Imaxinemos a vida na Galicia rural de fai décadas, cando todo era choiva, frío, escuridade e as xentes quedaban pola noite á carón do lume a contar historias de medo, escoitando de lonxe os aullidos dos lobos e o vagar da Santa Comapaña. Felipe Díaz, coñecido artísticamente como "Caxoto", evocounos eses tempos antergos, na sesión de contacontos “Cando petan na porta pola noite” ( un título moi evocador tomado do libro de relatos de Xavier P. Docampo editado por primeira vez en 1994), dirixida ao alumnado da ESO e realizada o pasado martes 6 de outubro de 2015.
E…que mellor que contar os nosos medos e fobias para ir abrindo a sesión? Falamos da aracnofobia, agorafobia, bibliofobia, claustrofobia e outros tipos de fobias ou medos que nos poden chegar a paralizar. Fixemos un percorrido pola xeografía galega para encadrar as historias de Xavier P. Docampo, visitando desde a Terra Chá ate espazos moito más próximos á nosa contorna, como a Serra da Loba, Cambás e Aranga. Precisamente nesta zona transcorre o conto de “A loba”, unha historia de amor entre Silvestre e Isaura cun tráxico final. E quedamos sen saber o final do conto “O cumpremortes”, así que agora toca descubrilo a través das páxinas do libro. Caxoto arrincou gargalladas entre o público coa súa espontaneidade, a riqueza da súa fala e o seu estilo peculiar, mais algunhas risiñas nerviosas foron conta do medo…
09/10/15
29/09/15
OLA A TOD@S: COMEZAMOS O NOVO CURSO 2015-2016
Xa estamos aquí outra vez,
volvemos ao cole e tamén á biblioteca. Afrontamos un novo curso, unha nova
aventura. E como cada ano facémolo con moitísima ilusión e con moitas ganas.
Seguiremos realizando moitas das
actividades de anos anteriores pero tamén queremos incorporar novos proxectos e
actividades á nosa tarefa diaria, xa que o último que queremos é quedarnos
estancados nun mundo que non se detén xamais.
Esperamos que este curso sigades
estando connosco, apoiando o noso labor e colaborando como o fixestes ata
agora.
Queremos que este blog sexa o
reflexo do traballo que se realiza na biblioteca e no Centro, que poidades
seguir informados dese traballo e que gocedes do mesmo.
Sabede que tanto o colexio como
a biblioteca están sempre abertos á comunidade educativa e que a vosa
colaboración, axuda e achegas son moi importantes para o seu bo funcionamento.
Non debemos esquecer nunca que o que pretendemos é conseguir o mellor colexio e
a mellor educación para os nosos alumnos e o mellor xeito de facer isto é,
FACELO ENTRE TODOS.
08/06/15
Día do Libro 2015
Co gallo do día do libro e xa que o noso centro está participando no prpxecto Dragal, o pasado 23 de abril, día do libro entregamos os premios do concurso de debuxo "Inventa o teu Dragón". Os traballos presentados están expostos no corredor de acceso á biblioteca, e aquí tedes unha mostra dos mesmos:
15/04/15
Preguntón 2015, Resposta semana 5 e preguntas semana 6
Xa na recta final do PREGUNTÓN deste ano pasamos a darvos a solución ás preguntas da pasada semana.
E para que sigades dándolle ós miolos ahí vos van as preguntas da semana 6. Só son tres... iso quere dicir non que sexan máis difíciles, senón que leva máis tempo solucionalas... Repítovos: lede ben... as respostas prácticamente están nas preguntas. Ánimo, xa estamos na recta final.
Etiquetas:
O Preguntón 2015,
preguntas 2015.,
respostas 2015
23/03/15
Preguntón: Respostas semana IV e preguntas Semana V
Pois non era tan difícil. O que se vos dí sempre: "Lede ben...". Estoume referindo principalmente ó problema dos cartos... Unha semana pensando en dividir 300€ en dous billetes de tal maneira que un non fora de 100 €. E claro, era tan evidente a resposta que vos negábades a poñela por escrito. Outros demostráchedes o noviños que sodes: Pensar que tivestes que consultar na rede o que era a "Carta de axuste"! que envexa tiven da vosa xuventude... Isas dúas foron as respostas que máis fallastes. As outras eran bastante doadas sabendo buscar. Pois ahí vos van as solucións:
E para que sigades exprimindo os miolos ahí vos van as porpostas da semana cinco. Repito: "Lede ben" e ás veces é bo que botedes man dos grandes libros que atesoramos nas nosas casas: Libros vivos, cheos de sabiduría e tenrura, sabios e con ganas de ensinar, estoume a referir ós avós. Moita sorte a todos.
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2.015,
preguntas 2015,
respostas 2015
16/03/15
PREGUNTÓN (respostas 3ª semana e preguntas 4ª semana)
E chegando ó ecuador desta actividade, imaxino que xa vos daríades conta de que o máis importante para resolver os enigmas que semana a semana se nos propoñen é ler. Ler, sen máis, interpretando o que se nos di, que non é o mesmo que o que nos queremos que se nos diga... E para non liarnos máis ahí tedes as respostas da semana pasada:
Ahí vos van outras catro para poñer en funcionamento os miolos. Repetimos que o segredo da solución está na lectura, pausada e buscando o verdadeiro significado do que se nos di. Ánimo que todos podedes atinar!
Ahí vos van outras catro para poñer en funcionamento os miolos. Repetimos que o segredo da solución está na lectura, pausada e buscando o verdadeiro significado do que se nos di. Ánimo que todos podedes atinar!
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2015,
preguntas 2015,
respostas 2015
10/03/15
PREGUNTÓN
(respostas 2ª semana e preguntas 3ª semana)
Unha semana máis acudimos á cita cos investigadores que nos están axudando a descobrir os misterios que se atopan ó noso alrededor. Despois de moito traballo descobrimos as claves para atopar as respostas da segunda semana. Moi interesantes...! Que traballo nos deu a algúns descobrir o color das mangas do chaleque de Picasso... E digo eu: Co especial que era Picasso para as súas cousas por qué non imaxinar que o seu chaleque podía ter mangas? Pois claro... sería unha chaqueta. Tamén resultou interesante coñecer que os ingleses conducen tal e como se conduciu dende tempos remotos... Somos os demáis os que cambiamos a nosa maneira de conducir... en canto ó problema, xa se sabe, en matemáticas no todo é o que parece. Aquí vos deixamos as respostas da semana pasada. E as preguntas desta. E como sempre vos dicimos: SENTIDO COMÚN! aínda que sexa o menos común dos sentidos.
En canto ás novas preguntas vouvos dar unha pista para a primeira cuestión. A frase que pronunciou a antropóloga nada máis amencer fixo que os caníbales os deixaran libres por unha simple razón: porque a pesares de todo eran uns grandes observantes da súa lei: e dicir, se o prisioneiro dicía algo verdadeiro tocaríalle unha morte doce..., mentres que se decía algo falso asaríano vivo... que horror! por eso tedes vós que abrir a vosa mente e pensar qué diría que inevitablemente entraba en contradicción coas súas leis. Ánimo, non é tan difícil.
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2015,
preguntas 2015,
respostas 2015
Recomendando libros
Catro libros, catro lectores, e catro obras de arte... isto é o que nos deixaron os nenos e nenas de terceiro de primaria que despois de ler os libros que a continuación aparecen, fixeron unha reflexión e plasmaron os seus pensamentos. A todos e cada un deles, grazas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)