O pasado martes 14 de febreiro de 2012 todo o alumnado de educación secundaria e de PCPI reuniuse na biblioteca escolar para conmemorar o día do amor, San Valentín. Houbo premios para os alumnos e alumnas gañadores do concurso de declaracións de amor: Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º ESO), Bibiana Blanco (2º de ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO). Recibiron un diploma e un pequeno regalo de mans de Miriam, a directora, e este pequeno acto estivo regado polos aplausos de todos os compañeiros/as. Pero houbo sorpresas para todos: as cartas de amor e flores personalizadas.
17/02/12
16/02/12
XA ESTÁ AQUI O ENTROIDO
Como pasa o tempo,parece que foi onte cando estabamos a comer turrón e xa vedes...o Entroido xa está aquí. Trocamos os doces de nadal polas filloas, as orellas, o lacón con grelos de Monfero...
Se queredes saber mais sobre o Entroido aqui vos deixamos unha serie de enlaces nos que podedes atopar toda a información que precisedes así coma xogos interactivos cazas do tesouro, léxicos, receitarios,manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.
Podedes premer enriba das imaxes para entrar neles.
14/02/12
XOGANDO E APRENDENDO CO PREGUNTÓN
Os rapaces e rapazas dos grupos apuntados ao concurso "O Preguntón" reúnense diante do panel situado na entrada da biblioteca... quen sabe as respostas? Ánimo, e mostrade todos os vosos coñecementos e habilidades como investigadores...
13/02/12
Concurso O PREGUNTÓN 2ª SEMANA

Aquí están as preguntas da 2ª semana de O PREGUNTÓN. Xunto con elas tedes as respostas as preguntas formuladas a semana pasada. Lembrade botar as respostas na furna antes de que acabe a semana. Boa sorte!!!
Unha vez rematada a 1ª semana do concurso iremos poñendo no taboleiro da biblioteca as puntuacións dos equipos que participan, en total 16 equipos!!!
06/02/12
Concurso O PREGUNTÓN 1ª SEMANA

Hoxe da comezo o concurso O PREGUNTÓN e semanalmente iremos poñendo no blogue tanto as preguntas de cada semana como as respostas da semana anterior.Aquí vos deixo as preguntas correspondentes a 1ª semana.As respostas tedes que facelas nas follas habilitadas na Biblioteca para concursar e botalas na furna.Tedes de plazo toda esta semana.
Durante esta semana aínda estades a tempo de inscribiros. Animádevos!!!!
05/02/12
Concurso O PREGUNTÓN

Está a piques de comezar O PREGUNTÓN,o novo concurso de preguntas e respostas para o alumnado de E.S.O. que se pon en marcha dende a Biblioteca Castelao. Cada luns dende o día 6 de febreiro e durante 10 semanas iremos expoñendo tanto no taboleiro que temos na entrada da Biblioteca como no blogue da Biblioteca as preguntas e respostas de cada unha das tandas de preguntas.
Animádevos a participar!!!! Durante a primeira semana de xogo aínda podedes inscribiros.
01/02/12
CONTOS MUSICADOS DE KALANDRAKA
O pasado luns 30 de xaneiro os nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria cantaron e bateron palmas ao ritmo do acordeón e a pandeireta, participando das fabulosas historias da editorial Kalandraka, narradas e cantadas por Patricia González e Álex Fende. Un ano mais os pequenos deixaron voar a súa imaxinación...
24/01/12
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".
O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.
Aquí vos deixamos tamén unha escolma de Contos para a Paz. Premede na imaxe para velos en grande.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

