08/04/16
05/04/16
Volove o concurso do PREGUNTÓN
Un ano máis voltamos convocar o concurso do preguntón. Este ano cunha duración de cinco semanas e coma en cursos anteriores dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos da ESO.
Bases do Preguntón
PARTICIPANTES
Poderá
participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o de Secundaria formando equipos de 2 persoas de
calquera curso.
Os
participantes deberán inscribirse para concursar na Biblioteca debendo cubrir
unha folla cos datos dos compoñentes do grupo e o nome do grupo.
O XOGO
-O xogo
desenvolverase dende o venres 8 de abril
e durante 5 semanas. Consta de varias preguntas ou probas.
Estarán
expostas no taboleiro do PREGUNTÓN situado xunto á porta da Biblioteca e no
blog da Biblioteca Castelao.
-Cada venres publicarase no taboleiro e
no blogue as preguntas ou probas, así como a puntuación acadada.
-O prazo para
entregar as respostas será ata o venres seguinte ás 12:35. Nese tempo poderedes
empregar calquera servizo da biblioteca, libros, ordenadores, internet, ou os
vosos propios recursos.
-As respostas
debedes presentalas nas follas que atoparedes na biblioteca e depositalas no
prazo previsto nunha furna habilitada para este concurso.
-Cada
pregunta ou proba ten unha puntuación indicada explícitamente. Os equipos que
presentedes a resposta acertada dentro do prazo sumaredes os puntos en xogo.
-Cando semana
cando remate o prazo de entrega,
publicaremos as respostas no taboleiro do Concurso.
GAÑADORES
-O equipo
gañador será o que acumule máis puntos ao remate do concurso. En caso de
empate, o premio será repartido entre os
equipos que acaden a mesma puntuación.
-Haberá un
equipo gañador e dous equipos finalistas.
-Todos os
participantes levarán un diploma de participación.
XURADO
-O xurado estará
composto polos membros do equipo da Biblioteca e do ENDLG.
-Se o xurado
detecta calquera comportamento antideportivo, adoptará medidas, incluíndo a
descualificación do equipo ou equipos
implicados.
-A
participación no concurso supón a aceptación de todas estas bases.
ANIMÁDEVOS A CONCURSAR !!!
29/03/16
DESDE AS BIBLIOTECA, ESPECIAL RADIOFÓNICO VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016
O alumnado de 4º e 5º de primaria do CPI Virxe da Cela gravaron desde a nosa biblioteca,un especial radiofónico para retransmitir a VIII edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2016. Entrevistaron a alumnado e profesorado que traballou na organización deste evento solidario (como a alumna Diana Caruncho de 4º da ESO ou ás profesoras Verónica Dopico e Yolanda Castro), así como a outros profesionais que visitaron o noso centro, como a Elisangela Silfa, moza da República Dominicana voluntaria na ONG Solidariedade Internacional Galicia que impartiu un obradoiro de Comercio Xusto e Consumo Responsable. Agradecemos a Sergio Pascual e Lucía Abarrategui a súa implicación nas actividades no noso centro e o magnífico traballo que están a facer a través do Laboratorio Radiofónico "Radio Itinerante Creativa".
OBRADOIROS DE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE
O venres 18 marzo de 2016 o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela recibiu un obradoiro de Comercio Xusto e Consumo Responsable impartido por Ana Lampón, técnica da ONG Solidariedade Internacional Galicia, xunto con Elisangela Silfa, voluntaria nesta organización e que na actualidade está en Galicia cunha beca do seu país, República Dominicana, realizando o Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas na Universidade da Coruña. Transcribimos aquí as palabras de Ana Lampón describindo a actividade:
O obradoiro de Consumo Responsable ten a finalidade de que nos demos conta da importancia que ten o consumo nas nosas vidas, dende que nos levantamos ata que nos deitamos estamos consumindo. De aí a importancia de reflexionar sobre os nosos xeitos de consumir. O consumo responsable é aquel que se basea na elección de produtos non solo pola súa calidade e o seu prezo, senón tamén polo impacto social e ambiental, pola conduta das persoas e/ou empresas que o elaboran. Tamén implica consumir menos, soamente o necesario para un bo vivir, e estar a atentos á publicidade para saber como nos crea falsas necesidades.
A actual sociedade de consumo, pretende facernos crer que a nosa felicidade se consegue comprando e consumindo sen sentido, polo que traballar cos mozos e mozas estas temáticas é tan importante, sobre todo proporcionando alternativas como poden ser o Comercio Xusto, o consumo ecolóxico, de proximidade, a economía social ou solidaria, etc. Sobre os contidos, traballamos na identificación e diferenza entre necesidades e desexos, os conceptos do comercio tradicional como as multinacionais ou a deslocalización, os dereitos dos produtores dos países empobrecidos, etc.
A resposta das mozas e dos mozos da ESO do CPI Virxe da Cela foi excelente, participaron moi activamente nas dinámicas e actividades propostas, implicáronse na procura de solucións aos problemas plantexados, e levaron moi ben os contidos do taller á práctica da vida cotiá. Cabe destacar que, en xeral, son un alumnado moi concienciado e solidario.
Ana Lampón. Solidariedade Internacional Galicia
09/03/16
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
Do 7 ao 11 de marzo os centros educativos galegos celebramos
a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída
oficialmente dentro do calendario escolar en 1989 e impulsada pola Voz de
Galicia.
No noso centro, un ano máis, realizamos unha exposición con
xornais e revistas de distintos lugares de España e do mundo e de diversa
temática: prensa xeral, prensa deportiva, prensa económica… Poderemos así
complementar as nosas clases con exemplares de xornais convertindo a prensa nun
elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o
sentido crítico dos nosos nenos/as e mozos e mozas.
Ademais, na portada da Voz da Escola deste mércores podense
encontrar propostas para preparar esta semana de celebración.
08/03/16
MALETAS VIAXEIRAS
Desde a bibilioteca Castelao informámos a todos e todas que xa chegaron ao
noso centro as maletas viaxeiras, unha
para secundaria e outra para primaria.
o Secundaria: MALETA DE BANDA DESEÑADA: Cunha
selección de cómic e novela gráfica, para coñecer autores e títulos de banda
deseñada que están a ser referencia entre os lectores do xénero.
o Primaria: MALETA DE CIENCIA ENTRE LIBROS: Unha relación de libros sobre
ciencia de diversa temática: animais, o corpo humano, as estrelas,
curiosidades, o tempo…
Cada maleta leva unha relación dos materiais
que inclúe, unhas propostas de utilización e unha relación de recursos sobre o
tema do que é obxecto. Tamén leva un caderno para a recollida de suxestións.
07/03/16
O XESTAL NAS ONDAS NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos progresos realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo enteiro. Non hai un só país no mundo onde as mulleres consigan a plena igualdade e o pleno goce dos seus dereitos.
Isto, por si só, debería demostrar a necesidade de manter un forte enfoque na igualdade de xénero e os dereitos das mulleres nas axendas de todos os países. As mulleres teñen unha contribución vital para o logro de sociedades pacíficas e sostibles. É por iso que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen da igualdade de dereitos en todos os ámbitos da vida.
Para conmemorar esta data, catro alumnas/os de 3º da ESO realizaron un programa especial de radio no que fan un repaso á historia deste día así como un recoñecemento á vertente ferminista de Rosalía de Castro, poetísa que tan ben soubo plasmar na súa obra, que a muller tamén sente e padece, que as mulleres podían protestar, queixarse do que lles faltaba e do que lles arrebataran, e non contentarse con formar unha familia e calar para sempre.
01/03/16
XA TEMOS AQUÍ A HÉRCULES: MERGÚLLATE NAS SÚAS AVENTURAS
Xa temos na nosa biblioteca os
primeiros títulos das novas coleccións
infantís que Hércules Edicións editou en galego e en castelán baixo os títulos
: “As amizades de Hércules” e “Os imperdibles de Hércules”.
Aínda que cada título é independente,
ambas coleccións teñen un importante nexo de unión: Hércules, un personaxe que
viaxa pola historia coa súa máquina do tempo presentándolle ao lector os
personaxes biografiados, ou suxeríndolle novas lecturas imprescindibles en
forma de traducións e de clásicos adaptados.
Así, a colección de “As Amizades de
Hércules” comeza coa incrible historia do propio Hércules, que, baixo o título “Hércules
e a máquina do tempo”, preséntanos o medio de locomoción co que o noso
protagonista planea viaxar por outras épocas e lugares para ver mundo e coñecer
novos personaxes aos que veremos nos seguintes títulos, o primeiro dos cales é:
“Hércules visita a Álvaro Cunqueiro”.
Se queredes mergullarvos no mundo de Hércules podedes
atopar xa os libros na nosa biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



