Co gallo do día do libro e xa que o noso centro está participando no prpxecto Dragal, o pasado 23 de abril, día do libro entregamos os premios do concurso de debuxo "Inventa o teu Dragón". Os traballos presentados están expostos no corredor de acceso á biblioteca, e aquí tedes unha mostra dos mesmos:
08/06/15
15/04/15
Preguntón 2015, Resposta semana 5 e preguntas semana 6
Xa na recta final do PREGUNTÓN deste ano pasamos a darvos a solución ás preguntas da pasada semana.
E para que sigades dándolle ós miolos ahí vos van as preguntas da semana 6. Só son tres... iso quere dicir non que sexan máis difíciles, senón que leva máis tempo solucionalas... Repítovos: lede ben... as respostas prácticamente están nas preguntas. Ánimo, xa estamos na recta final.
Etiquetas:
O Preguntón 2015,
preguntas 2015.,
respostas 2015
23/03/15
Preguntón: Respostas semana IV e preguntas Semana V
Pois non era tan difícil. O que se vos dí sempre: "Lede ben...". Estoume referindo principalmente ó problema dos cartos... Unha semana pensando en dividir 300€ en dous billetes de tal maneira que un non fora de 100 €. E claro, era tan evidente a resposta que vos negábades a poñela por escrito. Outros demostráchedes o noviños que sodes: Pensar que tivestes que consultar na rede o que era a "Carta de axuste"! que envexa tiven da vosa xuventude... Isas dúas foron as respostas que máis fallastes. As outras eran bastante doadas sabendo buscar. Pois ahí vos van as solucións:
E para que sigades exprimindo os miolos ahí vos van as porpostas da semana cinco. Repito: "Lede ben" e ás veces é bo que botedes man dos grandes libros que atesoramos nas nosas casas: Libros vivos, cheos de sabiduría e tenrura, sabios e con ganas de ensinar, estoume a referir ós avós. Moita sorte a todos.
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2.015,
preguntas 2015,
respostas 2015
16/03/15
PREGUNTÓN (respostas 3ª semana e preguntas 4ª semana)
E chegando ó ecuador desta actividade, imaxino que xa vos daríades conta de que o máis importante para resolver os enigmas que semana a semana se nos propoñen é ler. Ler, sen máis, interpretando o que se nos di, que non é o mesmo que o que nos queremos que se nos diga... E para non liarnos máis ahí tedes as respostas da semana pasada:
Ahí vos van outras catro para poñer en funcionamento os miolos. Repetimos que o segredo da solución está na lectura, pausada e buscando o verdadeiro significado do que se nos di. Ánimo que todos podedes atinar!
Ahí vos van outras catro para poñer en funcionamento os miolos. Repetimos que o segredo da solución está na lectura, pausada e buscando o verdadeiro significado do que se nos di. Ánimo que todos podedes atinar!
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2015,
preguntas 2015,
respostas 2015
10/03/15
PREGUNTÓN
(respostas 2ª semana e preguntas 3ª semana)
Unha semana máis acudimos á cita cos investigadores que nos están axudando a descobrir os misterios que se atopan ó noso alrededor. Despois de moito traballo descobrimos as claves para atopar as respostas da segunda semana. Moi interesantes...! Que traballo nos deu a algúns descobrir o color das mangas do chaleque de Picasso... E digo eu: Co especial que era Picasso para as súas cousas por qué non imaxinar que o seu chaleque podía ter mangas? Pois claro... sería unha chaqueta. Tamén resultou interesante coñecer que os ingleses conducen tal e como se conduciu dende tempos remotos... Somos os demáis os que cambiamos a nosa maneira de conducir... en canto ó problema, xa se sabe, en matemáticas no todo é o que parece. Aquí vos deixamos as respostas da semana pasada. E as preguntas desta. E como sempre vos dicimos: SENTIDO COMÚN! aínda que sexa o menos común dos sentidos.
En canto ás novas preguntas vouvos dar unha pista para a primeira cuestión. A frase que pronunciou a antropóloga nada máis amencer fixo que os caníbales os deixaran libres por unha simple razón: porque a pesares de todo eran uns grandes observantes da súa lei: e dicir, se o prisioneiro dicía algo verdadeiro tocaríalle unha morte doce..., mentres que se decía algo falso asaríano vivo... que horror! por eso tedes vós que abrir a vosa mente e pensar qué diría que inevitablemente entraba en contradicción coas súas leis. Ánimo, non é tan difícil.
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2015,
preguntas 2015,
respostas 2015
Recomendando libros
Catro libros, catro lectores, e catro obras de arte... isto é o que nos deixaron os nenos e nenas de terceiro de primaria que despois de ler os libros que a continuación aparecen, fixeron unha reflexión e plasmaron os seus pensamentos. A todos e cada un deles, grazas.
02/03/15
Preguntón: respostas 1ª semana e preguntas 2ª semana
Rematado o prazo de presentación das solucións aportadas polos participantes neste concurso temos que felicitar ós seguintes equipos por acadar a máxima puntuación: Equipo "?", "As perfectas" e "Grupo de Monfero". Felicitar tamén ós outros participantes e animalos a que segan intentándoo. Seguro que esta semana será moito máis fácil. Polo de pronto ahí vos van as respostas ás preguntas da Primeira semana:
Unha vez que xa sabedes cales foron os vosos erros, estaredes de acordo en que estos se produciron por non ler detidamente o que se vos preguntaba, así que ahí vai outra "batería" de preguntas... unha nova oportunidade de demostrar que todos sodes capaces de facelo ben... Lede, procurade entender o que se vos pregunta, non teñades présa. Tedes toda unha semana para facelo. O vindeiro luns comprobaremos cómo todos alcanzades a máxima puntuación. Ata entón gozade da vosa investigación.
Etiquetas:
Concursos,
O Preguntón 2.015,
preguntas 2015,
respostas 2015
25/02/15
PREGUNTÓN 2015
Por cuarto ano consecutivo, a Biblioteca Castelao do CPI "Virxe da Cela", invita ó alumnado de 5º e 6º de primaria e a todos os cursos de E.S.O. a participar na actividade do "Preguntón".
Como ben sabedes, as bases están publicadas no taboleiro da entrada. Tamén podedes atopar alí as preguntas que de luns a luns teredes que contestar. Para iso
Como ben sabedes, as bases están publicadas no taboleiro da entrada. Tamén podedes atopar alí as preguntas que de luns a luns teredes que contestar. Para iso
- Collede unha folla de respostas na Biblioteca.
- Cubrídea cos datos do voso grupo e respostade as preguntas pertinentes.
- Botádeas na furna que hai na Biblioteca.
- E o máis importante, sede bos contrincantes: lede ben o que se vos pregunta, asegurádevos de que as respostas son as correctas, pero xogade limpo cos vosos compañeiros.
E para comezar aí vos vai a primeira proba:
O vindeiro luns, no recreo da tarde atoparédesvos coa solución e cunha nova proba. Veña, mans á obra e... sentidiño. Moita sorte e pasade unha semana divertida.
O vindeiro luns, no recreo da tarde atoparédesvos coa solución e cunha nova proba. Veña, mans á obra e... sentidiño. Moita sorte e pasade unha semana divertida.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


