28/05/12
Rematou O PREGUNTÓN
Despois de 10 semanas de concurso onde tivéchedes que contestar preguntas de todo tipo e consultar diversas informacións o I concurso O PREGUNTÓN chegou ao seu fin. Os gañadores son Manuel Santamariña Ruíz de León e Rubén Jove López que formaron o grupo "The Answer Hunters".Como finalistas quedaron os grupos "Duasmar" formado por Mª Santamariña Ruíz de León e Marta Vidal Martínez e xa en terceira posición e coa mesma puntuación os grupos " Os Respostóns" con Óscar Vidal Couceiro e Antonio González López e "Galera" con Alba Gómez Seijo e Lorena Varela Infante.Noraboa a todos os grupos participantes e ata o vindeiro ano na 2ª edición do Concurso O PREGUNTÓN.
16/05/12
15/05/12
VALENTÍN PAZ ANDRADE.LETRAS GALEGAS 2012
Neste ano 2012 o día das letras galegas, o 17 de Maio, adícase a Valentín Paz Andrade. Se queredes coñecer máis sobre o homenaxeado deixovos este Libro Interactivo do CEIP Conde de Fenosa. Graciñas polo voso traballo.
"Paz Andrade: Galicia como tarefa" Programa en homenaxe a Valentín Paz Andrade, emitido na TVG en 2002 no espazo Galegos de Honra
Aquí tedes a páxina oficial de Valentín Paz Andrade
Actividades on line por ciclos do Seminario Galán
"Paz Andrade: Galicia como tarefa" Programa en homenaxe a Valentín Paz Andrade, emitido na TVG en 2002 no espazo Galegos de Honra
Aquí tedes a páxina oficial de Valentín Paz Andrade
Actividades on line por ciclos do Seminario Galán
23/04/12
A derradeira semana de O Preguntón
Dia do libro

Hoxe día 23 de Abril celébrase o día do libro.Neste día e no ano 1616 faleceron personalidades literarias como Cervantes,Shakespeare e Garcilaso de la Vega.A celebración deste día foi tomada pola Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995 para rendir unha homenaxe aos libros e aos autores.
"Fiestra aberta á diversidad das culturas e ponte tendida entre as civilizacións, vector de valores, de saberes, do sentido estético e da imaxinación, o libro é ante todo obra da intelixencia, a creatividade e a cultura humanas: por iso enriquece o patrimonio inmaterial da humanidade..." (Koïchiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO).
Na imaxe da dereita tedes un enlace a unha aplicación didáctica sobre a evolución do libro ao longo da historia (materiais utilizados na súa fabricación dende Mesopotamia, Exipto, Grecia, Roma, Alta Idade Media, Baixa Idade Media, a aparición de la imprenta no século XV...)
15/04/12
01/04/12
Últimas semanas do PREGUNTÓN
26/03/12
Nova xornada para O PREGUNTÓN
Nesta semana antes das vacacións da Semana Santa temos a novidade de ter unha pregunta PREGUNTÓN só para xenius e que vale 5 puntazos.En total nesta semana podedes xuntarvos con 10 puntos máis.
En canto as puntuacións,vai en primeiro lugar o grupo OS RESPOSTÓNS con 39 puntos seguido polos grupos DUASMAR e THE ANSWER HUNTERS con 37 puntos e GALERA con 36 puntos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






