01/11/12




O Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao, organiza un concurso de portadas para libros.

BASES:

1.          Dirixido a : Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual con un máximo de 3 exemplares

2.         Tema:  O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o/a alumno/a teña lido.
Nesta portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e ademais a decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías, distintas tipos de letra, etc.
O libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio, tratado, … . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo sexa o idioma no que se leu o libro.

3.           Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas sinaladas.

4.         Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc.  Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas, etc.

5.          Soporte: En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina, cartón, táboa, lenzo ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador. 
                                                          
6.         Data e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o venres 3 de maio de 2.013. Os traballos entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.

7.         Premios: Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 9 ao 17 de maio). Outorgaranse varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os traballos participantes serán expostos no centro e tamén no blog da biblioteca.

8.        Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.


27/10/12

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAIN, O OUTONO E O MAGOSTO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á disposición dos centros educativos novos recursos.Se premedes na seguinte imaxe atoparedes materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.


07/10/12

Razóns para ler

Un ano máis seguiremos dende a Biblioteca Castelao tendo acceso ao mundo do saber e construindo o coñecemento. Este espazo privilexiado que é a nosa biblioteca aglutinará as prácticas pedagóxicas activas e acordes ás necesidades do noso alumnado tanto na educación infantil como na primaria ou a educación secundaria.


Hai moitas razóns para ler.Aquí tes algunhas delas:

-Porque me transporta a lugares e situacións maravillosas
-Porque non hai mellor cousa no mundo que ter entre as tuas mans un montón de palabras para vivir momentos agradables.
-Para facer voar a túa imaxinación e alimentar os teus soños.
-Para mellorar a túa escritura e aumentar o teu dominio do idioma.
-Para mellorar a túa capacidade de síntese....

Cal é a túa? Mandánosla e iremos poñendo todas nunha nova entrada no blogue.

30/05/12

A MOCHILA VIAXEIRA


       Xa remataron por este ano as viaxes das mochilas da biblioteca. Este curso leváronas os alumnos do primeiro curso de infantil e os de 1º, 2º e 3º de E.P.
      Polos comentarios que os nenos e as súas familias deixaron nos cadernos de actividades vemos que a actividade ten unha boa aceptación. Podedes ler aquí algúns dos comentarios:
-“Gustáronnos moito os libros que nos enviástedes, (…). A opinión dos pais é moi boa xa que é necesario empezar cedo coa lectura”.
- “Paréceme moi ben porque así os nenos acostúmanse a ler”.
-“Interesante e divertida”.
-“Libros moi divertidos, fáciles de ler e que poden atraer ós nenos á lectura. Un gran acerto incluir un libro-disco. Ós nenos encántalles a música”.
      Os nenos ademais completaron as actividades e fixeron moitos debuxos. Ao final desta reseña podedes ver algún deles.
      Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a boa resposta que deron a esta actividade, sacando o tempo para ler co seu/súa fillo/a e axudalo/a co caderno de actividades. Gracias a todos e o ano que ben repetiremos a actividade con novos contos e libros.


28/05/12

Rematou O PREGUNTÓN

Despois de 10 semanas de concurso onde tivéchedes que contestar preguntas de todo tipo e consultar diversas informacións o  I concurso O PREGUNTÓN chegou ao seu fin. Os gañadores son Manuel Santamariña Ruíz de León e Rubén Jove López que formaron o grupo "The Answer Hunters".Como finalistas quedaron os grupos "Duasmar"  formado por Mª Santamariña Ruíz de León e Marta Vidal Martínez e xa en terceira posición e coa mesma puntuación os grupos " Os Respostóns" con Óscar Vidal Couceiro e Antonio González López e "Galera" con Alba Gómez Seijo e Lorena Varela Infante.Noraboa a todos os grupos participantes e ata o vindeiro ano na 2ª edición do Concurso O PREGUNTÓN.

15/05/12

VALENTÍN PAZ ANDRADE.LETRAS GALEGAS 2012

Neste ano 2012 o día das letras galegas, o 17 de Maio, adícase a Valentín Paz Andrade. Se queredes coñecer máis sobre o homenaxeado deixovos este Libro Interactivo do CEIP Conde de Fenosa. Graciñas polo voso traballo.

"Paz Andrade: Galicia como tarefa" Programa  en homenaxe a Valentín Paz Andrade, emitido na TVG en 2002 no espazo Galegos de Honra



Aquí tedes a páxina oficial de Valentín Paz Andrade
Actividades on line por ciclos do Seminario Galán