21/02/14
14/02/14
O PREGUNTÓN. Preguntas da Semana III.
Pregunta 1
3 Puntos.
Pregunta 2
2 Puntos
Pregunta 3
2 Puntos.
Pregunta 4
3 Puntos.
Pregunta 5
2 Puntos.
31/01/14
III Edición do concurso O PREGUNTÓN
Hoxe venres 31 de xaneiro comeza a III edición do concurso O PREGUNTÓN.
Como no curso pasado poderán concursar alumnos do centro do 3º Ciclo de Primaria ou da ESO, sempre por parellas.
Desenvolverase ao longo de 7 semanas, descansando a do Entroido, que non haberá Preguntón.
Tedes de prazo ata o recreo do seguinte venres para entregar as vosas respostas na furna que teremos na biblioteca.
As respostas sairán os venres despois do recreo de secundaria, e os resultados cas vosas puntuacións publicaranse todos os luns, no corcho da biblioteca. As preguntas e as respostas poderalas ver tamén neste blog.
Non esquezades botar as vosas respostas na furna que teremos na Biblioteca.
Moita sorte a todos os participantes, e xa podedes poñervos a investigar porque aquí van as preguntas da 1ª semana:
1º Pregunta:
2ª Pregunta:
3ª Pregunta:
4ª Pregunta:
10/11/13
Exposición "Cartas de Amor".
Dende hai uns días temos no noso colexio a exposición "Cartas de amor"na que se mostra a visión de 15 artistas plásticos sobre a violencia de xénero.Esta mostra de ilustración e cómic trata de sensibilizar á poboación mais xove sobre a
existencia de violencia na súa forma de relacionarse, axudar a detectala e, en definitiva, erradicar as formas de relación asimétricas e
violentas.Pretende
abrir unha reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das
primeiras relacions de parella e a crueldade que ás
veces vai asociada a elas, considerando que se detectan moitos casos de
relacións entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal ou
física. Entre outras, hai creacions de figuras galegas como Patricia
Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán; e dos premios
nacionais de ilustración e de cómic, Miguel Calatayud e Paco Roca.A iniciativa forma parte da oferta de actividades propostas pola Secretaría Xeral da Igualdade á red galega de entidades locais contra a violencia de xénero, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
