08/03/12

Día Internacional da Muller Traballadora


Hoxe, 8 de marzo, celébrase o día Internacional da Muller Traballadora.Un día que debería levarnos a reflexionar sobre a desigualdade de xénero e oportunidades que aínda persiste no noso contorno.Se pinchades sobre a imaxe podedes acceder a mapas con cifras sobre a situación da muller en España e en Europa en materia de Empleo, Violencia, Conciliación Laboral, Acceso á Universidade ou Representación en altos cargos públicos. Ademáis, ofrece información temporal que permite ao usuario ver a sua evolución ao longo dos últimos anos.

05/03/12

Concurso O PREGUNTÓN 4ª semana


Unha semana máis poñemos as preguntas da nova semana e as respostas da anterior.Na pasada semana tivechedes en xeral moi bos resultados que podedes ver no panel da entrada da Biblioteca.
Ánimo e seguide así!!!

27/02/12

O PREGUNTÓN entra na súa 3ª semana



Xa tedes no panel da entrada da Biblioteca as novas preguntas do concurso para a 3ª semana e aquí as deixamos para que poidades consultalas.As respostas ás preguntas da semana anterior tamén as tedes.Non esquezades consultar as puntuacións dos equipos na entrada da Biblioteca. Ánimo e seguide a mostrar os vosos coñecementos na busca de información.
A partires desta semana as respostas podedes botalas na furna que se atopa na Biblioteca dende o luns ata o venres.

24/02/12

Inventario Ilustrado de Animais


Este delicado catálogo, con fermosas láminas naturalistas pintadas a acuarela, achéganos 100 das especies máis comúns do noso planeta clasificadas en diferentes zonas xeográficas: bosques tropicais, zonas desérticas, sabanas, montañas e bosques temperados, rexións polares, océanos, costas e ribeiras e zonas habitadas e granxas. Un delicioso xeito de estudar a fauna máis próxima e tamén a máis exótica.


Reseña:
http://www.faktoriakdelibros.com/pdf/Inventario%20ilustrado%20de%20animais%20G.pdf

17/02/12

A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE AMOR...



O pasado martes 14 de febreiro de 2012 todo o alumnado de educación secundaria e de PCPI reuniuse na biblioteca escolar para conmemorar o día do amor, San Valentín. Houbo premios para os alumnos e alumnas gañadores do concurso de declaracións de amor: Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º ESO), Bibiana Blanco (2º de ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO). Recibiron un diploma e un pequeno regalo de mans de Miriam, a directora, e este pequeno acto estivo regado polos aplausos de todos os compañeiros/as. Pero houbo sorpresas para todos: as cartas de amor e flores personalizadas.

16/02/12

XA ESTÁ AQUI O ENTROIDO


Como pasa o tempo,parece que foi onte cando estabamos a comer turrón e xa vedes...o Entroido xa está aquí. Trocamos os doces de nadal polas filloas, as orellas, o lacón con grelos de Monfero...

Se queredes saber mais sobre o Entroido aqui vos deixamos unha serie de enlaces nos que podedes atopar toda a información que precisedes así coma xogos interactivos cazas do tesouro, léxicos, receitarios,manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.

Podedes premer enriba das imaxes para entrar neles.



14/02/12

XOGANDO E APRENDENDO CO PREGUNTÓN


Pedro García, profe de mates e encargado da biblioteca, revista as respostas dos participantes


Os concursantes consultan as preguntas


Os rapaces e rapazas dos grupos apuntados ao concurso "O Preguntón" reúnense diante do panel situado na entrada da biblioteca... quen sabe as respostas? Ánimo, e mostrade todos os vosos coñecementos e habilidades como investigadores...

13/02/12

Concurso O PREGUNTÓN 2ª SEMANA


Aquí están as preguntas da 2ª semana de O PREGUNTÓN. Xunto con elas tedes as respostas as preguntas formuladas a semana pasada. Lembrade botar as respostas na furna antes de que acabe a semana. Boa sorte!!!
Unha vez rematada a 1ª semana do concurso iremos poñendo no taboleiro da biblioteca as puntuacións dos equipos que participan, en total 16 equipos!!!