidermos, que son pura enerxía. Porque Mamá Grande só quere uns minutos de paz e tranquilidade na súa bañeira quente, espumosa e burbulleante. Unha historia tan real como a vida mesma, contada con naturalidade, humor e afecto.

PODEDES ATOPALO NA NOSA BIBLIOTECA

TRADUTOR GAIO

O Gaio é un tradutor automático da Xunta de Galicia que te pode sacar dun apuro se precisas unha comprensión rápida de textos breves.
Preme na imaxe


20/09/16

BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de  AgustínFernández Paz para as Bibliotecas Escolares .