Premendo na imaxe accédese a unha selección de poemas
musicados, cantados o recitados, para o traballo na aula. Atopamos poemas de
Rosalía de Castro, Bécquer, Antonio Machado, Dámaso Alonso, Gloria Fuertes...En
fin... un verdadeiro tesouro da nosa poesía.
04/11/15
31/10/15
O MISTERIO CHEGA CO SAMAÍN
Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón;
chegan as choivas e as tardes son máis escuras, vaise a calor e ven o frío: é
tempo de Samaín. E como en anos anteriores a maxia deste Samaín chegou ao noso
cole da man dos nenos e nenas, dos rapaces e rapazas do Virxe da Cela. Os
corredores enchéronse de cabazas decoradas, de pantasmas, morcegos e bruxas, de
debuxos e adornos TERRORÍFICOS!!!!
Sen medo e con moita diversión, o alumnado do centro decorou
as cabazas, cada cal millor, adornaron as portas das aulas e da
biblioteca, fixeron murais, realizaron talleres creativos e concursos de decoración.
Convertiron cada
rincón, cada espazo.... nun horror... co obxecto de gañar un concurso no que se
lles fará entrega dun recoñecemento escalofriante.
Nos corredores voan as pantasmas, na biblioteca
resucitan aos mortos... Qué máis pode
ocorrer?. O xoves 29, dous maquivélicos tribunais avaliadores valorarán qué
grupos serán os gañadores de tan dura batalla forxada con esqueletos, teas de
araña, morcegos, cabazas, bruxas....
E para que vexades, aquí tedes unha mostra do que os nosos
alumn@s fixeron para festexar o Samaín.
20/10/15
ENCONTRO FINAL DRAGAL EN PICO SACRO (BOQUEIXÓN)
Venres 16 outubro
Fomentar a lectura na escola e facelo en galego dun xeito atractivo para os adolescentes non é un reto doado, aínda que traballos literarios como a triloxía Dragal da escritora Elena Gallego Abad, pensada para un público xuvenil, están a facer máis fáciles as cousas. Así o pensan nos institutos que participan este ano no Encontro Dragal, un xogo de rol que na súa segunda convocatoria ven de reunir ás portas de Santiago a preto de catrocentos rapaces de Monfero, A Coruña, Becerreá, Verín e Vilagarcía de Arousa.
Todos eles quedaron enredados nas historias que conta Gallego Abad, unha obra que tamén chamou a atención da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que puxo en marcha esta actividade coa colaboración do Concello de Boqueixón. A elección deste espazo ten moito que ver coa mitoloxía galega do dragón, xa que a lenda xacobea di que antes de que o corpo do Apóstolo Santiago chegase a Compostela tivo que sortear os enganos da Raíña Lupa e do dragón que se agochaba no Pico Sacro.
Facer un xogo de rol con estes vimbios foi doado. E tendo en conta o éxito do Encontro Dragal, a receita resultou de gusto dos estudantes. Proba diso foi que as lecturas da triloxía no curso pasado deron os seus froitos, coa rapazada vestida con traxes medievais e unha reprodución en viñetas das historias do Dragal para que o xogo estivese ben ambientado.
Polos recunchos do Pico Sacro estaban agochados moitos cofres cheos de puntos de vida, necesarios para participar na competición e gañar bazas para a vitoria. Mentres cumprían co itinerario, os rapaces íanse atopando con personaxes da triloxía espallados por unha ruta programada por razóns de seguridade e de organización dos tempos.
A maxia dos recunchos do Pico Sacro e as gañas de pasalo ben nun moi bo día para desfrutar das vistas fixeron o resto ata chegar á hora do xantar, feito para axudar a confraternización dos xogadores a base de produtos típicos.
E lembrando as mensaxes de que o importante é participar, todos eles recolleron un diploma por ter xogado en equipo, mentres os organizadores seguían a contar os puntos de vida recollidos polos rapaces, deixando para os vindeiros días a incógnita de cal foi o colexio gañador.
PREMIO PLANETA 2015
Alicia Giménez Bartlett gañou a 64ª edición dos Pemios
Planeta de novela. Recoñecida pola súa serie de Petra Delicado, obtuvo o
galardón pola obra "Homes espidos". Esta novela conta a historia de
Xavier, un profesor de literatura que se queda en paro, e Irene, unha
empresaria que acaba de ser abandonada polo seu marido. Os dous inician unha
relación, porén vense obrigados a cambiar as súas vidas drasticamente por mor
da crise económica.
Seguro que resultará interesante achegarse a esta autora!
BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o
lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolareS
. A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador
e autor de cómic FRAN BUENO, e ten
suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do
alumnado.
Así, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que
explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos
e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que
queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e
para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de
aprendizaxe.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións"
chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar
posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a
estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes
que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao
camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a
explorar o mundo e a compartir o aprendido.
16/10/15
13/10/15
INAUGURACIÓN DO PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA
A Fundación Ayuda en Acción, en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento, baseándose no feito de que brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. Un día á semana durante un cuatrimestre os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano consecutivo.
A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o programa GENIOS, tendo lugar a primeira das sesións impartidas polo instrutor Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos. Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción.
09/10/15
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
Imaxinemos a vida na Galicia rural de fai décadas, cando todo era choiva, frío, escuridade e as xentes quedaban pola noite á carón do lume a contar historias de medo, escoitando de lonxe os aullidos dos lobos e o vagar da Santa Comapaña. Felipe Díaz, coñecido artísticamente como "Caxoto", evocounos eses tempos antergos, na sesión de contacontos “Cando petan na porta pola noite” ( un título moi evocador tomado do libro de relatos de Xavier P. Docampo editado por primeira vez en 1994), dirixida ao alumnado da ESO e realizada o pasado martes 6 de outubro de 2015.
E…que mellor que contar os nosos medos e fobias para ir abrindo a sesión? Falamos da aracnofobia, agorafobia, bibliofobia, claustrofobia e outros tipos de fobias ou medos que nos poden chegar a paralizar. Fixemos un percorrido pola xeografía galega para encadrar as historias de Xavier P. Docampo, visitando desde a Terra Chá ate espazos moito más próximos á nosa contorna, como a Serra da Loba, Cambás e Aranga. Precisamente nesta zona transcorre o conto de “A loba”, unha historia de amor entre Silvestre e Isaura cun tráxico final. E quedamos sen saber o final do conto “O cumpremortes”, así que agora toca descubrilo a través das páxinas do libro. Caxoto arrincou gargalladas entre o público coa súa espontaneidade, a riqueza da súa fala e o seu estilo peculiar, mais algunhas risiñas nerviosas foron conta do medo…
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







