23/03/15

Preguntón: Respostas semana IV e preguntas Semana V

Pois non era tan difícil. O que se vos dí sempre: "Lede ben...". Estoume referindo principalmente ó problema dos cartos... Unha semana pensando en dividir 300€ en dous billetes de tal maneira que un non fora de 100 €. E claro, era tan evidente a resposta que vos negábades a poñela por escrito. Outros demostráchedes o noviños que sodes: Pensar que tivestes que consultar na rede o que era a "Carta de axuste"! que envexa tiven da vosa xuventude... Isas dúas foron as respostas que máis fallastes. As outras eran bastante doadas sabendo buscar. Pois ahí vos van as solucións:
E para que sigades exprimindo os miolos ahí vos van as porpostas da semana cinco. Repito: "Lede ben" e ás veces é bo que botedes man dos grandes libros que atesoramos nas nosas casas: Libros vivos, cheos de sabiduría e tenrura, sabios e con ganas de ensinar, estoume a referir ós avós. Moita sorte a todos.


16/03/15

PREGUNTÓN (respostas 3ª semana e preguntas 4ª semana)

E chegando ó ecuador desta actividade, imaxino que xa vos daríades conta de que o máis importante para resolver os enigmas que semana a semana se nos propoñen é ler. Ler, sen máis, interpretando o que se nos di, que non é o mesmo que o que nos queremos que se nos diga... E para non liarnos máis ahí tedes as respostas da semana pasada:



Ahí vos van outras catro para poñer en funcionamento os miolos. Repetimos que o segredo da solución está na lectura, pausada e buscando o verdadeiro significado do que se nos di. Ánimo que todos podedes atinar!


10/03/15

PREGUNTÓN 

(respostas 2ª semana e preguntas 3ª semana)

Unha semana máis acudimos á cita cos investigadores que nos están axudando a descobrir os misterios que se atopan ó noso alrededor. Despois de moito traballo descobrimos as claves para atopar as respostas da segunda semana. Moi interesantes...! Que traballo nos deu a algúns descobrir o color das mangas do chaleque de Picasso... E digo eu: Co especial que era Picasso para as súas cousas por qué non imaxinar que o seu chaleque podía ter mangas? Pois claro... sería unha chaqueta. Tamén resultou interesante coñecer que os ingleses conducen tal e como se conduciu dende tempos remotos... Somos os demáis os que cambiamos a nosa maneira de conducir... en canto ó problema, xa se sabe, en matemáticas no todo é o que parece. Aquí vos deixamos as respostas da semana pasada. E as preguntas desta. E como sempre vos dicimos: SENTIDO COMÚN! aínda que sexa o menos común dos sentidos.


En canto ás novas preguntas vouvos dar unha pista para a primeira cuestión. A frase que pronunciou a antropóloga nada máis amencer fixo que os caníbales os deixaran libres por unha simple razón: porque a pesares de todo eran uns grandes observantes da súa lei: e dicir, se o prisioneiro dicía algo verdadeiro tocaríalle unha morte doce..., mentres que se decía algo falso asaríano vivo... que horror! por eso tedes vós que abrir a vosa mente e pensar qué diría que inevitablemente entraba en contradicción coas súas leis. Ánimo, non é tan difícil.


Recomendando libros

Catro libros, catro lectores, e catro obras de arte... isto é o que nos deixaron os nenos e nenas de terceiro de primaria que despois de ler os libros que a continuación aparecen, fixeron unha reflexión e plasmaron os seus pensamentos. A todos e cada un deles, grazas.



 










02/03/15

Preguntón: respostas 1ª semana e preguntas 2ª semana
Rematado o prazo de presentación das solucións aportadas polos participantes neste concurso temos que felicitar ós seguintes equipos por acadar a máxima puntuación: Equipo  "?", "As perfectas" e "Grupo de Monfero". Felicitar tamén ós outros participantes e animalos a que segan intentándoo. Seguro que esta semana será moito máis fácil. Polo de pronto ahí vos van as respostas ás preguntas da Primeira semana:

Unha vez que xa sabedes cales foron os vosos erros, estaredes de acordo en que estos se produciron por non ler detidamente o que se vos preguntaba, así que ahí vai outra "batería" de preguntas... unha nova oportunidade de demostrar que todos sodes capaces de facelo ben... Lede, procurade entender o que se vos pregunta, non teñades présa. Tedes toda unha semana para facelo. O vindeiro luns comprobaremos cómo todos alcanzades a máxima puntuación. Ata entón gozade da vosa investigación.

25/02/15

PREGUNTÓN 2015

Por cuarto ano consecutivo, a Biblioteca Castelao do CPI "Virxe da Cela", invita ó alumnado de 5º e 6º de primaria e a todos os cursos de E.S.O. a participar na actividade do "Preguntón".

 Como ben sabedes, as bases están publicadas no taboleiro da entrada. Tamén podedes atopar alí as preguntas que de luns a luns teredes que contestar. Para iso

  • Collede unha folla de respostas na Biblioteca.
  • Cubrídea cos datos do voso grupo e respostade as preguntas pertinentes.
  • Botádeas na furna que hai na Biblioteca.
  • E o máis importante, sede bos contrincantes: lede ben o que se vos pregunta, asegurádevos de que as respostas son as correctas,  pero xogade limpo cos vosos compañeiros.
E para comezar aí vos vai a primeira proba:

O vindeiro luns, no recreo da tarde atoparédesvos coa solución e cunha nova proba. Veña, mans á obra e... sentidiño. Moita sorte e pasade unha semana divertida.


13/10/14

EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL

Entre os días 19 e 21 de outubro de 2012 celebráronse no Campus Vida da Universidade de Santigo de Compostela as I Xornadas de Educación para o Desenvolvemento. Baixo o título "Educar para a cidadanía global: experiencias, ferramentas e discursos para o cambio social", a Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), a través da súa Comisión de Educación para o Desenvolvemento, quixo convocar por vez primeira en Galicia a un conxunto senlleiro de expertos e expertas en educación para o desenvolvemento e a cidadanía globla para xerar un espazo de debate e reflexión sobre os actuais desafíos para a promoción dunha cidadanía global comprometida coa solidariedade e o cambio social desde o local. 

Desde o CPI Virxe da Cela queremos dar os nosos máis sinceiros parabéns a José Luís Pastoriza Rozas, autor da publicación que documenta estas xornadas, polo seu grande esforzo e dedicación para que este libro saia á luz. 

Penduramos a publicación en formato PDF, na que poderedes atopar o texto "Educar para a solidariedade no CPI Virxe da Cela: a experiencia de Monferosolidario" (páxinas 19-29).

Quizais en breve poderemos ter un exemplar impreso na nosa biblioteca.


 

11/10/14

MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014


A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel da Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nen@s e os moz@s e polo dereito de todos os nen@s á educación".

 "Os nenos deben ir á escola e non ser explotado financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos". Segundo explicou ao realizar o anuncio o presidente do Comité Nobel Noruego, Thorbjon Jagland, considerouse "un punto importante que un hindú e unha musulmá, un indio e unha paquistaní, se unan na loita común pola educación e contra o extremismo.

No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo que os nen@s e os moz@s tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións. Ademais, fíxoo baixo as mais perigosas circunstancias. Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación.

NORABOA A ÁMBOLOS DOUS!!!

 Recomendámosvos tamén o libro  "Yo soy Malala:  excepcional relato dunha familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas, dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. "Yo soy Malala" fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo.